Clemente VIII, antipapa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Nome orixinal | (la) Clemens VIII |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (es) Gil Sánchez Muñoz y Carbón 1370 Teruel |
Morte | 28 de decembro de 1447 (76/77 anos) Mallorca |
Bispo diocesano | |
26 de agosto de 1429 – 28 de decembro de 1446 ← Lluís de Prades i d'Arenós (en) – Juan Garcia de Aragón (en) → Diocese: Roman Catholic Diocese of Majorca (en) | |
Antipapa Martiño V, Bieito XIV Garnier | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Coroa de Aragón |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico |
Clemente VIII, nado co nome de Gil Sánchez Muñoz y Carbón en Teruel entre 1369-1370 e finado en Mallorca o 28 de decembro de 1446, foi un relixioso aragonés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Arcipreste de Teruel e antigo cóengo de Barcelona, foi un antipapa non recoñecido oficialmente da Igrexa católica, que substituíu a Bieito XIII o 10 de xuño de 1424, mantendo as súas pretensións pontificias ata o 26 de xullo de 1429.
A súa elección foi unha farsa de só tres cardeais, pero Muñoz aceptou e tomou o nome de Clemente VIII. Martiño V ordenou aos bispos de Barcelona e Tortosa que interviñesen para resolver este cisma. A situación perdurou, non obstante, uns anos máis, pois o enfrontamento político entre o papa e o rei aragonés Afonso V polo reino de Nápoles fixo que se mantivese de forma artificial o cisma. O papa enviou como legado a Alfonso de Borja (o futuro papa Calisto III) para negociar co rei o fin do seu apoio ao antipapa. Así, cando o rei Afonso conseguiu que Martiño V fixese tamén concesións (entre as que se incluían as relativas á súa posesión do reino de Nápoles) obrigou a abdicar a Clemente VIII. O último acto desta farsa foi o recoñecemento no castelo de Peñíscola de Martiño V por Clemente VIII, os seus tres cardeais e dignatarios, abandonando o seu nome pontificio e volvendo a tomar o seu nome de bautismo.
Martín V nomeouno entón bispo de Mallorca.
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |