Antonov An-28

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonov An-28
Tipoavión de pasaxeiros de curto alcance
FabricanteAntonov
Primeiro voosetembro de 1969
Principais usuariosAeroflot
Unidades construídas191
VariantesPZL M-28 Skytruck

O Antonov An-28 (designación da OTAN: Cash) é un bimotor turbohélice lixeiro desenvolvido a partir do Antonov An-14M. Foi o gañador dunha competición contra o Beriev Be-30 para ser usado por Aeroflot como avión de paseiros de curto alcance. Realizou o seu primeiro voo no mes de setembro de 1969.

Fabricáronse un total de 191 unidades, dos que no ano 2006 aínda estaban en servizo 68. Despois dunhas pequenas series de preprodución construídas por Antonov, foi licenzado á polaca PZL-Mielec. En 1993 PZL-Mielec desenvolveu a súa propia variante mellorada, o PZL M-28 Skytruck.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O An-28 é semellante ao An-14 en moitos aspectos, como a estrutura da á e as dúas derivas, pero ten unha fuselaxe máis grande e motores turbohélice en lugar dos motores de pistón do An-14. O An-28 voou por primeira vez como un An-14 modificado en 1969. O seguinte modelo de pre-produción non voaría ata 1975.

En configuración de pasaxe pode levar ata 15 persoas, ademais dos seus dous pilotos.[1] A fabricación foi transferida a PZL-Mielec no ano 1978. O primeiro avión de fabricación polaca non voaría ata 1984. O An-28 recibiría finamente a súa certificación soviética en 1986.

Variantes[editar | editar a fonte]

An-14A
A designación orixinal de Antonov para unha versión alongada e con dous turbohélices do An-14.
An-14M
Prototipo.
An-28
Transporte bimotor utilitario de curto alcance. Tres fabricados.
An-28RM Bryza 1RM
Avión de busca e rescate e ambulancia aérea.
An-28TD Bryza 1TD
Versión de transporte.
An-28PT
Variante con motores Pratt & Whitney que voou por vez primeira o 22 de xullo de 1993.

Operadores[editar | editar a fonte]

Operadores civís[editar | editar a fonte]

An-28 nun selo postal da URSS

Os principais operadores dos 16 avións Antonov An-28 que quedan en servizo con aeroliñas son:

Armenia
  • Skiva Air (2)
Rusia Rusia
Taxiquistán

Antigos operadores civís[editar | editar a fonte]

Estonia Estonia
 Kazakhstan
  • Avluga-Trans (11)
Kirguizistán
Moldavia Moldavia
Suriname
  • Blue Wing Airlines (operaba cinco dos que tres perdéronse en accidentes o 3 de abril de 2008, o 15 de outubro de 2009, e o 15 de maio de 2010)

Operadores militares[editar | editar a fonte]

Xeorxia Xeorxia
 Tanzania

Antigos operadores militares[editar | editar a fonte]

Djibuti Djibuti
Perú

Antigos operadores[editar | editar a fonte]

Unión Soviética Unión Soviética

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Green, W (1976). The Observer's Book of Aircraft. Frederick Warne & Co. p. 254. ISBN 0-7232-1553-7. 
  2. 2,0 2,1 Embraer, In association with. "2023 World Air Forces directory". Flight Global (en inglés). Consultado o 2023-10-09.