Antonio García Varela
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de agosto de 1875 O Carballiño, España |
Morte | 30 de agosto de 1942 (67 anos) Madrid, España |
Director Real Jardim Botânico de Madrid (pt) | |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Salamanca Universidade Central |
Actividade | |
Ocupación | biólogo |
Membro de | |
Antonio García Varela, nado no Carballiño o 8 de agosto de 1875 e finado en Madrid o 30 de agosto de 1942, foi un científico galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo dun avogado, fixo o bacharelato en Ourense e estudou ciencias naturais nas universidades de Santiago de Compostela, Salamanca e Madrid. Discípulo de Ignacio Bolívar Urrutia, en 1895 foi destinado á Estación de Bioloxía Mariña de Santander. Especializado en entomoloxía, especializouse nos hemípteros da familia dos redúvidos nos Museos de Ciencias de París e Berlín e doutorouse coa tese Redúvidos africanos.
En 1905 obtivo a cátedra de ciencias naturais da Universidade de Santiago de Compostela, onde transformou o Gabinete de Historia Natural en museo. En 1909 constituíu e Santiago unha delegación da Real Sociedade Española de Historia Natural, encargada de organizar coleccións de historia natural de Galicia. En 1919 obtivo a cátedra de fisioloxía vexetal da Universidade Central de Madrid, e dedicouse á botánica. Formou parte da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas e tamén foi conservador do Museo de Ciencias Naturais de Madrid. En 1925 presidiu a Real Sociedade Española de Historia Natural e en 1930 foi nomeado director do Real Jardín Botánico de Madrid en substitución do seu mestre Ignacio Bolívar Urrutia, cargo que mantivo até 1937.
O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en Madrid, cidade que se negou a abandonar.[1] Foi apartado da súa cátedra.[2]
En 1938 foi elixido académico da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais. Morreu en 1942 sen tomar posesión. Tamén era membro da Societé Entomologique de France, da Societé Botanique de France e numerario da Academie International d'Histoire des Sciences.[3]
Obras[editar | editar a fonte]
- Redúvidos africanos, 1906.
- Contribución al estudio de los hemípteros de África: notas sobre coréidos del Museo de Madrid, 1913.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Maribel Outeiriño (3 de agosto de 2008). "Un sabio científico de O Carballiño". La Región (en castelán).
- ↑ Antonio García Varela na páxina web Nomes e Voces.
- ↑ "Excelentísimo Señor Don Antonio García Varela". Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de España.