Antonio Iglesias González
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1914 Vigo, España |
Morte | 3 de abril de 1939 (24/25 anos) Teis, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista , membro da resistencia |
Antonio Iglesias González, nado en Vigo cara a 1914 e finado en Teis o 3 de abril de 1939, foi un sindicalista e guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Veciño de Lavadores. Ferreiro axustador. Membro do Sindicato Metalúrxico da CNT de Vigo e das Juventudes Libertarias. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia en Teis e Lavadores. Logo fuxiu ao monte integrándose no grupo de César Rosas Bermúdez. O 12 de abril de 1937 as autoridades franquistas organizaron unha batida en San Xoán do Monte na súa procura. Os veciños que os protexían, Jose Niebla García e Ángela Iglesias Rebollar, foron detidos e logo asasinados nas inmediacións do Monte da Guía. O 19 de abril foron localizados por unha delación e asasinados os compoñentes do grupo Olegario Collazo Lago, Leopoldo Comesaña Lorenzo e José López Rivas en San Xoán do Monte. O 3 de abril de 1939 cando estaba refuxiado con César Rosas Bermúdez na casa de Lucía Domínguez Eiroa no Toural, foron acurralados pola Garda Civil e suicidáronse.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). Positivas, ed. O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela. ISBN 84-87783-79-1.
- Abad Gallego, Xoán Carlos (2005). Héroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. ISBN 84-89599-33-5.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Rosas Bermúdez, César (1903-1939)
- A primeira guerrilla antifranquista galega (1936-1939): un esforzo malogrado Arquivado 21 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine..
- Antonio Iglesias González na páxina web Nomes e Voces.