Conversa usuario:Moisespombo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Moisespombo!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de febreiro de 2015 ás 17:28 (UTC)[responder]

A ver Moisés, que esas non son formas de empezar. Tes que ter máis tino e tratar de respectar ós que estamos aquí. "Galiza" non é un termo independentista, senón unha forma léxica válida á par de Galicia. Consulta a RAG se tes algunha dúbida. Nestes casos de forma dupla igualmente válida, a norma da casa é respectar a forma que escolleu o primeiro editor. Saúdos e insisto: respecto. Pedro --Lameiro (conversa) 11 de febreiro de 2015 ás 22:23 (UTC)[responder]

Non é que me tomara a mal o teu comentario pero crin que que era unha actuación e un comentario que viña "buscando guerra". Enténdeme. A Galipedia ten unha longa serie de normas que nos fomos dando ó longo dos case 12 anos que temos de existencia. Hai normas oficiais (obrigatorias) e outras oficiosas (consensuadas pero sen someter a debate e votación). Todas son modificables, por suposto, pero seguindo uns trámites. É evidente que non sempre todos estamos de acordo con esas normas, pero isto son lentellas, se queres as tomas e se non as deixas. Ou propós o cambio a debate na comunidade. Tamén é certo que non sempre as cumprimos e na Galipedia hai certa incoherencia interna que fai que haxa artigos e edicións que non seguen o libro de estilo e as normas. Xa irás atopando erros coma este. Pero atendendo ó caso Dos arquivos do trasno, verás que é un dos 121 artigos comprendidos na Categoría:Obras narrativas en galego, e todos estes artigos dispoñen dun cadro á entrada na que se indica Galiza como país (é perfectamente posible que algúns indiquen Galicia, claro; e dicir "Galicia, España" é redundante e innecesario). Entendo que poidas non estar de acordo e soster a tese de que o país é España e non Galiza/Galicia, pero se nós adoitamos poñer Galicia/Galiza e non España... será por algo (nin capricho nin casualidade), e será unha norma que non podes cambiar así como así. Creo que é fácil de entender. Na Galipedia sostemos a tese de que Galicia é unha nación, un país. E non o podes cambiar nun artigo determinado. Para rematar, si, esta é a maneira correcta de falarmos entre dous usuarios: na páxina de conversa do interlocutor. Saúdos e ata sempre. Pedro --Lameiro (conversa) 12 de febreiro de 2015 ás 18:36 (UTC)[responder]


--Lameiro (conversa) Este tono xa gustame mais, pero ainda así segue a haber un erro, Galicia, a nosa querida galicia, non é un país. O da nación ainda o debatiría e estaría conforme, pero Galica é unha comunidade autónoma mais do país España. Por iso, se ao por País Galiza, eu xa dixen termo independentista ainda que estén admitidos ambos. E se ven aiqui algunha perosoa un poco ignorante no tema de Galicia, España etc. pode caer en un grave error. Por iso esu pido que se engada Pais: Galiza, España. Vete ti a saber que está a ver isto e copiandoo para un traballo. Por iso reitero que eso en erro. Moisespombo (conversa) 13 de febreiro de 2015 ás 22:38 (UTC)Moisespombo --Moises[responder]