Conversa:Gondomar

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hola, fixen uns engadidos á sección Patrimonio de Gondomar. Agora estou preparando os artigos do Mosteiro e igrexa de Santa Baia de Dona, a Igrexa de Peitieros, os pasos de Pampillón e Villarés para deixar a Sección de Patrimonio rematada nunha primeira etapa. Mais teño unha dúbida, na redacción anterior afírmase que en Peitieiros existe " un cruceiro, onde se reunían os representantes das distintas parroquias da comarca para parlamentar." Non teño documentación ao respecto, o único que ten esas características é o Cruceiro do Acordo en Mañufe. Alguén pode aportar documentación da primeira afirmación? Por outra banda, vexo que o artigo en xeral está un tanto baleiro de fontes e citas no que ten relación ás outras seccións. Neste senso se non hai problema, engadiría nos próximos días unha nova edición da sección Historia e da de Xeografía que cumpra cos requisitos. Supoño que este artigo en xeral debe ser de interese para moitos editores e non quero deturpar o traballo de ningún dos editores. Quedo a vosa disposición por ideas de como afrontar estas tarefas. Un saúdo!Varperalta (conversa) 31 de maio de 2020 ás 11:12 (UTC)[responder]