British Aerospace P.125
British Aerospace P.125 | |
---|---|
Tipo | avión VSTOL de combate multirrol |
Fabricante | British Aerospace |
Estado | cancelado |
Unidades construídas | ningún |
O British Aerospace P.125 foi un avión STOVL de combate multirrol supersónico británico desenvolvido nos anos 80 no Reino Unido. O proxecto cancelouse nos anos 90 e a súa existencia foi revelada por BAE Systems en 2006.[1]
Desenvolvemento[editar | editar a fonte]
O Hawker P.1154 británico foi unha das distintas solucións enviadas por países europeos ao requirimento NBMR-3 de 1960 da OTAN para un caza de ataque supersónico. En 1960 tamén foi o primeiro voo do avión VSTOL subsónico Hawker P.1127. O P.1154 concelouse en 1965, pero continuaronse estudos sobre a posibilidade de que os Harrier ou Jaguar puidesen ser substituídos por un avión STOVL supersónico.[2]
Nos anos 80 o Ministerio de Defensa británico e o Departamento de Defensa estadounidense realizaron estudos sobre solucións con reactores de elevación. Os estudos estadounidenses levaron finalmente ao F-35 Lightning II. En 1988 o deseño P.125 do tamaño do Tornado estaba destinado a cumprir cos requisitos para un interdictor STOVL sixiloso supersónico. Habería unha variante STOVL e outra non-STOVL do P.125. Os dous tiñan un único turboventilador con posqueimador cunha tobeira traseira vectorial. A variante STOVL podería manter o voo vertical usando tres tobeiras de elevación a reacción. O piloto do P.125 sentaríase moi reclinado e non tería unha vista directa do exterior. Nos anos 90 o goberno británico decidiu unirse ao programa JSF (agora F-35) en vez de continuar co P.125.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Beckett, Neville (maio de 2008), "Britain's supersonic V/STOL", Aviation News, Key Publishing, ISSN 2047-7198