Conversa:Centre national de la recherche scientifique

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Propoño a Miñato e aos sucesivos editores, e aos responsábeis da elegancia que debe ter unha entidade seria, como a Galipedia, o cambio de título deste artigo por Centre National de la Recherche Scientifique que, ademias de ser o seu nome oficial en francés, é como adoitan escribirse os nomes das institucións, por exemplo, Real Academia Galega. E, de paso, facer o mesmo tamén cos das institucións reseñadas na sección "Historia". Grazas. --Xoio (fálame) 19:02, 28 de abril de 2011 (UTC)

  • Este artigo está ben así, Xoio. Olla para a propia web do centro, por exemplo. En francés a norma non é igual ca no galego ou no inglés, onde xa se fai como apuntas. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 19:22, 28 de abril de 2011 (UTC)
E outro exemplo máis claro aínda, por se quedabas con dúbidas. Mira a denominación do instituto na versión en francés e na que está en inglés, verás como o uso que fan das maiúsculas é distinto. --Atobar (conversa comigo) 19:26, 28 de abril de 2011 (UTC)
  • Tes razón, Atobar, no dos nomes das institucións en francés e en galego. Pero, que me dis do até onte Instituto da lingua galega, que o "quitei" do dos exemplos que puxen, ao lado de Real Academia Galega porque saía en vermello? Parece que alguén lle cambiou o título hoxe, porque agora xa está ben (o título, o artigo segue a ser cativo, aínda que xa non confunde a Antón con Manolo). Outra copusa que tampocuo sabía: nunca me dera de conta de que en galego o etc. non vai precedido de coma, cando se citan antes varias cousas. Pero cada día se aprende algo novo. Un saúdo. --Xoio (fálame) 16:00, 29 de abril de 2011 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Centre national de la recherche scientifique. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de setembro de 2018 ás 17:34 (UTC)[responder]