Conversa:Guanahani

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Terminoloxía: Cayo[editar a fonte]

Boas, o texto deixou "cayo" como tradución de Cay. Non atopo equivalente exacto ao galego. (illote?) Podedes indicar algunha suxestión? @Atobar:, @Xabier Cid:, grazas! Maria zaos (conversa) 1 de abril de 2019 ás 14:59 (UTC)[responder]

  • Esta non é doada. Non é a primeira vez que teño que darlle unha volta ao asunto de Cay/Key/Cayo para a tradución ao galego. Unha posibilidade nesta entrada é deixar cay, por exemplo en Plana Cays, habida conta de que as Bahamas son un territorio que hoxe ten como lingua administrativa a inglesa. Logo hai outros casos onde en galego cómpre empregar a outra forma inglesa posible para o mesmo accidente, como no artigo de Florida Keys, feito que á súa vez pon de relevo que en lingua galega, até onde eu sei, segue a ser unha materia pendente a conformación dun termo propio específico. --Atobar (conversa comigo) 2 de abril de 2019 ás 16:21 (UTC)[responder]