Antonio Fernández Fernández (empresario)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Fernández Fernández
Biografía
Nacemento1878 Editar o valor em Wikidata
Barreiros, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de novembro de 1931 Editar o valor em Wikidata (52/53 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosAntonio Fernández López, Xosé Fernández López Editar o valor em Wikidata

Antonio Fernández Fernández, coñecido como Antón de Barreiros ou Antón de Marcos, nado en Barreiros (Sarria) en 1878 e finado en Lugo o 19 de novembro de 1931, foi un empresario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Marcos Fernández González, tratante de gando, que iniciou a súa actividade cos aforros procedentes da emigración a Cuba. O irmán de Marcos, Clemente, foi un dos pioneiros no negocio de embarque de gando vacún cara ao mercado catalán e madrileño,[1] comezando en 1883 co embarque de 40 reses para Madrid desde a estación de tren de Toral de los Vados (León). Clemente deixou o negocio en mans do seu irmán logo de partir cara ao norte de África e investir nas Minas do Rif. Alí foi conselleiro delegado e un dos principais accionistas da Sociedad Española de Minas del Rif, xunto co rei Afonso XIII, o conde de Romanones, o marqués de Comillas e o duque de Tovar. Tamén foi Deputado Provincial de Madrid e Conselleiro do Banco Mercantil e Industrial[2].

O capital de Antonio procedía do tráfico de gando cara á Península Ibérica. Era socio propietario do Gran Café Galicia da Coruña. Fixo construír un edificio na esquina da praza de Ángel Fernández, deseñado por Eloy Maquieira. Finou nun accidente de circulación cando viaxaba de Becerreá a Lugo o 19 de novembro de 1931.[3][4]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi pai de Antonio, Xosé, Manuel e Concepción Fernández López.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Carmona Badía (2006), p. 434
  2. "Aniversario del Sindicato Español de Minas del Rif" Arquivado 21 de novembro de 2009 en Wayback Machine., artigo en Melilla Hoy, 6 de xuño de 2007 (en castelán).
  3. La Voz de Galicia, 20-11-1931, p. 2, 4.
  4. La Región, 22-11-1931, , p. 6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]