Bica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bica

Bica mantecada de Castro Caldelas (Ourense)
Orixe Galicia Galicia
Gastronomía Gastronomía de Galicia
Ingredientes
Orixe animal Ovo
Manteiga
Orixe vexetal Fariña
Condimentos Azucre
Vexetariano

A bica é un biscoito doce típico de elaboración artesanal de gran difusión en Galicia. É utilizada nos almorzos ou como acompañante á hora do café. En Ourense é habitual cortala en cubos e consumila acompañada de licor café .

As bicas ourensás máis célebres son a do Castro e a de Sas de Penelas (as dúas no concello de Castro Caldelas), a de Laza (concello de Laza), e a de Trives (concello de Pobra de Trives). A de Laza é tamén chamada "bica branca", porque emprega as claras dos ovos prescindindo das xemas.

A bica que se fai en Ourense, máis en concreto nos concellos de Avión e Beariz, así como en toda a zona do Ribeiro non é unha bica doce. Faise con fariña de millo e é parecida a unha empanada. Cócese debaixo dun testo cuberto de brasas e parece máis unha empanada ca un pan. Pódese encher coma as empanadas, aínda que non é normal facelo. Na provincia de Pontevedra, polo menos nos concellos de Arbo e Crecente, faise tamén este tipo de bica, aínda que se pode cocer encima dunha pedra da lareira ou da cociña de ferro. A cor da bica é amarela, e ten bastante codia, pois semella ser unha tortilla de patacas (redonda e esmagada).

Festas[editar | editar a fonte]

A festa da bica de Manzaneda celébrase o último domingo do mes de xullo no municipio da Pobra de Trives.

A "noite das bandeiras" (6 de setembro) dá comezo ás festas dos Remedios en Castro Caldelas. Durante o percorrido, a comitiva que engalana a vila oferece aos asistentes bica e licor café.



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre gastronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.