Concha Costas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Galicia |
2ª Presidenta da Mesa pola Normalización Lingüística | |
1997 – 2002 ← Xosé Manuel Sarille – Carlos Callón → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | profesora |
Lingua | Lingua galega |
Familia | |
Cónxuxe | Fran Alonso |
María Concepción Costas Fernández, máis coñecida como Concha Costas, é unha profesora e lingüista galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, é docente de ensino medio de Lingua e Literatura Galega no IES Auga da Laxe (Gondomar). Foi profesora asociada de Tradución Inglés-Galego na Facultade de Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo nos cursos 94/95 e 95/96.
Activista da normalización lingüística e da animación á lectura, coordinou a biblioteca escolar, traduciu do inglés ao galego e escribiu artigos sobre sociolingüística.[1] Foi presidenta da Mesa pola Normalización Lingüística entre 1997 e 2002. Preside a asociación Espazo Lectura do Val Miñor.
Está casada co escritor Fran Alonso.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Consello da Cultura Galega (ed.). "Concha Costas". Consultado o 10 de maio de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Entrevista no Diario Cultural.
- «Acabará nun museo se non se poñen medios», artigo en La Voz de Galicia, 24 de abril de 2001.