Conversa:Alfonso Castro Beiras

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

No apartado de vida persoal afírmase que o protagonista da entrada suicidouse dando como referencia un artigo na prensa que en ningún momento confirma o suicido, só indica que caeu dunha fiestra. Por outra parte considero que ese dato non aportaría ningunha información de valor sobre a vida ou traballos do finado, e ademáis correspondería ó ámbito da sua vida privada que debería ser respetada. Propoño que se retire a devantida afirmación. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 213.60.3.227 (conversacontribucións)

Ola ip. Ao meu ver, da referencia infírese que é un suicidio. É un dato menor, pero si ten relevancia. Unha enciclopedia, cando dispón do dato, debe achegalo. Se reparas nos restantes artigos verás que as enciclopedias máis completas, sempre que se sabe a causa da morte, fan por mencionala. É información, máis nada. Penso que código deontolóxico xornalístico ten o seu sitio alí, no xornalismo. Neste caso estamos a falar de contidos enciclopédicos. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 9 de febreiro de 2016 ás 20:17 (UTC)[responder]