Conversa usuario:Policisne

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Policisne!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 20:21, 31 de marzo de 2012 (UTC)

Ligazóns internas[editar a fonte]

Ola Policisne. Benvido á Galipedia.

Coméntoche. Cando un concepto aparece varias veces no mesmo artigo abonda con que lle metas ligazón interna unha soa vez. Tes máis información en Wikipedia:Guía/Ligazóns internas.

Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 16:48, 2 de abril de 2012 (UTC)

Ben, grazas. Eu tiña iso de caixón, pero non sempre corrixo os artigos lembrando cal é o concepto que introducín anteriormente, e cando. Se te decatas de que repetín ligazóns e pensas que iso amola ou pode ser malo dalgún xeito, podes retira-las repetidas. Pola miña banda, eu prefiro repetir ligazóns que non poñelas, e por iso, para non ter que ler de novo todo o artigo, cúrome en saúde e poño a ligazón. Grazas de novo.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Policisne (conversacontribucións) 03:06, 4 de abril de 2012‎

Tampouco é que teña unha importancia vital, mais son detalliños que van mellorando a calidade do artigo.
Aproveito para recomendarche unha ferramenta que igual che resulta útil: OrtoGal.
E lembra, para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta. E, por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa.
A seguir. --. HombreDHojalata.conversa 08:29, 4 de abril de 2012 (UTC)

Violación de copyright[editar a fonte]

E obvio.

Como ti xa sabes, a fotografías non son da túa autoría. --. HombreDHojalata.conversa 1 de xullo de 2013 ás 21:26 (UTC)[responder]

Remítote á resposta que che dou na conversa de Xosé Oliveira Blanco. Un saúdo.--Policisne (conversa) 2 de xullo de 2013 ás 13:05 (UTC)[responder]

Ola, Policisne; como xa che dixo HombreDHojalata, por favor, bótalle un ollo a Wikipedia:Política de uso de imaxes. Calquera imaxe debe ser subida pola persoa propietaria dos dereitos de imaxe (a menos que sexa unha imaxe libre de dereitos); non é legal que ti subas unhas fotos co permiso dos propietarios materiais, que non teñen por que corresponderse cos propietarios dos dereitos (eu podo ter un cadro de Dalí na casa, pero non podo subir unha imaxe do mesmo á Wikipedia).
Agardo que comprendas o procedemento. Noutra orde de cousas, pregaríache que utilizases algún tipo de corrector ortográfico, pois tes numerosas faltas. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 2 de xullo de 2013 ás 13:41 (UTC)[responder]
Estadesme a dicir que lexa cousas que xa lin hai moito tempo. Repito que os propietarios destas fotografías son os seus propietarios materiais, os parentes dos fotografiados, xa que son fotografías familiares que me deron os familiares vivos das persoas que saen retratadas nelas e pedíronme que as subise aquí. E o dereito a decir se as fotografías son do dominio público ou non, e por tanto de pedir que se lle retiren as fotografías daquí corresponde a eles, non a terceiras persoas. De paso, no que a fallas de ortografía refírese, ti tampouco vas coxo, dígoche o mesmo. Un saúdo.--Policisne (conversa) 2 de xullo de 2013 ás 13:58 (UTC)[responder]
Pois igual si que é bo que leas de novo as cousas que xa tes lidas; por exemplo, sería interesante que leses de novo a mensaxe que che deixaron hai tres meses, na que se che pide que contestes as mensaxes nas páxinas de conversa dos usuarios a quen te dirixes.
O dereito de decidir que tipo de licenza ten unha imaxe corresponde á persoa autora, que debe sen quen a cargue ou os ceda explicitamente á persoa que a suba. Isto é moi importante: non abonda con dicir que cho cederon uns familiares das persoas retratadas. O fillo do fotógrafo podería pór unha denuncia á Fundación Wikimedia por utilizar unha imaxe con dereitos reservados.
Todo o mundo temos faltas de ortografía; agradeceríache que me indicases as miñas para poder aprender. Eu recoméndoche que teñas ollo cos acentos gráficos ("*Estadesme"), a colocación do pronome átono ("refírese" despois dun pronome relativo), as contraccións ("de + aquí" non contrae "daquí" na escrita) a conxugación verbal ("*lexa" por "lea") e a corrección ortográfica ("*decir" por "dicir").
Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 2 de xullo de 2013 ás 14:09 (UTC)[responder]


Non todo é pasarlle o corrector ortográfico ao texto, tes que botarlle un ollo á gramática, que hai cousas que os correctores electrónicos aínda non saben (e que aínda non saen na Wikipedia). Regra: cando se meten complementos entre a conxunción relativa e o verbo, o pronome non ten que ir necesariamente anteposto ao verbo (por iso cambiei "refírese" adrede ao final da oración, para non dicir "se refire", pero olla que respecto a norma cando o verbo vai a seguir da conxunción). Tamén é a primeira noticia que teño de que "de + aqui" non contraian a "daqui" na escrita (ou ao menos de que esta sexa a norma obrigatoria). Por certo, a maioría das cousas que fago débense á miña falta (ou sexa, "ausencia", que non "falla", coma a de ortografía) de coidado ao escribir; como podes ver non adoito de repetir os mesmos erros (escribín "dicir" por todas partes menos no sitio que escolles onde poño "decir", na terceira liña do meu escrito anterior a este, e os acentos adoito de respectalos ao menos nas palabras esdrúxulas). E si, adrede contraio escribindo apóstrofos cando o artigo que sigue á preposición forma parte dun nome propio, para que isto quede ben claro e deste xeito respecto o nome completo (o nome do grupo é "Os Morenos", non "Morenos", por iso escribo "d'Os Morenos", e non "dos Morenos"), cousa permitida que os correctores ortográficos tampouco saben. Por certo, "O fillo do fotógrafo podería pór unha denuncia á Fundación Wikimedia por utilizar unha imaxe con dereitos reservados". Claro, por iso a fundación Wikimedia vos tén a vós, para dicir que é o metido nela por parte de quen ten os dereitos e quen non. Un saúdo.--Policisne (conversa) 3 de xullo de 2013 ás 02:50 (UTC)[responder]