Conversa usuario:Sobreira/arquivo 1

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Proposta de clasificación da categoría "Lingüística"[editar a fonte]

Esta vai ser a minha proposta de categorizacion para LINGUISTICA (vai sen corchetes, tiles, diereses e enhes porque non me funcionan, mais ben escrºibeme outra cousiçaºª):

1. TEORIA LINGUISTICA
1.1 ESCRITA, ORTOGRAFIA, SISTEMAS DE ESCRITA, TRANSCRICION
1.2 ESCOLAS LINGUISTICAS, HISTORIA DA LINGUISTICA
1.3 LINGUISTAS
1.4 DISCIPLINAS TRANSVERSAIS: TRADUTOLOXIA (E INTERPRETACION)
1.5 DISCIPLINAS TRANSVERSAIS: PSICOLINGUISTICA
1.6 DISCIPLINAS TRANSVERSAIS: NEUROLINGUISTICA
1.7 DISCIPLINAS TRANSVERSAIS: LINGUISTICA COMPUTACIONAL
2. VARIACION LINGUISTICA
2.1. NIVEL DIACRONICO: HISTORIA DA LINGUA = GRAMATICA HISTORICA
2.2. NIVEL DIACRONICO: ETIMOLOXIA
2.3. NIVEL DIATOPICO: DIALECTOLOXIA
2.3. NIVEL DIATOPICO: TIPOLOXIA LINGUISTICA, FAMILIAS LINGUISTICAS, LINGUAS DO MUNDO, LINGUAS EN PERIGO
2.3. NIVEL DIATOPICO: INDOEUROPEISTICA
2.4. NIVEL DIAFASICO: SOCIOLINGUISTICA
2.5. NIVEL DIAFASICO: PRAGMATICA
3. ESTRUTURA LINGUISTICA
3.1. PRIMEIRA ARTICULACION: FONETICA (ACUSTICA E ARTICULATORIA)
3.2. PRIMEIRA ARTICULACION: FONOLOXIA
3.3. SEGUNDA ARTICULACION: MORFOLOXIA
3.4. SEGUNDA ARTICULACION: SINTAXE
3.5. SEGUNDA ARTICULACION: MORFOSINTAXE (eu prefiro)
3.6. NIVEL LEXICO: LEXICOGRAFIA, DICIONARIOS
3.7. NIVEL LEXICO: TERMINOLOXIA, NEOLOXIA
3.8. NIVEL LEXICO: NEOLOXISMOS, ARCAISMOS, CREACION LEXICA, LATINISMOS, ESTRANXEIRISMOS, ABREVIATURAS
3.9. NIVEL SEMANTICO: SEMANTICA
3.10. NIVEL SEMANTICO: RETORICA, FIGURAS DA LINGUA, XOGOS DE PALABRAS
3.11. NIVEL SEMANTICO: ONOMASTICA, TOPONIMOS, ANTROPONIMOS, XENTILICIOS

Pode verse que hai varios grupos que estan en duas categorias ao mesmo tempo: 3.11 en 2.1 e 2.2; 2.5 en 3.9-3.11; 1.1 en 3.1-3.2; 2.3 en 1.2; etc. do mesmo xeito que a LINGUISTICA COMPUTACIONAL tamen deberia estar en INFORMATICA, PSICOLINGUISTICA en PSICOLOXIA e NEUROLINGUISTICA en MEDICINA. A ciencia eche asi, sen limites concretos (por iso eu prefiro MORFOSINTAXE). Iso pasa tamen cos artigos: ALBERT EINSTEIN deberia aparecer en FISICA e en BIOGRAFIAS.

Unha lingua en concreto pode estar representada cun artigo especifico en calquera nivel, pero sobre todo no 2 e mais ainda no 3. Para iso creei o modelo de linguas do mundo.

--Sobreira 14:37, 2 Feb 2005 (UTC)

Debates[editar a fonte]

Primeira mensaxe[editar a fonte]

Sobreira, benvido/a á Galipedia. Nesta wikipedia o lugar de reunión da comunidade é A Taberna onde podes comunicarte co resto dos usuarios ou solicitar axuda. Tamén resultan útiles Wikipedia:Axuda e Wikipedia:Política e normas. Para calquera cuestión non dúbides en poñerte en contacto con nós. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:05, 4 Xan 2005 (UTC)

  • Para responder ás mensaxes vaise á paxina de discusión do usuario (como ben fixeches ti coa miña), iso permite que apareza unha mensaxe indicando que hai mensaxes novas. Á páxina de discusión entrase desde a páxina do usuario que enlaza coa sinatura, no caso da miña sinatura fixen unha modificación que permite entrar directamente. Nas páxinas de discusión asínase ou ben con catro ~~~~ ou ben co botón da caixa de edición http://gl.wikipedia.org/skins/common/images/button_sig.png (é importante asinar nas páxinas de discusión porque así seguense mellor os debates). Sobre Irlanda do que tratabamos era sobre que nome incluir xunto co galego como título da páxina: Eire ou Ireland (normalmente usamos o idioma máis falado ou o termo máis significativo, neste semella ser Eire). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:40, 4 Xan 2005 (UTC)

213.60.164.217[editar a fonte]

Non acabo de ver claro o título do artigo (derradeiros falantes), quizais fose mellor o título de Linguas en perigo de extinción (ou desaparición), penso que é máis claro.--Rocastelo 19:30, 23 Xan 2005 (UTC)

Boa idea: alá vou cambialo.--213.60.164.217 19:48, 23 Xan 2005 (UTC)
Debería crearse a categoría Linguas, actualmente existe Lingüística: o único que tes que facer é inserir Category:Lingüística dentro dos corchetes[[]] ao final do artigo en cada lingua que edites como acabo eu de facer co Inglés para que a lista apareza na páxina da categoría, pero é absurdo crear unha páxina con só ligazóns internas, para iso é para o que existen as categorías.--Rocastelo 21:05, 23 Xan 2005 (UTC)

Varios temas[editar a fonte]

Ola Sobreira esta mensaxe é para comentarche varios asuntos: o primeiro que sería preferible que xa que tes un nome de usuario sería mellor que entraras na Galipedia con él, se non a túas contribucións aparecen cunha IP (e se esta é variable na lista de contribucións do usuario non aparecen agrupadas, tamén resulta maís fácil establecer debates cun usuario rexistrado que cunha IP). Se tes problemas para entrar co nome de usuario podemos axudarche se fai falta. En segundo lugar con respecto á clasificación de páxinas en categorías hai Wikiproxecto chamado Wikipedia:Wikiproxecto Categorías para tratar de como teñen que ser as árbores de categorías, invítote a que te unas e así tratar como teñen que ser as categorías de lingüistica e todas aquelas nas que esteas interesado, iso sirve para que as categorías estean máis elaboradas e teñan maior unidade. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:33, 24 Xan 2005 (UTC)

Categoría Lingüística[editar a fonte]

Ola Sobreira, fixen unha lista de subcategorías que poden ir en Lingüística, baseandome na inglesa e noutras Wikipedias, como ti es licenciado en filoloxía galega, paréreme que ti estás máis capacitado ca min, esta é a lista:

  • Linguas: artigos sobre calquera lingua(viva, morta ou artificial) agás as linguaxes de programación.
  • Tipoloxía lingüística: artigos sobre tipos de lingua: p ex: lingua aglutinante
  • Lingüístas: artigos de biografías de lingüístas
  • Alfabetos: artigos de tipos de escrita: alfabeto cirílico
  • Gramática: artigos sobre as normas que gobernan a linguaxe P. ex: xerundio, infinitivo conxugado
  • Fonoloxía (ou Fonética): ex: semivogal
  • Familias lingüísticas: artigos sobre os diferentes grupos de linguas: Linguas romances, bantú...
  • Dialectos: dialectos: p.ex: largarteiro, valverdeiro, andaluz, mallorquín...

Dime que lle parece, habería que crear máis, eliminar algunha. Prefiro discutilo contigo antes de expoñelo en Wikipedia talk:Wikiproxecto Categorías, saúdos e grazas.--Rocastelo 18:43, 24 Xan 2005 (UTC) Ao final xa as puxen na páxina de discusión, agardo as túas críticas nesta páxina Wikipedia talk:Wikiproxecto Categorías, as túas críticas serán, loxicamente, benvidas. Un saúdo.--Rocastelo 19:23, 24 Xan 2005 (UTC)

Funcionamento da Galipedia[editar a fonte]

En primeiro lugar, cando teñas algunha dúbida podes dirixirte a nós cando queiras para resolvela, non hai problema. Pensei que non te rexistrabas porque tiñas algún problema técnico, o rexistro ten moitas vantaxes para a comunidade no seguimento dos cambios ao saber de quen proceden fronte aos enderezos IP que poden ser usados por varias persoas.

Sobre as discusións: hai varios tipos, entre usuarios, as da comunidade (sobre un artigo ou un tema xeral -políticas, propostas, técnica,...). Un punto curioso é que a discusión pode estar dividida en varias páxinas, por exemplo: eu escribo isto aquí e tí contestas na miña páxina de discusión. Porque se fai iso? para que apareza unha mensaxe que informe ao usuario de que ten mensaxes novas, nunha wikipedia pequena como a galega poden seguirse os cambios en cambios recentes e localizar as mensaxes novas aí (bueno algúns días faíse difícil ;-)) pero nun wiki de certo tamaño iso é moi complicado e leva certo tempo.

Respecto das discusións colectivas temos A Taberna. Cando se entra na taberna hai unha páxina con todas as mensaxes (en realidade son seis páxinas incluídas en unha) pero as mensaxes están nas distintas seccións da taberna. Son seis seccións: Axuda, Propostas (a zona máis activa neste momento, onde se toman decisións sobre o rumbo da Galipedia), Técnica, Políticas, Novas (para informar das cousas que suceden na wikipedia) e Xeral (todo o quen non entre nalgunha das seccións anteriores debe ir aí). A túa mensaxe non a borramos porque é moi recente e primeiro ten que pasar polo arquivo (está en Protesta oficial á English Wikipedia).

Tes razón co da edición pequena (xa corrixín o erro, tiñamos posto edición menor pero cambíouse estes días e quedou ese erro). Ao estar marcada como edición menor poden ocultarse nos cambios recentes para facer un seguimento doutro tipo de trocos coma as páxinas novas,etc.,... Vixiar esta páxina sirve para engadir a páxina a miña lista de vixiancia que está arriba, úsase para facer un seguimento das variacións nun artigo en concreto e nos cambios recentes a liña dese artigo amósase en negriña. Por exemplo, queres saber como evoluciona a páxina lingüística marcas vixiar ... e pasas un días sen vir á Galipedia, cando segues a ligazón arriba ves todos os cambios (a verdade non me fixara niso).

Administradores: hai varios administradores -eu son un deles-, algúns están inactivos neste momento e outros teñen máis presencia. Podes ver os administradores en Lista de administradores. O administrador ten algúns botóns que non teñen o resto dos usuarios como: borrar, protexer ou rollback (desfacer, voltar a unha edición anterior). Xeralmente o administrador ten ese status porque fai unha labor de mantemento da Galipedia. Sobre a mensaxe que publicaches na wikipedia inglesa, hai que ter coidado de publicala no sitio correcto porque esas cuestións non teñen que ver con eles (aínda que algunha das persoas que poidan corrixilo estean alí) parece propio de meta-wikipedia.

Sobre como crear artigos novos, varias opcións: seguir unha ligazón en vermello; ir a zona de probas e crear unha ligazón, premer nela e iniciar un artigo; ir ao índice alfabético e engadir unha entrada e seguir o enlace (exemplo: letra A); ecribir na barra de enderezos do navegador http://gl.wikipedia.org/wiki/Nome do artigo deixando os espazos correspondentes, o sistema enchéos con guións baixos (coidado neste caso e noutros coas maiúsculas e minúsculas, unha regra é que salvo nomes, toponimia e algúns casos máis a segunda palabra do título e seguintes vaian en minúscula).

Un lugar onde podes obter moita información da Galipedia é na categoría:Wikipedia.

Informática: nós decidimos aquí que crear categorías era preferible facelo despois dun proceso de discusión, a wikipedia en español presenta certas inconsistencias na clasificación en categorías, son mellores outras como a inglesa, francesa,... No Wikiproxectro Categorias hai enlaces ás categorías deses wikis. Que nós non sigamos as categorías do wiki en castelán non quere dicir que no se poda basear nos artigos -se son de calidade- porque unha cousa é o artigo e outra a clasificación. Xa viches o proceso que comezou Rocastelo coa lingüistica.

Unha cousa importante: non esquezas asinar as mensaxes das páxinas de discusión, axuda moito a seguir e situar os debates. Pode facerse co segundo botón pola dereita da caixa de edición http://gl.wikipedia.org/style/images/button_sig.png, ou con catro ~~~~, ou na parte inferior co primeiro signo pola dereita dos caracteres especiais).

Creo que non me deixo nada da túa mensaxe, para maiores aclaracións xa sabes onde estou. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 00:22, 25 Xan 2005 (UTC)

Se cadra non entendín ben, pensei que te referias a algunha opción do software pero pola mensaxe de hoxe paréceme que falas de artigos, é así? Indícame os lugares onde está para que poida verificalo. Saúdos. --Prevert(talk) 18:39, 25 Xan 2005 (UTC)

Comezo polo último: alemán , ruso, semella que estamos ante o caso de homónimos isto quere dicir que a páxina non será nin da linguaxe nin unha redirección a outra. Tes un exemplos no wiki inglés: con Spanish e Spanish language. (Podes comezar a cambiala tí mesmo engadindo unha ligazón a [[Idioma alemán]] por exemplo, neste momento non sei se é mellor iso ou [[Lingua alemana]] (ou outra), supoño que haberá que debatir que é o mellor.
Sobre os modelos, poden ser páxinas modelo ou modelos de marcadores. As páxinas modelo serían do estilo da que estás facendo con linguas, os usuarios copiana e logo enganden o contido. Os modelos de marcadores introdúcense escribindo algo parecido a isto {{marcador}} e isto enlaza cun modelo feito. Na páxina de mantemento miranse algúns exemplos. Ás veces eses marcadores úsanse para introducir caixas de información comúns a moitas páxinas como a que podes apreciar en Spanish language ou como esta que estamos preparando para os concellos: Template:Concello info. Normalmente a elaboración do marcador require pensar a mellor opción para que logo o traballo futuro sexa menor en actualizacións ou cambios.
Non sei de cal "plantilla" falas de países, porque nós non fixemos ningunha todavía, o modelo e máis ou menos standard en todas as wikipedias e aquí seguíuse iso. Moitas das páxinas de países proceden en parte doutras wikipedias, sobre todo as caixas de información.
A única páxina de modelos na Galipedia é: Wikipedia:Lista de modelos e podes ver os marcadores en http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Special%3AAllpages&from=&namespace=10 .
Un cordial saúdo. (Nota: lembra asinar aínda que sexa unha réplica). --Prevert(talk) 19:18, 25 Xan 2005 (UTC)
  • Engadido: supoño que será mellor títulos do estilo [[Lingua rusa]]. Tes exemplos de homónimos en Categoría Homónimos. Saúdos. --Prevert(talk) 19:49, 25 Xan 2005 (UTC)
  • Outro engadido, estou atendendo a varias cousas á vez e esquecíame de dicir outra cousa. Os homónimos poden introducirse de dúas formas, entrando a unha páxina na que se explica que se trata dun homónimo e que opcións de páxinas existen, e outra na que se entra na páxina do artigo e na parte superior hai unha frase que informa que existe unha páxina que fai unha lista de homónimos. Neste caso será mellor tratar cal das dúas opcións será máis axeitada para resolver este caso. Saúdos. --Prevert(talk) 19:58, 25 Xan 2005 (UTC)


Ligazón a categoría[editar a fonte]

Para facer unha ligazón e que a páxina non apareza clasificada na categoría hai que engadir dous puntos (:) diante do enlace como segue: [[:Category:Xeografía|Categoría Xeografía]], o enlace quedaría así → Categoría Xeografía. Saúdos. --Prevert(talk) 18:38, 26 Xan 2005 (UTC)

Modelo de Linguas[editar a fonte]

Ola, vexo que estas a levar ti a creación do modelo para os idiomas. Quizais éche de axuda os modelos que teñen as outras wikipedias. Modelo da wikipedia en castelán - Modelo da wikipedia en inglés --IaRRoVaWo(talk) 23:21, 1 Feb 2005 (UTC)

Modelos - Marcadores - Mensaxes Predefinidas[editar a fonte]

En ocasións existen materiais que se repiten en moitas páxinas, e en lugar de escribilo manualmente cada vez que se queira introducir esos textos facemos un template. En que consiste? Por exemplo en todas as parroquias de Abadín queremos que exista unha táboa que enlace co resto das parroquias, é máis fácil crear un template Template:Abadín e para introducilo na páxina escribimos {{Abadín}}.

Pero ás veces os textos introducidos son comúns na súa estrutura pero variables no seu contido, iso ocorre coas caixas que poñemos nos concellos con {{Concello info}}. A caixa é igual en todos os concellos pero varían os datos, o xeito en que iso se fai en con parellas propiedade = valor , exemplo propiedade → xentilicio , valor → abadinense (podes velo en Wikipedia:Concello info).

Outras veces o que queremos é que unha páxina teña unha determinada presentación visual e un xeito unitario de presentación dos contidos, teríamos unha páxina modelo.

Utilcei ata agora a palabra template a propósito para evitar confusións. Os termos poden ser: modelos, moldes, mensaxes predefinidas, marcadores.

  • Unha mensaxe predefinida será aquela que se repite sen modificacións nas páxinas (feita como template).
  • Un molde será un contenedor que leva datos variables (feito como template).
  • Un modelo algo que sirve de exemplo para repetir.
  • Un marcador o xeito en que se introducen as mensaxes predefinidas e os moldes nas páxinas.

As palabras poden inducir a erros de interpretación.

O uso dun tipo o outro depende da facilidade de introducción de datos, do mantemento deses datos e de que sexa sinxelo para os colaboradores o seu uso,..., ás veces está claro o uso de uns en detrimento doutros, en outras ocasións é dubidoso.

Espero que puidera aclararche un pouco, para calquera dúbida deixa unha mensaxe na miña páxina. Sañudos. --Prevert(talk) 23:46, 1 Feb 2005 (UTC)

Sobre categorías[editar a fonte]

O proxecto da Galipedia é relativamente novo e ata hai pouco con escasos colaboradores, iso significa que moitas páxinas están incompletas e nalgúns casos trabucadas. Algunha páxina pola que tes pasado como Persoaxes Históricos ou mesmo Linguaxe Dos Xordomudos deben borrarse de acordo coas regras de Wikipedia:Eliminación rápida.

As categorías comezaron a elaborarse de xeito efectivo durante o mes de outubro de 2004, iso significa que hai moito traballo pendente. En reposta a túas preguntas si se poden clasificar as páxinas en dúas categorías, atendo a certas directrices relacionadas coa redundancia. Existe unha categoría Biografías que podes engadir ás páxinas de personalidades que citas (aínda que ás veces pode que o artigo non estea escrito como unha biografía), por certo escríbese Category en lugar de Categoría para crear a ligazón. A convención para as categorías e que se pode usar o plural porque a categoría Deportes inclúe moitos deportes é non un só, isto non sempre é aplicable por suposto exemplo: Historia de Galicia. Para os artigos pola contra úsase o singulas cereal e non cereais.

Convenios sobre nomes de persoas: nome apelido ou nome apelidos a clasificación alfabética nas categorías faise así: [[Category:Galicia|Baña, A]]. Hai moitos documentos de axuda que nós faltan neses casos podes recurrir a axuda en inglés que é a máis completa (en xeral non che recomendo a da wikipedia española).

Sobre os problemas técnicos de pechar ventás e lentitude: todas as wikipedias están tendo un éxito enorme (sobre todo en inglés e en alemán) e o tráfico e moi grande, hai ocasións na que os servidores están sobresaturados e fallan, neste enlace podes comprobar o que está pasando http://openfacts.berlios.de/index-en.phtml?title=Wikipedia_Status , o do peche das ventás paréceme un problema do teu navegador non debería pasar, en cambio que perdas a información de rexistro sí pode darse, aínda que é unha molestia recomendoche entrar de novo no rexistro. Saúdos. --Prevert(talk) 20:01, 2 Feb 2005 (UTC)

Correccion de Shackleton[editar a fonte]

Boas Sobreira. Refixen a entrada de Ernest Shackelton. Pero: 1 - revisa o meu galego e a redacción :) 2 - a entrada é erronea, poque e Shackleton e non Shackelton, como escribiches. No texto o pusen do modo correcto, non sei como se corrixe o título da entrada. ¿podes encargarde deso?

--Goresqui 00:15, 3 Feb 2005 (UTC)

Normativa[editar a fonte]

Coido interesante acompañar o xa metido sobre a lingua (formación na lingua) con algo sobre normativa, de xeito separado ou integrado (pode que mellor integrado).--Agremon 12:22, 3 Feb 2005 (UTC)

Máis sobre categorías[editar a fonte]

Estou completamente de acordo en que a clasificación en categorías é fundamental, por iso cando me incorporei o 1 de outubro de 2004 cando vín que non había ningunha púxenme a traballar nelo. Penso que agora queda moito por facer pero o proceso xa está encamiñado, podes facerte unha idea de como evolucionaron as cousas na Galipedia seguindo a cronoloxía de Wikipedia:Actualidade.

Agora as cousas están do seguinte xeito:

  • Dúas ramas establecidas dun xeito consistente: Historia e Xeografía (o resultado da resposta a Adalbertofrenesi foi a creación da páxina Wikipedia:Categorías, onde están as ramas desenvolvidas)

Vou ir respostando ao que expós:

  • Para aprobar e establecer novas categorías hai o wikiproxecto categorías onde se debate e logo na Taberna (propostas) anuncíase o proceso de votación. Co cambio que fixen nos últimos días unha vez discutidas as categorías os resultados deben pasar á páxina do artigo de cada categoría no wikiproxecto e a Wikipedia:Categorías tal como fixemos con Historia e Xeografía.
  • Algunhas das cousas que dís na túa mensaxe xa están vixentes como que un artigo poida clasificarse en varias categorías (de distintas ramas), incluso temos na rama xeografía clasificados artigos en varias categorías da mesma rama (iso é algo que non se recomenda pero que a nós funcionounos ben, ten a limitación que chegado certo número de artigos deixa de ser funcional -a iso me refería cando falaba de redundancia-).
  • Non sei se interpreto ben: "Deixar o mínimo posible de artigos en categorías que non son as finais", entendo que falas da categoría de primeiro nivel -a de partida- nela clasificamos os artigos de carácter xeral.
  • Sobre as modificacións das ramas: en Historia cando debatimos establecemos a vía de traballo e na aprobación están implicitas as modificacións que se poden facer na rama, pódense crear certas subcategorías como pasou con Exploradores porque entraban dentro do aprobado, non pasaba o mesmo con Exploración.

O teu ofrecemento para traballar na categorización e moi benvido, moitas grazas, porque iso fará que avancemos na boa dirección. É no wikiproxecto onde se ten que plasmar e hai que desenvolvelo. Nese sentido sería interesante que pasaras máis abaixo da mensaxe inicial a árbore de categorías de lingüistica seguindo o exemplo que fixen eu coas categorías xa creadas desa rama, eu vou pasar pola taberna (propostas) para abrir os períodos de votación.


Outras cousas: sobre a categoría Artistas creo que a crei eu, penseino moito e xa case non me lembro dos motivos porque non elexín Músicos, creo que foi porque era máis xeral podia incluir a cantantes de todo tipo, músicos, non había o problema de masculino-fiminino,.... Sobre Autores galegos creo que foi un caso parecido. De todos os xeitos son ramas que non se debatiron e polo tanto poden ser reconsiderados os nomes.

En canto a portada, fixen enlaces as categorías no caso daquelas que tiñan material suficiente, as outras deixeinas como estaban. En realidade se houbera os artigos principias de certa extensión e calidade, deberían apuntar aos artigos e desde eles acceder ás categorías.

Sobre mantemento, non vexo moita utilidade que estea na portada, debe estar nos cambios recentes e no portal da comunidade porque son os colaboradores os que traballan no mantemento e non os lectores (e os colaboradores por regra xeral non entran pola portada se non por cambios recentes).

O que quizais sexa bo facer xa -e para iso está o wikiproxecto- é crear un documento coas políticas sobre categorías que recolla as directrices que seguimos na creación e mantemento das categorías.

Por último, para analizar as categorías tamén son interesantes os directorios estilo Yahoo e a clasificación da UNESCO (es:Clasificación Unesco 4 dígitos e es:Clasificación Unesco 6 dígitos).

Outros comentarios, o artigo que colocaches na categoría administración debe ser calsificado como artigo con problemas seguindo as instrucións que aparecen nesa páxina (vou borrar a categoría porque é redundante). Na páxina de discusión non deberías ter o proxecto de categorías, para iso dentro do espazo de nomes de usuario (User:) poden crearse subpáxinas do estilo: http://gl.wikipedia.org/wiki/User:Sobreira/Categorías iso non pode facerse no espazo de nomes principal (onde se crean os artigos). Se pasas o material alí e enlazas con esa páxina desde aquí será moito mellor (esta páxina será máis 'manexable'). Cando teñas moitos mensaxes aquí tamén terás que facer o mesmo para arquivalos.

Creo que constestei a todo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:52, 4 Feb 2005 (UTC)

  • Como é un material de traballo movín o índice temático dentro do Wikiproxecto (esperando que así no futuro sempre haxa alguén que o vaia actualizando, porque noutras wikipedias que teñen algo así como a portuguesa axiña queda desactualizado). Unha vez traballado o resultado vaíse pasando a Wikipedia:Categorías. Ao final tiven que recortar o nome porque era moi longo. Saúdos. --Prevert(talk) 18:19, 4 Feb 2005 (UTC)
  • As propostas non poden estar na páxina Wikipedia:Wikiproxecto Categorías/Índice temático de categorías. Deben estar nunha páxina de discusión seguindo o proceso normal, crease unha subpáxina coa rama en discusión [[Wikipedia talk:Wikiproxecto Categorías/Nome da Categoría de primeiro nivel]] (Ou mentres non está definida o conxunto da categoría nai na propia páxina de discusión do artigo Wikipedia talk:Wikiproxecto Categorías/Índice temático de categorías). Logo anuncíase na Taberna (propostas) a apertura da discusión e votación. Nunha páxina que non sexa de discusión non poden aparecer sinaturas e os textos despois de Artigos periféricos, problemáticos ou sen normalizar non poden estar nesa páxina. Ten en conta que non é unha páxina personal, e entón tes que seguir os procesos do mantemento ou poñela dentro do teu espazo de usuario. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:03, 4 Feb 2005 (UTC)
  • En relación as propostas que fas na páxina Wikipedia:Wikiproxecto Categorías/Índice temático de categorías penso que é moito mellor discutir rama por rama, dese xeito tense unha visión de conxunto que beneficia a coherencia e unidade. Na wikipedia española aprecíase que en moitos casos foron creando categorías individualmente e o resultado é inconsistente. Nós temos a vantaxe de poder analizar o feito por outros e reflexionar sobre o que é mellor. (De todos os xeitos como material de traballo iso pode pasar como dixen antes provisionalmente a Wikipedia talk:Wikiproxecto Categorías/Índice temático de categorías). Saúdos. --Prevert(talk) 19:18, 4 Feb 2005 (UTC) Engadido: acabo de ver a túa mensaxe, a mín tamén me pasa moitas veces pero é a comunidade quen ten que decidir ao final, iso leva entre 7 e 10 días. Como viches puxen un prazo de remate para as categorías que temos -esquecerame facelo antes e rematan o 11 de febreiro-. Iso non quere dicir que non se vaia rápido elaborando as propostas e madurandoas.).--Prevert(talk) 19:18, 4 Feb 2005 (UTC)
  • Correcto o de Mitoloxía. Saúdos. --Prevert(talk) 19:20, 4 Feb 2005 (UTC)
  • Estás facendo un moi traballo, que nós fai moita falta, non te preocupes por se fas algo que estea mal. Como dicias noutra mensaxe segue o sentido común e se hai algo que non resulta correcto ou viola algunha norma que descoñeces, xa o corrixirei eu e non pasa nada. O importante é que o traballo vaia avanzando e a calidade da Galipedia mellore. As políticas, normas, directrices, regras,..., non teñen que entorpecer a creación de contidos, a súa función e darlle coherencia á enciclopedia e resolver as dúbidas dos usuarios sobre o que hai que facer. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:30, 4 Feb 2005 (UTC)
  • Non depende de nós, así que non podemos facer nada. Saúdos. --Prevert(talk) 12:38, 5 Feb 2005 (UTC)

Segue as categorías[editar a fonte]

Na categoría lingüistica considera que hai cousas que pode que non deban estar na Galipedia e no seu lugar no Galizionario. As categorías que teñen que ver co galego e Galicia poñense no primeiro nivel.

A categoría Wikipedia é unha categoría especial e é mellor que non fagas cambios nela, eliminar nas páxina de COMOs a clasificación na categoría axuda (mentres só haxa poucos artigos) dificulta aos novos usuarios atopar a información. A categoría Outros artigos da Wikipedia polo momento non ten sentido, porque cando remate o proceso de revisión quizais eses artigos muden de lugar, se refundan, ou sufran cambios.

Sobre Mitoloxía grega e Mitoloxía romana son o tipo de artigos que se clasifican á vez en Mitoloxía e en na categoría Mitoloxía grega ou na romana, porque é un artigo xeral e particular á vez.

Por último, ten coidado non crear algunha categoría que non se vexa claramente que sexa motivo de consenso é preferible que pasen polo proceso de discusión e votación aínda que sexa máis lento. Saúdos. --Prevert(talk) 15:44, 7 Feb 2005 (UTC)

  • Outro comentario, non poñas en categorías todo o que atopes "hai artigos que é mellor que estean medio agochados", porque son de moi escasa calidade ou que por unha razón ou outra é posible que se borren nun prazo máis ou menos breve de tempo. Así que se ves algo dubidoso deixao fora das categorías. Utiliza a ligazón que hai no lateral esquerdo da miña páxina Enviar un correo-e a este usuario cando sexa preferible que o debate non sexa público. Saúdos. --Prevert(talk) 17:01, 7 Feb 2005 (UTC)
  • Quizais debín matizar máis. Estou de acordo co que dís. Digamos que algúns artigos están conxelados porque teñen problemas, ten que ver un pouco coa historia da Galipedia. Hai artigos que por unha razón ou outra non seguen os criterios das wikipedias, non pretendía expoñelo como unha cuestión de árbitros que deciden o que está ben e o que mal. Efectivamente algo que comeza mal pode chegar a ser un gran artigo, pola contra a idea ía na liña de seguir as directrices da Galipedia. Falo con tantas persoas que non sempre teño en mente todo o que dixen a un usuario ou a outro, procuro transmitir o máximo de información pero sempre queda algo por dicir.
    Sobre as parroquias e lugares seguimos o seguinte criterio: clasifícanse na categoría co nome do seu concello e na categoría Parroquias e lugares, exemplo Abadín, Abadín.
    Se creas unha categoría estilo categoría Outros artigos da Wikipedia mantenme informado sobre porque o fas, o sentido diso e manter certa unidade de acción entre todos. Saúdos. --Prevert(talk) 18:08, 7 Feb 2005 (UTC)
  • Eu son un usuario máis, coa particularidade de que me preocupa o mantemento e facer todas aquelas operacións de organización que permitan que a enciclopedia mellore. Penso que estás facendo un bo traballo e iso xa se está notando. Por certo, acabo de fixarme que xa temos unha cantidade de artigos de Parroquias e lugares que aconsella que só os clasifiquemos na categoría do seu concello e non na categoría xeral parroquias e lugares (creo que xa o estás facendo así. Mellor.) Saúdos. --Prevert(talk) 19:04, 7 Feb 2005 (UTC)
  • Como che dicía na mensaxe anterior tiñamolo feito así, pero iso só é válido no caso de que haxa poucos artigos nas subcategorías, no momento en que os artigos comezan a medrar resulta un problema. Como hai miles de lugares e parroquias fas ben en clasificar só no seu concello. Cos páxinas que están clasificadas tamén en Parroquias e lugares haberá que corrixir a clasificación e borrar a categoría Parroquias e lugares. Saúdos. --Prevert(talk) 19:17, 7 Feb 2005 (UTC)

Nova Iorque ou Nova York[editar a fonte]

Aproveitando que te ofrecelles a solucionar cuestións lingüísticas, sabes se Nova Iorque está aceptado pola RAG, non estou seguro pero penso que non. De non estar haberá que facer bastantes cambios, case todas a referencias da cidade na Galipedia están coa forma Nova Iorque, saúdos e grazas anticipadas.--Rocastelo 19:02, 7 Feb 2005 (UTC)


Conto gallego de Rosalía[editar a fonte]

No artigo de Rosalía de Castro puxeches que o Conto gallego é de 1916 e está en castelán, a pesar do título está en galego e foi publicado no Almanaque Gallego de Bos Aires en 1923, é o único texto rosaliano en galego de ficción en prosa. Non lin nada de que escribise outra obra co mesmo título en castelán en 1916 (aínda que podería ser), ou que se descrubise, que é unha tradución, non un texto orixinal en galego. Cambiei o artigo cos datos que creo correctos, aínda que podería estar errado. A pesar diso estás a facer un moi bo traballo, saúdos. --Rocastelo 18:12, 8 Feb 2005 (UTC)


Romaní vs Caló[editar a fonte]

Non hai razón para se desculpar. Non cres que sería mellor denominar romaní á lingua da nación roma (ou xitana), e deixar caló como a lingua mixta falada polos xitanos en España e Portugal con estrutura romance e léxico romaní, igual que en Inglaterra o angloromaní.--Rocastelo 20:38, 8 Feb 2005 (UTC)


Wikipedia Asturiana[editar a fonte]

Desgrazadamente gran parte das entradas na wiki asturiana están valeiras, 2.000 entradas son anos sen contido real (exemplo ano 303, arredor de 600-700 son artigos reais. Non entendín o de copiar texto dun libro, supoño que te referirías a tomar datos do libro ou ben o texto non ten dereitos de autor.--Rocastelo 17:34, 9 Feb 2005 (UTC)

Respostas ás preguntas[editar a fonte]

  • ¿porque buscas unha palabra inexistente e ás veces envíache a buscalo en google e outras veces amósache un listado de artigos que teñen esa verba no contido?
R.: Se o sistema está funcionando correctamente é porque non atopou ningunha páxina onde estivera esa palabra, se hai páxinas que conteñan a palabra amósase o listado. En ocasións cando o sistema está saturado os desenvolvedores desactivan a opción de búsqueda e rediríxese a busca a Google sen procurar na Galipedia.
  • probablemente en conexión con isto, ¿existe algunha convención para antropónimos? (Fraga; Fraga Iribarne; Manuel Fraga Iribarne; Fraga Iribarne, Manuel; Fraga, Manuel; sir Ernest Sh.; Ernest Sh., sir; Sh., sir Ernest; Sh., Ernest; Byron, lord; lord Byron)
R.: A convención e nome e apelido, no caso de que sexa necesario ponse nome e os dous apelidos (exemplo: úsase Pedro Almodóvar e non Pedro Almodóvar Caballero). Non se usa precedendo ao nome: Lord, Sir, San, Santo, Santa, Xeneral, etc.
  • Levo media hora intentando colocarlle o símbolo de π (pi) a unha fórmula dentro da páxina de ESFERA (agora xa o arranxei). Como se colocan os grafemas especiais (árabes, cirílicos, eslavos, chineses, etc.)?; ademais:
R.: Nesta páxina tes instrucións en inglés sobre as formulas matématicas: Wikipedia:How to edit a page e esta outra é unha páxina alemana moi completa sobre caracteres especiais e non latinos Wikipedia:Sonderzeichen. (Engadido: máis sobre fórmulas matemáticas en portugués, Ajuda:Fórmulas TeX)
  • pregunta: actualízanse automaticamente as efemérides en función das ligazóns que van a elas? É dicir, se eu poño que Franco morreu o 20 de novembro, logo aparece no artigo "20 de novembro" (sen ter que ir a "Páxinas que ligan con esta")? Aquí hai alguén que di que na portuguesa funciona así...
R.: Estaría ben que fose así pero non. O único debate que recordo que pudera tratar o tema ten que ver coa inclusión das efemérides en portada pero o que se falaba alí era outra cousa.
  • petitio: por favor, avísame se vas facer algunhas modificacións importantes en categorías, ou borrar páxinas ("AGREMON": non estou en desacordo en borrala, pero é a segunda vez que desaparece diante dos meus ollos e volvome tolo tentando lembrar onde a categoricei, se non o fixen, porque desaparece). É que teño moi mala memoria =8o (por iso teño que ser sistemático) (esquece isto, é unha chorrada: eu tampouco te aviso do que fago. Xa me decatarei)
R.: Se borramos algo non te preocupes, non crees a páxina outra vez. Se unha páxina se borra sempre está xustificado.

Creo que respostei a todo, para calquera outra dúbida xa sabes onde estou. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:57, 9 Feb 2005 (UTC)

Dereitos de edición[editar a fonte]

Se cres que un artigo infrinxe dereitos de copyright (en calquera Wiki) o mellor é expoñelo na páxina de discusión dese artigo, aínda que no caso concreto que citas puidera ser que esa web non teña copyright ou que o autor do artigo fose o mesmo que o da web, ou mesmo que tivera autorización para reproducilo.
Non sei cal é o regulamento da Galipedia na cita de autores, quizais estaría ben que na páxina de discusión do artigo cites as fontes, cando estas sexan literais, como é o caso en caló, quizais deberas consultalo con algún administrador. --Rocastelo 19:32, 9 Feb 2005 (UTC)

Páxinas de usuario[editar a fonte]

As páxinas de usuario non se poden tocar, son propias de cada usuario e son eles os que teñen que facer os cambios que queiran. Polo tanto, vou desfacer a edición que fixeches en Robbot. Saúdos. --Prevert(talk) 19:00, 10 Feb 2005 (UTC) Retifico, xa comprobei que o desfixeras ti mesmo. Saúdos. --Prevert(talk) 19:20, 10 Feb 2005 (UTC)

Datas e anos[editar a fonte]

Hai varias persoas traballando nese tema, polo tanto é preferible ter en conta a opinión da comunidade niso e facer unha proposta na Taberna (porpostas). Na wikipedia inglesa teñen Category:Days, Category:Chronology, Category:Calendars. A min paréceme ben Días e tamén Anos pero é a comunidade quen ten que decidir. Saúdos. --Prevert(talk) 13:37, 12 Feb 2005 (UTC)

Amos Alcott político?[editar a fonte]

  • Amos Bronson Alcott non foi un político, xamais tivo cargo ningún nin militou en ningún partido, vou eliminar a categoría político.

Lingüística[editar a fonte]

Botalle unha ollada á categoría Lingüística a ver se está todo correcto, sobre todo nas subcategorías. Saúdos. --Prevert(talk) 18:35, 14 Feb 2005 (UTC)

  • Limiteime a crear as categorías que estaban na última lista de Wikipedia talk:Wikiproxecto Categorías/Lingüística, se falta algunha é que non estaba aí. Vai a esa páxina e ponas para que se poidan aprobar (é preferible facelo así aínda que vaian quedar igual que a túa proposta). Eu estou con Rocastelo paréceme que certas categorías van a ser complicadas non tanto para os colaboradores como para os lectores. Con respecto as tiles na parte de abaixo da caixa de edición telas. Saúdos. --Prevert(talk) 15:05, 15 Feb 2005 (UTC)

Homónimos e Radio[editar a fonte]

Toda wikipedia desde o seu nacemento segue un proceso de evolución, ao principio cando hai poucos artigos e usuarios creanse algunhas entradas que non seguen ao pé da letra as normas das wikipedias (entre outras cousas porque aínda non están establecidas senón que son herdanza da orixinal). Digo todo isto porque hai algúns artigos que na súa redacción non teñen en conta o que a Wikipedia non é, por iso están redactados como se fosen definicións dun dicionario. Con radio e outros semellantes pasaba iso. Como tratar eses casos? Unha das opcións é unha páxina de homónimos (non é un artigo, é unha reseña con ligazóns as páxinas das entradas correspondentes. Tes información na discusión da taberna titulada como chamar as páxinas de 'Desambiguación'). As páxinas de homónimos clasifícanse automaticamente na categoría Homónimos co marcador {{Homónimos}}, non deben clasificarse noutras categorías porque na páxina non ten que estar a información de cada un dos termos. Será a páxina correspondente a que deba clasificarse de acordo ao seu contido. Outra cuestión a ter en conta é que non pode usarse a páxina como unha páxina de probas, é na zona de probas onde hai que facer os ensaios oportunos, porque? Porque os usuarios novos aprenden do que fan outros usuarios anteriores e se ven unha edición como a de radio poden pensar que é un xeito admitido cando non é así (cun usuario descoñecido poderiamos sospeitar que se trátaba dun caso de vandalismo, xa sei que non é así pero son cuestións que temos que considerar). Vaia relendo o escrito sona un pouco riguroso!!. Non se trata diso, eres un usuario moi valioso que está facendo un traballo moi bo, e paréceme que no futuro pode que aconselles a outros usuarios sobre o que se debe e non debe facer, é o papel que me toca a mín facer agora. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:49, 17 Feb 2005 (UTC)

Webs oficiais do concellos de Galicia[editar a fonte]

É un listado moi interesante para ir pasando os datos ás caixas que están nas páxinas dos concellos. O que non sei é se se debe crear unha páxina independente co listado, nun dos puntos de Wikipedia:O que a Wikipedia non é dí: "A Wikipedia é unha enciclopedia. Dada a definición xeral de enciclopedia resulta un pouco complicado decidir exactamente que cousas caben aquí. Non obstante, temos unha boa idea de que cousas que non pertencen á enciclopedia, isto é, o que a Wikipedia non é e non debe ser:" ... ..."Non é un directorio de ligazóns", por iso non estou seguro que deba crearse un listado de webs como páxina independente. Habería que solicitar a opinión doutros usuarios na taberna. Saúdos. --Prevert(talk) 20:03, 20 Feb 2005 (UTC)

estiben o ollar para o artigo de Basilio o Grande (http://gl.wikipedia.org/wiki/Basilio_o_Grande) e no seu historial encontrome a ademáis de habe-lo posto eu; estuvo correxindo algunhas cousas Rocastelo. Agora encontrome coa sorpresa de que o artigo necesita traducción "senón en 30 dias pasa a páxinas para borrar". ¿Ti paraches a mira-lo con detenimento?; pois eu diria que non, o susodito artigo esta no galego normativo xeral (e para tua información algunhas expresión poden variar dunha zona de Galiza a outra). Outro tanto me encontrei coas obras de Camilo Xosé Cela estan pasadas a castelán e non dixen nada -cando o mais loxico e ter una traducción da mesma en galego- (tiña entendido que tanto os nomes coma os apelidos pasanse a gelego dende que a persoa na no vive -respetando os nomes e apelidos en xeral dos que si estan vivos-. Dende logo e moi triste que un dedique un pouco de tempo que ten para crea-lo artigo máis completo posible; e logo se encontre con que outra persoa llo borra ¿estarias dacordo se eu fixese e mesmo con alguns dos teus artigos?, de seguro que non. Agora dime ¿que che motivou a poñe-la mensaxe neste artigo?. un saudo--Xelo2004 18:18, 21 Feb 2005 (UTC)

  • Visto desde ese xeito, vexome na obrigra de reitera-las miñas descupas (en parte), posto que acostumo a publicar o artigo como soemos facer no traballo "a toda prisa e a correr, que o cliente non espera", e queiras ou non un ten metido iso no corpo e moitas veces pasaselle a cousa por alto (me refiro as correccións ortográficas; por certo, se tí podes face-las moitas grazas pola miña parte), por outra tampouco tiña moi claro o das ligazons 2 de xaneiro como espos, pero sempre que presentaba o artigo na rede indicaba "faltan corrección e ligazóns" coa finalidade de que puideran votarme unha man nese aspecto. Houbo xente que o ten feito (o cal estoulles moi agradecido), pero sen embargo vexo outras cousas que nonme cadran, por poñer un exemplo (nalgunhas enciclopedias e nos libros -a maioria de estudios- figuran nomes en Galego coma Filipe ou Afonso; nomes que tratei de respetar nalgunhas contribucións miñas as efemérides; pero nos apartados eiqui espostos coma o artigo de xeografía que fai referencia a España atopo os mesmos nome pero en castelán Felipe e Alfonso), podes olla-lo ti no apartado de "miscelánea/Reis de España" ou tamén Presidentes do Governo (o cal prepareino e inxerino de forma provisional; pois non concorda cos datos dos que dispoño que son moito máis amplos. A dúbida neste aspecto sae a todas luces (nos apartado de Presidentes do Governos figuran unhos cuantos pero con nomes e castelán (no meu ver debera de ser en galego; pero a vistas de que esta a pasar -polos en galego e logo os pasan a castelán para asociarlle-lo artigo correspondente que "curiosamente esta en galego" ¿qué fago?) se a galipedia debe de estar en galego. ¿Ti que farías?, coido que curiosamente estamos no caso de Camilo Xosé Cela (ou debería de dicir: Camilo José Cela). Xa non sei que pensar, se traballar todo en galego ou en castelán (ou debería de dicir: Castrapo). Parecerache estraño o que digo, pero a súa razón coido que está a vista. Comentasme que buscaches en internet a palabra "O Soto"; dificil de dilucidar porque (e coido que te darías conta máis dunha vez) que se emprega segundo a expresión da frase; pode significar dende o nome dun pobo (chamenlle aldea ou segundo aconteza), Sotano e, coma non, lugar achoupado de árbores de direntes especies. un saudo--Xelo2004 20:24, 21 Feb 2005 (UTC)
  • Ola Sobreira, vexo que estás a facer un gran traballo, desta vez escríboche en realidade por unha cuestión menor, desde logo estou a favor de modificar calquera artigo, pois na inmensa maioría dos casos o resultado é a mellora, cantas máis persoas corrixan un artigo mellor, pero non acabo de entender un cambio que fixeches no artigo clítoris, refírome a cambiar todos os por tódolos, como saberás nas modificación da normativa dáse preferencia á forma sen aloformo, concretamente no apartado 14.1 dise: Existe tamén unha variante alomórfica... que é de uso obrigatorio tras por e u.... pódense representar na escrita as variantes lo, la... nos seguintes contextos: c) ambos, entrambos e todos.

Do que se deduce que recomenda todos os e permite tódolos. Polo tanto é preferible todos os. Polo que non se defería modificar quen escribe todos os, ambos os ou entrambos os ou calquera forma sen alomorfo(agás tra-lo tempo ou u-lo neno). En todo caso anímoche a que sigas corrixindo os erros que todos temos ao escribir galego.--Rocastelo 21:03, 21 Feb 2005 (UTC)

Categorías novas[editar a fonte]

Resposta rápida: Utiliza para a discusión sobre aquelas categorías que non poidan establecerse como unha rama independente Wikipedia talk:Wikiproxecto Categorías/Xeral. (Outra cousa, aínda que sexa máis lento, nalgunhas páxinas é mellor consultar o historial da páxina antes de facer algún cambio importante, para así coñecer que compañeiros traballaron nela e comprender un puco mellor porque o artigo ten ese aspecto.) Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:16, 28 Feb 2005 (UTC) Sobre lingüistica engadeo ao final da discusión en Wikipedia talk:Wikiproxecto Categorías/Lingüística, e anuncia a apertura da discusión en Wikipedia:A Taberna (propostas), indicando un prazo que vaia entre sete e quince días para tomar a decisión (nas categorías sobre as que a comunidade teña traballo o prazo corto e sobre as novas o longo). Saúdos. --Prevert(talk) 12:25, 28 Feb 2005 (UTC)

  • O manual ou libro de estilo é un documento que inclúe certas políticas da wikipedia, eu comecei a escribir un pero non cheguei a publicar nada, se escribes algo toma como referencia o que teñen na wikipedia inglesa. O mesmo cos títulos das páxinas (hai unha serie de convencións escritas e non escritas que dín como deben ser o títulos). Ambos documentos deben ser aprobados na Taberna (propostas). Con respecto aos materiais de axuda na escritura de bos artigos serían unha boa referencia para todos os usuarios. Saúdos. --Prevert(talk) 09:20, 2 Mar 2005 (UTC)


Mensaxes predefinidas e outras[editar a fonte]

Non se me ocorre moito máis que engadir que o dito en Modelos - Marcadores - Mensaxes Predefinidas, poño entón algún exemplo clarificador:

  • {{En progreso}} esta sería unha mensaxe predefinida.
  • {{Concello info}} este sería un molde.
  • Modelos son os que aprecen en Wikipedia:Lista de modelos, ti mesmo fixeches un.
  • Un marcador o xeito en que se introducen as mensaxes predefinidas e os moldes nas páxinas. Exemplos {{En progreso}}, {{Concello info}}, {{Nongalego}}, {{Atención}}, ...

Saúdos. --Prevert(talk) 15:32, 2 Mar 2005 (UTC)

  • Sintoo, interpretei mal a túa mensaxe. Na portada houbo durante moito tempo numerosas ligazóns vermellas, supoño que esa quedou. En realidade o contido que corresponde estar nesa páxina non é o que puxeches pero supoño que será mellor iso que nada. O que debería incluir a páxina e unha lista ordeada e organizada dos moldes e modelos que hai na Galipedia, existe unha páxina especial na versión actual do software MediaWiki que permite obter esa información para logo traballala (por desgraza, trás o desastre dos servidores en días pasados a páxina está desactivada). Supoño que foi quedando e polas razóns de sempre non se fixo. Saúdos. --Prevert(talk) 20:20, 3 Mar 2005 (UTC)
  • Fusionar é cando dous artigos teñen material sobre o mesmo tema e deben ser combinados nun só. Mover é outra cousa, é trasladar dun sitio a outro. Normalmente porque o nome non é correcto ou porque non segue as normas da wikipedia. No caso de Bexán non estaba normalizado pero o problema é que necesitamos comprobar cunha fonte do propio concello se o nome da páxina é Bexán ou Rubiños, Cospeito como aparece no nomenclátor de Galicia. Saúdos. --Prevert(talk) 16:07, 8 Mar 2005 (UTC)

Sobre proposta de categorías e tamén sobre mover[editar a fonte]

Para mover basta con premer na lapela mover e logo na caixa que aparece poñer o novo nome da páxina. No enderezo orixinal automaticamente aparece unha redirección. En ocasións o proceso remata aí, pero se movemos a páxina porque hai un erro no título ou porque non segue as regras dos títulos da Galipedia bórrase a redirección e engádese o marcador {{lixo}}.
Con respecto a túa proposta de categorías está no sitio correcto, eu tiña pensado intervir pero estes días non dou atopado o momento. Por outra parte, terás notado que ultimamente a Galipedia vive certo "impasse", esperemos que sexa pasaxeiro. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:25, 12 Mar 2005 (UTC)

Pois non teño nin idea de árabe, pero sonche bastante aficionado á etimoloxía, e vaia, polo de agora, o 100% de consultas deron como resultado: Sahhra = Deserto. Por certo, e xa que tes coñecementos abondo de lingüística, é Sahara, Sáhara, ou ambas as dúas son correctas?. Un amigo: --Xaguar 15:18, 12 Mar 2005 (UTC)


Síndrome de Tourette[editar a fonte]

O artigo síndrome de Tourette que ti puxeches en castelán e portugués podería ter dereitos de copia, a forma en castelán coincide con esta páxina, quizais eles a copiasen doutro sitio de libre disposición, o caso é que a páxina non di nada, en todo caso a entrada tal como esta hai que a borrar ou modificala profundamente.--Rocastelo 21:33, 12 Mar 2005 (UTC)

Máis sobre mensaxes predefinidas e outras[editar a fonte]

Aquí está a ligazón cunha relación de páxinas no espazo de nomes Template que che dicía antes (agora funciona). Aparecen todos os modelos de marcadores que hai e a páxina Wikipedia:Mensaxes predefinidas debería ser unha mostra deles (algúns son diferentes versións do mesmo coma nos concellos e outros son partes de páxinas especiais coma a taberna -non teñen que amosarse na páxina das mensaxes predefinidas-) . Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:16, 18 Mar 2005 (UTC)

Personalidades[editar a fonte]

Como xa sabes doutras mensaxes eu son partidario da unidade e coherencia nos nomes das categorías, pero no caso de personalidades paréceme que utilizar sempre ese nome pode crear imprecisións ou facer usar nomes de menor entidade. Por exemplo: Personalidades da dirección para Directores de Cine é un nome claramente insuficiente, entre outros motivos porque pode incluir todo tipo de directores, sexa de cine, de teatro, de orquesta,... Cando comecei a usar nos nomes de categoría Personalidades fixeno fundamentalmente para resolver situacións nas que non atopaba unha solución mellor. O mesmo me parece para Actores e Actrices ou para Exploradores (é moito mellor ca Personalidades da exploración). Quizais se poida utilizar un sistema mixto, que che parece?. En realidade a túa proposta esta aprobada por asentimento, non obstante creo que habería que reflexionar máis sobre ela. (P.D. Quixen poñer isto na páxina de discusión sobre o tema, pero non atopei tempo.) Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:29, 25 Mar 2005 (UTC)

  • Penso que hai que aproveitar os nomes que funcionan por si mesmos como Directores de Cine, etc., e os outros pasalos a Personalidades, a cuestión é poñerse de acordo en cales van dun xeito e cales do outro. Con respecto ás Personalidades da Astronomía e Astronaútica OK. Sobre a xeografía: os países van por un lado e as cidades por outro. Non vexo problema aí, a clasificación surxiu na práctica Países -> Europa -> Suecia pero como falamos outras veces iso só ten sentido na medida en que haxa poucos items na categoría, se non a redundancia non funciona en absoluto. As cidades clasifícanse no país e na categoría cidades dese país, no caso de non ser unha cidade ou ser outro tipo de accidente xeográfico só van no país correspondente. En canto aos título seguimos case sempre as directrices da wikipedia inglesa e os erros que poida haber veñen de aqueles puntos que aínda non temos adoptado. A diferencia en canto títulos desta wikipedia con respecto a outras é o título dobre de cidades e países pero creo que está ben resolto coa redirección desde o nome galego ao nome galego - nome orixinal. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:10, 28 Mar 2005 (UTC)
  • Esquecín dicilo antes, bo artigo transliteración. Precisamente a idea que se aprobou na Galipedia foi respectar os nomes orixinais, de aí o título dobre onde corresponda se non só o título orixinal. Saúdos. --Prevert(talk) 21:35, 28 Mar 2005 (UTC)
  • Comezo polo Deserto de Libia, dentro de xeografía aínda faltan categorías, por agora esa páxina debería ir na categoría raíz. O problema polo tanto non é das categorías existentes se non das que faltan. Sobre o segundo tema completamente de acordo, na discusión na que se decidiu o dobre título abordouse parcialmente e chegouse a esa solución, non obstante eramos conscientes de que o problema era máis complexo. Creo que alo menos tivemos intención de buscar unha solución sen caer nos conflitos que surxen habitualmente noutras wikipedias (especilamente a española), iso non quere dicir que o tema estea pechado ao contrario a reflexión que fas afonda no aquí falado e debe incorporarse a Wikipedia:Wikiproxecto Toponimia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:53, 28 Mar 2005 (UTC)

Creo que o problema está en que gardaches a imaxe no espazo de cor CMYK, en lugar do espazo de cor RGB. Fai unha proba gardando outra vez a imaxe, pero antes de gardala fai o cambio de espazo de cor. Logo carga a imaxe na Galipedia, ás imaxes que haxa que borrar ponlle o marcador {{lixo}}. Se necesitas máis axuda volve a deixarme unha mensaxe. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:43, 30 Mar 2005 (UTC)

Fonética vs Fonoloxía[editar a fonte]

Penso que sabes bastante de lingüistica (alomenos bastante máis ca min que son de ciencias ;)) así que quero facerche unha pregunta: ¿en cal desas dúas categorías clasificarías a Iotización e a Palatización?

Saúdos --Alyssalover(fálame) 12:24, 1 Abr 2005 (UTC)

  • Alófonos con H. Mi má! Vou-nos borrar todos agora mesmo. Sabes que redactando aqui cometo moitísimos erros que habitualmente non teño? Cheguei algo tarde para a discusión sobre a categoría de lingüística e hai cousas que colocaria noutro sitio -pero iso como todos, verdade? De todas maneiras, non me parece fundamental ter unhas categorias "perfectas" e, sobretodo, parece-me moitas veces inútil discutir en abstracto. Eu creo que con todas as categorias debemos aprobar unha inicial, ir facendo artigos e o tempo xa nos dirá por onde debemos tirar. A min non me preocupa. De feito, nunca coloco as categorias dos artigos que escrebo. Sei que hai colaboradores aos que lles gusta isto e parece-me ben deixar-lles ese traballo: asi aplican-se os mesmos criterios durante o mesmo período de tempo, en vez de que cada un aplique un distinto ao acordado. Unha vez que se vexa que unha categoria determinada non funciona xa a mudaremos entre todos. Un saúdo. Xosé(Falarlle) 20:01, 1 Abr 2005 (UTC)

Segundo a wiki inglesa a Iotation é un tipo de palatización dada nas línguas eslavas. Agora que o penso, unha traducción mellor podería ser iotificación ou cecais iotación, eu son da rama tecnolóxica así que non sabería dicir cal é a correcta ¿ti que pensas? --Alyssalover(fálame) 20:58, 1 Abr 2005 (UTC)

Copio-che o que lle escrebin a Alyssalover(fálame):

  • Non podo falar, non coñezo as linguas eslavas (só algun insulto :-)). Sen embargo, ao ler o artigo en inglés vexo que hai un problema na versión en galego: descrebe-se como un tipo de palatización (por certo, os fenómenos articulatorios "dan-se", "teñen lugar", "acontecen", pero non se "empregan") das linguas eslavas pero logo poñen-se exemplos de duas linguas que non o son (inglés, xermánica e español latina) e entón non queda claro a que se refire. A versión inglesa ten a culpa porque non explica claramente que o do inglés e o español é "para que se entenda" porque a palatalización dá-se en calquer idioma (é simplemente producir un son pero fechando a boca subindo a lingua: como o /i/ se produce coa lingua o máis arriba que se pode, ao lado do paladar, por iso se chama palatalización). Pero non podo comentar máis sobre este fenómeno. Sobre o iotacismo si porque é algo que se explica sempre sobre a história do grego. Sobre o termo "iotización", se vas a google verás cousas que nada teñen que ver coa lingüística (igual che interesan a ti), ou sexa que a palabra a utilizar seria outra, eu creo. Xa che digo que non a coñezo, ou sexa que case mellor borrar e esperar a que veña alguén que si coñeza este fenómeno ou a que encontremos unha fonte máis onde contrastar. Xosé(Falarlle) 21:35, 1 Abr 2005 (UTC)
  • Entón supoño que o "A iotificado" debería chamarse "A iodificado" ¿non? en canto mo confirmes comezarei a arranxalas ligazóns do artigo alfabeto cirílico ;) Un saúdo --Alyssalover(fálame) 10:04, 5 Abr 2005 (UTC)

Ola, Sobreira, son XAVIER(talk) . Gustoume como quedou o artigo sobre a billarda. Como quen dí eu só fixen un esbozo do artigo. Saúdos.

Arranxos[editar a fonte]

fixenche un pequeno arranxo na seccion de obxectivos, desa forma aunque as outras paxinas no actualicen a de galego si o fara automaticamente se que teñas que poñerlle novo numeros

Redireccións[editar a fonte]

Un comentario sobre o artigo Billarda, se a páxina estornela apunta a billarda non podes poñer un enlace en billarda hacia ela, créase un bucle. Por certo, lograches correxir o problema das imaxes?. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:45, 6 Abr 2005 (UTC)

  • Xa vín que hai imexas que funcionan o que non sabia é se era pola corrección que che dixen. O de Cádiz correcto. Sobre a redirección non te preocupes pola estatística, en realidade hai dous xeitos de contar os artigos: Número de artigos (oficial) e Número de atigos (alternativo), na conta alternativa hai uns 900 artigos menos (desconta as redireccións e os infraartigos). Podes velo en http://en.wikipedia.org/wikistats/ES/ChartsWikipediaGL.htm . Non entendo moi ben que queres dicir co resto do razoamento. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:10, 6 Abr 2005 (UTC)
  • Paréceme ben. Lembrate da orde alfabética. Nas provincias xa a corrixo eu. Saúdos. --Prevert(talk) 16:09, 6 Abr 2005 (UTC)

Vilas galegas[editar a fonte]

A categoría Vilas galegas foi anterior a Concellos galegos, comezouse calasificando en Vilas galegas ata que nos decatamos de que o correcto era en Concelllos galegos, porque non estabamos falando das vilas. A categoría quedou e aí van aqueles lugares que son máis grandes que as aldeas pero menores que as cidades. O que hai agora é o O Milladoiro, Biduído, Ames, no futuro pode incluir as capitais dos concellos. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:19, 6 Abr 2005 (UTC)

  • Creo que a solución para a categoría Personalidades ... é a que temos na categoría Historia. Dentro de personalidades temos o resto de subcategorías. Por exemplo, Personalidades do cineDirectores de cine, Actores, Actrices, etc... . Outra cousa, se podes cando clasifiques as páxinas pon no campo resumo a categoría coa ruta. Sei que é máis traballo, pero é o xeito de que outros usuarios aprendan a facelo e coñezan as categorías correctas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 08:43, 7 Abr 2005 (UTC)
  • Como ves o das Personalidades que che comentaba na mensaxe anterior? Nunhas categorías cos artigos clasificados directamente nelas e noutras coas subcategorías correspondentes como existe agora. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:51, 8 Abr 2005 (UTC)

Comproba se está todo ben na categoría Lingüística que engadín a Wikipedia:Categorías. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:25, 8 Abr 2005 (UTC)

  • → e ← (& rarr; e & larr;) -o espazo entre & e a primeira letra non vai, é para que o sistema non interprete a frecha. Saúdos. --Prevert(talk) 19:05, 8 Abr 2005 (UTC)
  • Quixera saber a túa opinión sobre o tema de Personalidades, porque vou comezar a aplicar a solución citada nas mensaxes anteriores. Saúdos. --Prevert(talk) 18:03, 11 Abr 2005 (UTC)

Temas pendentes[editar a fonte]

  • "Que vai pasar cos mapas das comunidades que xa teñen mapa (CATALUÑA, GALIZA, VALENCIA e MADRID)?"

Sustitúense e nada máis, os teus mapas son de maior calidade e tamaño, polo tanto non vexo problema en cambialos.

  • "¿falas de separar ACTORES de ACTRICES e DIRECTORES de DIRECTORAS? Neses casos en concreto non sei... O que sí se pode facer é xuntar PERSONALIDADES DA XEOGRAFÍA con PERSONALIDADES DA EXPLORACIÓN (cando haxa 50 artigos xa se separarían se cómpre)"

Na miña opinión debería ser como segue:

  • En cada rama principal só debe existir unha categoría de personalidades.
  • Cando non existen subcategorías os artigos clasifícanse directamente aí.
  • Se as subcategoría foron discutidas e analizadas, os artigos clasíficanse nas subcategorías (Ex: en Historia, Políticos, Militares, Monarcas,..)
  • Que exista unha subdivisión fiminina depende da cantidade de material e da análise dos tipos de nomes de categorías dispoñible (Ex: en Cine, Actores e Actrices é posible, iso non significa que noutras categorías haxa que crear a segunda categoría. Cada caso particular necesitará ser avaliado)
  • Do anterior conclúese que en todas as categorías teremos personalidades (onde se clasifica por defecto), que nalgúns casos haberá subdivisións (que non poden incluir a outras personalides), esas subdivisións darán lugar en casos moi concretos a separación entre xéneros (evitable sempre que se poida). Que a clasificación sexa máis ou menos profunda dependerá do número de artigos, evitandose na medida do posible crear categorías con material moi escaso (salvo que exista a perspectiva de dispoñer del nun corto período de tempo).

A vantaxe do exposto antes é que conseguimos a coherencia coa categoría Personalidades en todos os casos, e en cada situación concreta podemos afondar nas subdivisións ou non sen crear conflitos de clasificación ou falta de unidade. (Seguindo esa idea en Personalidades da xeografía eu recuperaría Exploradores, en lugar de Personalidades da exploración).

En fin, creo que isto solucionaría a dificulatade que temos coas Personalidades. (Outra cousa, atopei algúns problemas de artigos duplicados na mesma categoría debidos á clasificación, que cando decidamos isto creo que se arranxaran). Espero a túa opinión. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 08:11, 19 Abr 2005 (UTC)

Orde alfabético nas categorías[editar a fonte]

Lembrate ao clasificar da orde alfabética, cando se fai a categorización é máis fácil e da menos traballo que logo andar revisando (Ex.: [[category:Personalidades da filosofía|Schopenhauer, Arthur]]). Outro asunto ten coidado coa clasificación en categorías non afines, cando iso ocorre e síntoma de que estamos ante homónimos que necesitan páxinas distintas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:19, 22 Abr 2005 (UTC)

  • Punto 1: sobre PERSONALIDADES DE XEOGRAFIA e PERSONALIDADES DA EXPLORACION

Eu pensaba pasar os artigos clasificados en Personalidades da exploración (e logo eliminala) a Exploradores e que Personalidades da xeografía sexa a categoría principal.

  • Punto 2: independentemente dos mapas das autonomias, teño xa os mapas de igual formato para as provincias. ¿Existe algun metodo para metelas todas xuntas?

Non, de feito o sistema así permite que non haxa sobrecarga por reiterados intentos de carga imaxes. De feito creo que hai establecido un tempo entre carga de imaxes (non lembro exactamente canto).

  • Punto 3: estiven lendo o da discusion de Guerra civil española. Estou de acordo pero de momento non vou opinar. A miña pregunta é: ¿que lle pasa ao artigo de Israel? ¿Onde esta a polemica? (cal é a cuestion que crea polemica & en que lugar esta descrita) Digoo porque na sua paxina de discusion non hai nada.

Non sei en que páxina está, pero houbo certa discusión sobre o tema e aínda non está pechada.

  • Punto 4: hai tempo baixei de metawiki os arquivos mediawiki-1.3.11.tar e pmwiki-2.0.beta22 para intentar corrixir as cousas que fago na casa. O meu irman deixoume o seu PC e sei que ten instalado Apache e MySQL: eu non o sei case usar, pero sei entrar. ¿Servenme para emular o editor en casa (sen conexion)? ¿tamen edita as formulas?

O MediaWiki é como o que temos aquí, o único que pode cambiar é a versión e o aspecto da pel. E dicir, que se non fas cambios adicionais será visualmente un pouco distinto.

Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:03, 22 Abr 2005 (UTC)

  • Hai un problema de clasificación entre Personalidades históricas e Políticos, moitos dos artigos que temos en Políticos na miña opinión non son Personalidades históricas. Haberá que repensar iso, agora non teño moito tempo, deixo esta reflexión aquí por se tes algunha idea ao respecto. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:33, 24 Abr 2005 (UTC)

---

  • Cría que os nomes dos artigos non podían ter parénteses. Agora seráme máis doado crear

Algúns artigos poden levar parénteses nunhas situacións moi concretas, pero sempre se tenta evitar o seu uso.

  • Impresionante o do "bot" de Vesta: ¿é automático para tódolos artigos que teñen unha palabra determinada no título?

Os bots automatizan tarefas repetitivas, e poden usarse baixo certas circunstancias, nunca indiscriminadamente. Soe haber unha limitación ao uso de bots, na Galipedia operan algúns que veñen de fora e están admitidos. En ocasións hai normas explícitas sobre o uso de bots.

  • Do de mediawiki creo entón que non o entendín. Eu quería poder traballar co Notepad.exe na casa e ir comprobando os resultados. De momento teño unha macro de word que me fai as negriñas e cursivas e ligazóns como o botón da wikibarra de ferramentas. ¿Non se pode ter un entorno completo entón?

Se instalas MediaWiki correctamente podes ter unha Galipedia na casa e comprobar os resultados das túas edicións antes de subilas aquí.

Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:21, 24 Abr 2005 (UTC)



Onte non vín toda a túa mensaxe, aquí vai o resto da resposta:

  • Ola outra vez. Sobre o de EXPLORADORES discrepo: teño na casa o texto de varias exploradoras do deserto que farei algún día.

O que dixen antes, as categorías dependen en cada caso do material dispoñible e da situación concreta. no caso concreto de exploradores non vexo problema que inclúan as mulleres, outro cousa será noutras catgorías.

Xa sei que a categoría de xeografía xa se discutiu, pero non sei se reabrir o debate: que tal XEOGRAFÍA FÍSICA (cantil, praia, océano, cunca sedimentaria, continente, illa, lago, volcán), XEOGRAFÍA POLÍTICA (estado, imperio, nación, país, praia, provincia, aldea, cidade-estado, distrito federal) e XEOGRAFÍA TÉCNICA (cartografía, xeodesia, escala, fuso horario)?

Penso que primeiro hai que solucionar outras árbores de categorías antes de meterse nesta. (Por certo, sería bo que actualizaras a árbore de Lingüística coas novas categorías que creaches tanto no Wikiproxecto como en Wikipedia:Categorías)

  • Gracias por meter os mapas nas provincias galegas, eu non me daba conta e se me pasaría

Adianteime para que o artigo fose mellorando, xa que había o material.

  • Do de políticos, sinto ser aburrido: ¿PERSONALIDADES DA POLÍTICA? O de MONARCAS está ben. A miña idea inicial é PERSONALIDADES que agrupa a tódalas biografías (inda que se chame así), encabezadas con PERSONALIDADES DE.... Para que non estean os políticos dentro dos históricos, clasifícanse os dous directamente en PERSONALIDADES. Así:1. PERSONALIDADES 1. PERS DA POLÍTICA (non tódolos políticos/as son históricos/as) 2. PERS DA HISTORIA (non tódolos históricos/as son políticos/as) eu aquí deixaría os que non están en ningunha outra categoría de PERSONALIDADES (se están nunha enciclopedia é porque son históricos, fixesen o que fixesen) 3. PERS...etc.

Como dixen noutras mensaxes de acordo coas Personalidades ... sempre e cando cada árbore teña unha porque se non imos ter problemas de clasificación. Por outra parte, a categoría raíz de personalidades debe estar fora de Historia nunha vía autónoma, porque produce problemas de clasificación e técnicos. E quizais haxa que desfacerse de Biografías ocupando o seu lugar Personalidades, produce problemas de duplicidades. Con respecto aos políticos actuais quizais (como dís tí) deban pasar a Personalidades da política dentro de Política e así resolver o de Personalidades históricas. Desculpa que non vira a túa mensaxe completa onte pero como estaba dividida en partes parecía dunha mensaxe anterior. Saúdos. --Prevert(talk) 17:07, 25 Abr 2005 (UTC)

Aves e frades[editar a fonte]

  • Xa sei que frade e freire son sinónimos, no que eu lle dicía a Xelo non tiña sentido meter a palabra frade (frailecillo ninguén pode pensar que veña de frade). Pero si que é certo que no nome das aves que non son comúns temos tendencia a empregar a forma castelá, haxa ou non unha forma galega recoñecida.
    Hai algunha lista en Internet cos nomes en galego das aves?, por certo no dicionario Cumio que emprego os nomes latinos de animais e plantas dan mágoa, están cheos de erros, cando non son erróneos por enteiro.--Rocastelo 22:04, 24 Abr 2005 (UTC)

Tes Razon[editar a fonte]

o correcto e avalan, soe suceder que o andar as prisas e non ter a penas tempo para pensar, comete un erros, grazas de todas maneiras. tan só me limitei a soicitar un permiso que polo de agora (e xa vai unha semana) non foi respondido. Esperarei un tempo máis para volve-lo a soicitar de novo. Por certo, tes que recolle-las discusións todas desta páxina para unha subpaxina que faga referencia de "arquivo historico"; máis que nada porque o meu, e tamén haberá máis xente, navegador votase un rato cargando a paxina. un saudo --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 22:20, 24 Abr 2005 (UTC)

Máis respostas[editar a fonte]

  • Se prefires vou poñendo novos epígrafes ó final cada vez que poño unha nova mensaxe;

Si, porque me resulta difícil seguir as mensaxes novas.

  • Non pasa nada por non responder no momento nun día: eu teño ese mal costume e seica non che gusta, así que tampouco podo protestar se che pasa a ti;

Non é que me pareza mal, é que responder as preguntas doutros leva moito tempo. Eu intento constestar a todo o mundo e axudar no que poida aínda que dispoño de moi pouco tempo. É unha cuestión de reciprocidade nada máis.

  • De BIOGRAFÍAS, xa tiña a idea de que a iríamos borrar...

De acordo.

Sí.

  • Se vas a páxinas sen categoria sáenche xusto 1000 (e todos son datas ou ben artigos con inicial menor a Electrólise) a ti tamén ou é problema da caché do meu navegador??

Só aparecen mil pero aproximadamente a metade dos artigos da Galipedia están sen clasificar. Eu queria chegar a ter clasificado o 60% (os ingleses están no 70%) nuns días. Outro punto no que tamén andamos un pouco mal e nos artigos de máis de 2K, os ingleses teñen o 30% e nós só o 10% (aínda que é natural). Por outra parte, estes días gañamos un posto en canto a número de artigos estamos no 32, non obstante calquera día voltamos a baixar. Non é unha cuestión de estatísticas senon de índices que nos serven para saber se imos no bo camiño. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:42, 25 Abr 2005 (UTC)