Campionato do Mundo de Atletismo
O Campionato do Mundo de Atletismo é unha competición deportiva de atletismo de carácter internacional organizada pola Federación Internacional de Atletismo (IAAF) dende 1983. Nun principio disputábase cada catro anos, pero debido á grande importancia económica e nos medios que tiña a competición, a partir da terceira edición, en 1991, pasa a se disputar cada dous anos.