Celeiro de Mariñaos, Barreiros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Celeiro de Mariñaos
Igrexa de Santa Cristina de Celeiro de Mariñaos. Detalle.
ConcelloBarreiros[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°30′52″N 7°16′30″O / 43.514444444444, -7.275Coordenadas: 43°30′52″N 7°16′30″O / 43.514444444444, -7.275
Poboación166 hab. (2019)
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa Cristina de Celeiro de Mariñaos é unha parroquia que se localiza no concello de Barreiros. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 229 habitantes (116 mulleres e 113 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 255 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 177 habitantes, sendo 91 homes e 86 mulleres.

Arquitectura[editar | editar a fonte]

  • Igrexa parroquial, do século XVIII, segundo consta sobre a porta principal. Antigamente o cemiterio atopábase no propio atrio da igrexa pero trasladouse a finais do século XIX ou principios do século XX. Hoxe en día aínda son visibles dous nichos é unha lápida na que aparece gravada unha inscrición en castelán extraída do segundo Libro dos Macabeos, capítulo 12:
Santa y Saludable es la memoria de los difuntos, le pedimos a Dios que sus pecados sean perdonados
Macab 12
  • Igrexa de Santo Estevo do Ermo,[2] tamén chamada igrexa de Augas Santas, restaurada en 2012.[3]

Festas[editar | editar a fonte]

As festas na parroquia de Celeiro de Mariñaos son o 24 e 25 de xullo, na honra da súa patroa Santa Cristina de Bolsena e o patrón de Galicia: Santiago. Ademais na segunda fin de semana de agosto ten lugar a Romería de San Caetano - Festa da Tortilla, nas inmediacións da capela de San Caetano e Virxe da Espiña.

Na década de 2010 tivo lugar ó pé do río Masma o Festival Ao Son do Masma, unha cita coa música tradicional e a artesanía. O Festival ten lugar na primeira fin de semana de xuño, aínda que a edición de 2015 foi posposta ata setembro.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Celeiro de Mariñaos[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Celeiro de Mariñaos no concello de Barreiros (Lugo)

O Barral | O Carballo Branco | Rexa | As Saíñas | Xunto á Igrexa

Parroquias de Barreiros[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Barreiros

Cabarcos (San Xulián) | Celeiro de Mariñaos (Santa Cristina) | Reinante (Santiago) | San Cosme de Barreiros (San Cosme) | San Miguel de Reinante (San Miguel) | San Pedro de Benquerencia (San Pedro) | San Xusto de Cabarcos (San Xusto) | Vilamartín Pequeno (San Xoán Degolado)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]