Saltar ao contido

Antonio Bermúdez Leivas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Bermúdez Leivas
Biografía
Nacemento1880 Editar o valor em Wikidata
Riotorto Editar o valor em Wikidata
Mortedécada de 1940 Editar o valor em Wikidata (59/69 anos)
Alcalde de Riotorto
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmariño , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoIzquierda Republicana Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Antonio Bermúdez Leivas, nado en Riotorto cara a 1880, foi un mariño e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Piloto da mariña civil. Foi alcalde de Riotorto en 1917. Disparoulle a Vicente Fernández Díaz por cuestións políticas o 15 de setembro de 1918, foi acusado de homicidio frustrado e xulgado na Audiencia de Lugo en xullo de 1922.[1] Foi elixido alcalde de Riotorto en marzo de 1930.[2] Na Segunda República foi elixido concelleiro en 1931. Militou en Izquierda Republicana e volveu ser alcalde o 24 de xuño de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado como alcalde o 25 de xullo,[3] e foi detido o 20 de agosto. Xulgado en consello de guerra por rebelión na causa 321/37 co seu irmán Eugenio e Ramón Iglesias Valiña, foi condenado a cadea perpetua e estivo preso na prisión provincial de Lugo. Saíu en liberdade provisional por orde do Ministerio de Xustiza do 31 de maio de 1941.[4] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas,[5] e foi sancionado.[6]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Concepción Canto Lourido e foi pai de Elvira, Esther, Concepción e Antonio Bermúdez Canto.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Progreso, 7-7-1922, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 7-3-1930, p. 7.
  3. BOP Lugo, 16-1-1937, p. 2.
  4. BOE, 16-6-1941, p. 4368-4371.
  5. BOP Lugo, 24-7-1937, p. 1.
  6. BOP Lugo, 12-2-1941, p. 4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
?
 
Alcalde de Riotorto
 
1917 - 1918
Sucesor:
?


Predecesor:
Eugenio Alonso Ricoa
 
Alcalde de Riotorto
 
1930 - 1931
Sucesor:
?
Predecesor:
?
 
Alcalde de Riotorto
 
1936
Sucesor:
Gervasio Lamas Lourido