Conversa usuario:Papinos
Benvido(a) á Galipedia, Papinos!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:30, 14 de outubro de 2010 (UTC)
Deixei unha nota en Conversa:Lingua leonesa á que tal vez che interese responder. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:30, 14 de outubro de 2010 (UTC)
Lingua leonesa[editar a fonte]
Ola, Papinos. As túas últimas edicións en Lingua leonesa foron desfeitas, pois limitábanse a substituír con bastante pouco xeito o artigo existente. As melloras son ben recibidas, pero sen destruír o que xa hai construído. Se insistes en volver a facer o mesmo, o único que podemos facer nós e volver a reverter a túa edición. Mellora o artigo e aporta fontes, e todos sairemos gañando. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 13:40, 27 de outubro de 2010 (UTC)