Baku Crystal Hall
Baku Crystal Hall | |
---|---|
Datos | |
Localización | Bacú, Acerbaixán |
Construción | |
Inauguración | 2012 |
Arquitecto | GMP International GmbH |
Custo | 350 millóns de $ |
Estadio | |
Capacidade | 25.000 espectadores |
Propietario | Concello de Bacú |
Eventos | |
Eurovisión 2012 Xogos Europeos de 2015 |
O Baku Crystal Hall (en azarí: Bakı Kristal Zalı) é un pavillón multifuncional que está situado na cidade de Bacú, Acerbaixán.
Historia[editar | editar a fonte]
O Baku Crystal Hall foi construído entre agosto do ano 2011 e abril do 2012 co fin de albergar o Festival de Eurovisión 2012. O 2 de agosto de 2011 comezou a construción. O 5 de setembro do mesmo ano anunciouse que o futuro estadio contaría cunha capacidade para 25.000 persoas. O final da obra anunciouse para o 31 de marzo de 2012, pero por problemas meteorolóxicos atrasouse ao 16 de abril.
Usos[editar | editar a fonte]
Concertos[editar | editar a fonte]
O evento máis importante da historia do pavillón deuse en maio de 2012 ao se celebrar aquí o Festival de Eurovisión 2012. Nese mesmo ano, Jennifer Lopez, Shakira e Rihanna tamén celebraron concertos. En marzo de 2013, Beyoncé celebrou tamén un concerto.
Cultura[editar | editar a fonte]
O Baku Crystal Hall acolleu o 6º Campionato do Mundo de e-Sports en novembro de 2014.
Deporte[editar | editar a fonte]
O Baku Crystal Hall albergará os Xogos Europeos de 2015. Neste evento será anfitrión das competicións de boxeo, karate, taekwondo, esgrima e voleibol.