Charles-François Brisseau de Mirbel
![]() (2005) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de marzo de 1776 ![]() París, Francia ![]() |
Morte | 12 de setembro de 1854 ![]() Levallois-Perret, Francia ![]() |
131º Presidente Academia francesa das ciencias | |
1 de xaneiro de 1829 – 31 de decembro de 1829 ← Pierre Louis Dulong (pt) ![]() ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Ciencias naturais e botánica ![]() |
Ocupación | botánico , profesor universitario , político , naturalista ![]() |
Empregador | Facultade de Ciencias de París Museo Nacional de Historia Natural de Francia ![]() |
Membro de | |
Lingua | Lingua francesa ![]() |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Mirb. ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Lizinska de Mirbel |
Premios
| |
![]() |
Charles-François Brisseau de Mirbel, nado o 27 de marzo de 1776 en París, e finado o 12 de setembro de 1854 en Levallois-Perret, Illa de Francia, foi un botánico e político francés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aos 20 anos converteuse en naturalista axudante no Museo Nacional de Historia Natural de Francia. En 1802 publicou un importante Traité d'anatomie et de physiologie végétales, o que fixo que fora consideralo o pai da citoloxía, a histoloxía e a fisioloxía das plantas. En 1803 obtivo o posto de administrador dos xardíns do Château de Malmaison, de París. As súas publicacións valéronlle para, en 1808, ingresar na Academia de Ciencias de Francia e obter a cátedra de Botánica na Sorbona.
Durante a Restauración, o seu amigo Élie Decazes, ministro da Policía en 1815 e presidente do Consello de Ministros de Lois XVIII en 1819, ofreceulle un posto de Secretario Xeral. Pero a caída do goberno en 1829, preludio da Revolución de 1830, marcou o fin das súas ambicións políticas e obtivo unha cadeira no Museo Nacional de Historia Natural de Francia.
A súa segunda esposa, Lizinska de Mirbel (de solteira Lizinska Aimée Zoé Rue), foi unha famosa miniaturista nos círculos da Corte.
Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]
- Histoire naturelle, générale et particulière de plantes, 1802-1806.
- Exposition de la théorie de l'organisation végétale, 1809.
- Traité d'anatomie et de physiologie végétale, 1813.
- Éléments de physiologie végétale et de botanique, 1815.
Honores[editar | editar a fonte]
Foi membro da Membro da Academia de Ciencias de Francia, da Royal Society e da Academia Leopoldina, e cabaleiro da Légion d'Honneur.
En 1877, unha parte da rúa de l'Abbé-de-l'Épée no 5e arrondissement de París pasou a denominarse rúa de Mirbel na súa honra.
Eponimia[editar | editar a fonte]
O xénero Mirbelia Sm. 1805 foi nomedo no seu honor.
Abreviatura[editar | editar a fonte]
A abreviatura Mirb. emprégase para recoñecer a Charles-François Brisseau de Mirbel como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Charles-François Brisseau de Mirbel ![]() |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Charles-François Brisseau de Mirbel |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Gillispie, Charles Coulston, ed. (1970): "Mirbel, Charles Francois Brisseau De (1776-1854)" Dictionary of Scientific Biography: Volumes I-XIV. Nova York: Charles Scribner's Sons.