Conversa:Celia Díaz

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As faces do diamante, infanto-xuvenil?[editar a fonte]

Sorprendeume atopar As faces do diamante no grupo de narrativa infanto-xuvenil da autora, xa eu non son moi partidaria de facer distinción por idades e entendo que ás veces o feito de aparecer en determinadas coleccións editoriais condicione a clasificación mais, neste caso, non atopo nin na temática, nin na colección, elementos que fagan esta obra infanto-xuvenil aínda que iso nin lle quita nin lle pon. Saúdos. Aprofa (Dime algo aquí) 5 de xaneiro de 2024 ás 19:09 (UTC)[responder]