Castro da Roda de Dentro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°08′45″N 8°06′43″O / 43.14597, -8.11187

Castro da Roda de Dentro
ParroquiaFisteus
ConcelloCurtis
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA15032082
Cronoloxía
Datas de ocupación?
Estado actualMoi danado
Véxase tamén
Castros de Galicia

Castro da Roda de Dentro, castro dos Godulfes ou Castro da Roda é un poboado castrexo situado preto de Godulfes, en Fisteus, Curtis.[1]

Croa do Castro da Roda de Dentro, Godulfes.

Ten forma elíptica, cunha croa con eixos NS duns 35 m e OL duns 70 m e foxo. Está situado nunha pequena elevación do terreo. Ten un antecastro ao sur duns 70 m de diámetro aproveitando o desnivel do terreo. Esta zona é a mellor conservada. Non se aprecia cal sería o acceso orixinal. As defensas están cortadas por unha estrada (pista que vai de Gondulfes a Boilouro). Ao norte están destruídas as defensas para unir dous prados. A croa é un prado.[2] Pode que tivese tres liñas defensivas cara ao SO.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]