Conversa usuario:Maañón/arquivo2

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xa teño algo de wiki-pasado: Maañón/arquivo1

Pon o que queiras despois da liña


Só che digo que o penses. Neste proxecto todos facemos falta e incluso as diferenzas que poida haber entre uns e outros poden servir para enriquecelo, polo que non me despido, só espero volverte a ver por aquí canto antes. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 14:38, 26 setembro 2007 (UTC)

Reflexión sobre o comentario anterior, pois non estou de acordo. Falo como usuario, como persoa, non como administrador (pois non fago uso nin xusta nin inxustamente das atribucións que os administradores teñen, nin mo plantexo, nin penso plantexarmo)[editar a fonte]

Neste proxecto non todos facemos falta: Non fai falta xente esquiva. Non fai falta xente que non respecta ós demais usuarios. Non fai falta xente que non edita máis ca para crear conflitos. Non fai falta xente que mantén, inda hoxe en día, as trasnoitadas estratexias do PCE na loita contra o franquismo. Non fai falta xente con orgullo en exceso. Non fan falta salvadores. Non fan falta avogados dos pobres, porque aquí non hai pobres...

O que si só me falta a min é que algún dos usuarios, que seguramente non fan falta, soliciten o meu bloqueo por expresarme libremente (liberdade de expresión) ante o atropelo que supón que en Wikipedia:Votacións/Elección de administradores#Votación dixeras o que dixeches (pouco vale que o tachases, puideches antes dirixirte a min e dialogar, se que ese concepto che entra no caletre) e fales de que houbo unha "rectificación" (ja ja). Prefiro morrer coas botas postas antes de pasar por iso. Ó final, eu téñoo moi claro, non son un salvador, non son ninguén. E ti? --Lmbuga Commons - Galipedia 23:59, 3 outubro 2007 (UTC)

Reflexión sobre a túa volta[editar a fonte]

Alédame verte de novo e entristéceme que te estén atacando persoalmente. Persoalmente utilizaría as escasas vías de control existentes na Galipedia para parar ataques e valoracións persoais despectivas, pero cada ún e dono e responsable dos seus actos e confío no teu criterio. Unha aperta como se di Lansbricae (Ti dirás) 07:37, 4 outubro 2007 (UTC)

Préstamos[editar a fonte]

Ola, Collín prestadas as túas propostas xa que estaban perfiladas ao meu entender para ser obxecto de debate pola comunidade. Tamén creei: Category:Wikipedia:Materias en proceso de consenso para poder localizar o que se está a debatir mellor, xa que ninguén se opuso e xa se prouxera varias veces. Espero que che parecese ben, supoño que sí xa que trátase de tentar usar o teu traballo para o proxecto.

Das recomendacións de enriba só pedirche (sempre ando a pedir) que non as aceptes e continúes connosco tentando facer deste proxecto o máis diverso e forte posible. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 15:09, 4 outubro 2007 (UTC)

Non entendo como funciona ese template, pero non o tes usado en Mandarín, así que terás que explicame o que queres facer. Se colliche TriplaChinés doutra wikipedia pon a ligazón interwiki entre <noinclude> e </noinclude>; así, se hai problemas pódese examinar como funciona na outra. As etiquetas son para que as ligazóns non se inclúan no artigo no que se coloque o template. --Xosé (✉) 13:22, 7 outubro 2007 (UTC)

  • Xa o entendo. Por certo, que hai algunhas nas que non funciona o terceiro parámetro (tradución ao galego) e no seu lugar aparece {{3}}. As referencias (notas) non teñen nada que ver con este template. No medio do texto tes que poñer entre <ref> e </ref> o texto que queres enviar ás notas; este desaparece do medio do texto e é substituído por unha chamada, que envía ao lugar no que colocas a etiqueta <references />[1]

Nota de exemplo[editar a fonte]

  1. Este é un exemplo.

--Xosé (✉) 13:32, 7 outubro 2007 (UTC)


  • Déixame probar un momento porque agora fixen un cambio e quedei sorprendido co resultado pero é que estabas ti co template. --Xosé (✉) 13:50, 7 outubro 2007 (UTC)
  • Xa está. O problema era que ten que cando hai varias notas coa mesma referencia ten que haber unha primeira definición das notas, que puxen na primeira liña. Un saúdo. --Xosé (✉) 14:17, 7 outubro 2007 (UTC)

Linguas do mundo[editar a fonte]

Ola Maañón. Vou mover o que escribiches na páxina de discusión do wikiproxecto categorías a Wikipedia talk:Wikiproxecto Categorías/Linguas do mundo, así automaticamente o que aí se escriba vai á páxina de discusión na que escribiches. Agardo que non che importe. Un saúdo, a seguir así. AlberteSi, digame? 17:43, 7 outubro 2007 (UTC)

As citas da túa páxina de usuario son boísimas, mágoa que non as incorpores tamén a Galicitas. ;) Alma (fálame eiquí) 12:00, 28 outubro 2007 (UTC)