Antònia Vicens
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ca) Antònia Vicens i Picornell 1941 Santanyí, Illas Baleares |
6ª Presidenta da Asociación de Escritores en Lingua Catalá | |
1998 – 1999 ← Jaume Fuster (pt) – Jaume Pérez Montaner → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | lingua catalá |
Actividade | |
Ocupación | Escritora, xornalista e política |
Xénero artístico | Novela |
Lingua | Lingua catalá e lingua castelá |
Participou en | |
28 de marzo de 2022 | Defensem l’escola en català |
Familia | |
Fillos | Hèctor Hernández Vicens (en) |
Premios
| |
Antònia Vicens i Picornell, nada en Santanyí (Illas Baleares) en 1941, é unha escritora española en lingua catalá.[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O seu primeiro libro publicado, a recompilación de relatos Banc de fusta, foi premiado na pequena localidade de Cantonigròs en 1965. A súa seguinte novela, 39º a l'ombra, con todo, recibiu un premio destacado, o Sant Jordi de novela en 1967. O universo mallorquino proporcionou a fonte de inspiración principal para estes dous volumes e a obra posterior. En 1977 entrou a formar parte da xunta da Asociación de Escritores en Lingua Catalá (AELC) como vicepresidenta para as Illas Baleares.
Distinguida con diversos premios literarios, o recoñecemento global á súa carreira chegoulle coa Cruz de Sant Jordi en 1999 e a medalla Ramon Llull en 2004, á que renunciou en protesta pola política lingüística do goberno balear.
Os seus libros foron traducidos ao alemán e ao español.
Obra[editar | editar a fonte]
Narrativa breve[editar | editar a fonte]
- Banc de fusta (1968)
- Primera comunió (1980)
- Tots els contes (2005)
Novela[editar | editar a fonte]
- 39º a l'ombra (1968)
- Material de fulletó (1971)
- La festa de tots els morts (1974)
- La Santa (1980)
- Quilòmetres de tul per a un petit cadàver (1982)
- Gelat de maduixa (1984)
- Terra seca (1987)
- L'àngel de la lluna (infantil, 1997)
- Massa tímid per lligar (xuvenil, 1998)
- Febre alta (1998)
- Lluny del tren (2002)
- Ungles perfectes (2007)
Memorias[editar | editar a fonte]
- Vocabulari privat (1993, xunto con Josep Maria Llompart)
Premios literarios[editar | editar a fonte]
- 1967: Sant Jordi de novela por 39º graus a l'ombra
- 1981: Premio Cidade de Palma de novela por Quilòmetres de tul per a un petit cadàver
- 2018: Premio Nacional de Poesía porTots els cavalls.[3][4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Página de la autora en la Associació d'Escriptors en Llengua Catalana Arquivado 11 de abril de 2016 en Wayback Machine..
- ↑ La autora en Qui és qui de les lletres catalanes.
- ↑ Redacción/EFE (17 de outubro de 2018). "Antònia Vicens, Premio Nacional de Poesía por 'Tots els cavalls'". rtve.es (en castelán). Consultado o 8 de novembro de 2023.
- ↑ "Antònia Vicens, Premio Nacional de Poesía 2018". culturaydeporte.gob.es (en castelán). 17 de outubro de 2018. Consultado o 8 de novembro de 2024.