Angelina Mango

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAngelina Mango

(2024) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de abril de 2001 Editar o valor em Wikidata (23 anos)
Maratea, Italia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia Editar o valor em Wikidata
Altura164 cm Editar o valor em Wikidata
Peso57 kg Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosCastaño Editar o valor em Wikidata
Cor do peloCabelo castaño Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantautora , personalidade televisiva Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoItalo pop (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
maio de 2024Festival Eurovisão da Canção 2024 (pt) Traducir (7ª)
Amici di Maria De Filippi, season 22, end phase (en) Traducir
Amici di Maria De Filippi, season 22, start phase (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisMango (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Laura Valente (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm15364401 Facebook: angelinamangooo Twitter: angelinamango_ Instagram: angelinamango_ Youtube: UCb6_9_Z8QQSEVqvA0GOdTJQ TikTok: angelinamango__ Souncloud: angelinamango Spotify: 1A6HBLulvBFzNtlMb7b08f iTunes: 1539077662 Last fm: Angelina+Mango Musicbrainz: 7d10b972-fb3e-4880-8bab-f64cacc5f4da Discogs: 2392587 Allmusic: mn0003886223 Deezer: 77068852 Genius: Angelina-mango Editar o valor em Wikidata

Angelina Mango, nada en Maratea, Italia o 10 de abril de 2001, é unha cantautora italiana. En 2024 gañou o 74 Festival da Canción de Sanremo co tema La noia, co que representou Italia no Festival de Eurovisión 2024, en Malmö.[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

É filla do cantautor Pino Mango, coñecido simplemente como Mango,[2] e de Laura Valente, antiga cantante do grupo Matia Bazar. Angelina creceu en Lagonegro, na provincia de Potenza, co seu irmán maior Filippo, nacido en 1995; ambos comparten a paixón pola música, seguindo os pasos dos seus pais.[3][4] Na súa infancia foi influída musicalmente por The Rolling Stones, Nirvana e Aretha Franklin.[5]

En setembro de 2014 matriculouse no bacharelato científico (italiano: liceo scientifico) pero suspendeu os estudos tras a morte do seu pai en decembro daquel ano.[6][7] En 2016 trasladouse a Milán coa súa familia, onde retomou os seus estudos e comezou a cantar nun grupo co seu irmán, quen tocaba a batería.[8][9]

O 13 de novembro de 2020 lanzou o seu primeiro sinxelo Va tutto bene,[10] que anticipa o seu EP de debut Monolocale.[11] Durante o 2021 abriu os concertos da Parola Tour de Giovanni Caccamo e Michele Placido, actuando en novembro de 2021 durante a Semana da Música de Milán.[12] Nese mesmo período participou nas seleccións de Sanremo Giovani coa canción La tua buona colazione, pero non foi seleccionada entre os finalistas.[13][14]

Participación en Amici e o EP Voglia di vivere[editar | editar a fonte]

Angelina Mango en outubro de 2022 en Brescia durante o concurso Musica da bere

Tras asinar un contrato con Sony Music e comezar a escribir e producir novas cancións xunto co produtor Enrico Brun, en 2022 participou no Concerto do Primeiro de Maio en Roma[15] e no concurso musical Musica da bere, onde gañou o premio ao vivo.[16] Nese mesmo ano publicou algúns sinxelos, entre os que se atopan Formica,[17] Walkman (producido por Tiziano Ferro)[18] e Rituali (con Nashley).[19] En setembro de 2022 participou como convidada no programa musical de Rai 3 Via dei Matti n. 0.[20]

En novembro do mesmo ano foi admitida como competidora na vixésima segunda edición de Amici di Maria De Filippi, un programa de talentos emitido en Canale 5,[21] no que quedou segunda pero gañando a categoría de canto.[22] Grazas tamén a algúns concursos gañados durante o programa, tivo a oportunidade de abrir o concerto de Elisa no auditorio Parco della Musica de Roma o 28 de decembro, e de actuar no concerto de Canale 5 pola véspera de Aninovo.[23] Durante a súa participación en Amici, lanzou os sinxelos Voglia di vivere e Mani vuote.[24][25] O 12 de maio de 2023 publicouse o sinxelo Ci pensiamo domani, que precede ao EP Voglia di vivere publicado o 19 de maio de 2023.[26] O EP debutou na segunda posición na clasificación dos álbums da FIMI e obtivo un disco de ouro,[27] mentres que o sinxelo converteuse nun auténtico éxito da tempada estival de 2023 en Italia, situándose entre os dez primeiros postos da clasificación Top Singoli e sendo certificado come triplo platino.[28] Polo sinxelo Ci pensiamo domani gañou o premio Lunezia ao valor musical-literario.[29] Nos meses de xuño e xullo de 2023 participou nalgúns festivais organizados polas principais emisoras italianas de radio e televisión, entre elas Battiti Live e TIM Summer Hits.[30][31][32]

Voglia di vivere Tour e vitoria no Festival de Sanremo[editar | editar a fonte]

O 6 de outubro de 2023 lanzou o seu novo sinxelo Che t'o dico a fa'[33] que posteriormente alcanzou o disco de platino.[34] O 12 de outubro de 2023 arrincou desde Nápoles o Voglia di Vivere Tour, que esgotou as entradas nas principais clubs italianos.[35] Durante este período lanzouse o sinxelo inédito Fila indiana,[36] que forma parte da banda sonora da serie de televisión Noi siamo leggenda, emitida en novembro en Rai 2.[37]

En febreiro participou na 74 edición do Festival de Sanremo co tema La noia.[38] Durante a noite das covers (versións) do festival presentou xunto co cuarteto de cordas da Orquestra de Roma a súa propia interpretación de La rondine, canción do seu pai.[39] O 11 de febreiro de 2024 logrou a vitoria final, superando ao rapeiro Geolier con I p' me, tu p' te e á Annalisa con Sinceramente.[40] Pola canción La noia gañou tamén o premio Lucio Dalla da sala de prensa[41] e o premio Giancarlo Bigazzi, atribuído pola orquestra do Festival de Sanremo á mellor composición musical.[42] Á diferenza doutros festivais musicais concibidos para seleccionar o representante nacional no Festival de Eurovisión (como o Benidorm Fest), Sanremo é principalmente unha celebración da música italiana. Non obstante, desde o retorno de Italia á Eurovisión en 2011, converteuse nunha práctica habitual ofrecerlle ao gañador de Sanremo a oportunidade de ser o representante italiano, quen pode aceptar ou rexeitar. O día seguinte á vitoria, Angelina Mango confirmou oficialmente esta designación, converténdose na representante oficial de Italia no Festival de Eurovisión 2024, e na primeira muller en selo desde 2016.[43]

Discografía[editar | editar a fonte]

EP[editar | editar a fonte]

  • 2020 – Monolocale
  • 2023 – Voglia di vivere

Sinxelos[editar | editar a fonte]

  • 2022 – Formica
  • 2022 – Walkman
  • 2022 – Rituali
  • 2023 – Voglia di vivere
  • 2023 – Mani vuote
  • 2023 – Ci pensiamo domani
  • 2023 – Che t'o dico a fa'
  • 2023 – Fila indiana
  • 2024 – La noia

Colaboracións[editar | editar a fonte]

  • 2014 – Get Back (Mango con Angelina Mango, do álbum L'amore è invisibile)

Tours[editar | editar a fonte]

  • 2023 – Voglia di vivere Tour

Programas de televisión[editar | editar a fonte]

Nota[editar | editar a fonte]

  1. Corbo, Emanuele (11 de febreiro de 2024). "Sanremo 2024, la finale: vince Angelina Mango, secondo Geolier, terza Annalisa. La classifica finale e tutti i premi - FOTO". Il Fatto Quotidiano (en italiano). Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  2. "Chi è Angelina Mango: età, fidanzato, la morte del padre e il successo ad Amici". Today (en italiano). Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  3. "ARTISTA / Angelina Mango". Rolling Stone (en italiano). Consultado o 17/02/2024. 
  4. "Angelina Mango, chi è, biografia, storia". Mediaset Infinity. 2115-07-26. Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  5. Modeddu, Paolo (2020-11-13). "Angelina Mango: «Da mio padre spero di aver preso l'ironia»" (en italiano). Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  6. "Infarto sul palco durante il concerto Morto il cantante Mango". Corriere della Sera (en italiano). 12 de decembro de 2014. Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  7. "Amici, Angelina Mango parla della morte del padre: "È stato pesante, si è scatenato l'inferno e tutto era sotto le telecamere"". Il Fatto Quotidiano (en italiano). 2022-12-03. Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  8. Nasto, Vincenzo (8 de febreiro de 2024). "Chi è Angelina Mango, la figlia del cantante Mango a Sanremo 2024". Spettacolo Fanpage (en italiano). Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  9. "Angelina Mango". LaTarma (en italiano). Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  10. "√ Debutta con un EP Angelina, figlia di Mango e Laura Valente". Rockol (en italiano). Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  11. Raiola, Francesco (2020-12-08). "Angelina Mango all’esordio senza il peso dei genitori: “Ma a loro devo la mia passione”". Music Fanpage (en italiano). Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  12. Zanetti, Franco. "√ Milano Music Week 2021: chi è Angelina Mango, dal vivo a Rockol Ubiqo - Generazione Z Stage". Rockol (en italiano). Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  13. Gradi, Stefano (17 de maio de 2023). "Angelina Mango e “Voglia di vivere”: «Non bisogna solo pensare ai problemi, ma godersi la realtà, le cose che ci fanno stare bene»". TV Sorrisi e Canzoni (en italiano). Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  14. "Angelina Mango: «Fiera del mio cognome. Alcuni episodi mi hanno ferita. Ecco perché non canto canzoni di papà»". www.ilgazzettino.it (en italiano). 16 de maio de 2023. Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  15. "√ Primo Maggio 2022 a Roma, la videointervista ad Angelina Mango". Rockol (en italiano). Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  16. Pascoli, Andrea (17 de maio de 2023). "Angelina conquista tutti. Dopo "Amici" arriva "Voglia di vivere": il suo nuovo disco". la Repubblica (en italiano). Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  17. Cabona, Claudio. "√ Angelina Mango presenta il nuovo singolo "Formica"". Rockol (en italiano). Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  18. Cabona, Claudio. "√ Il nuovo brano di Angelina Mango è prodotto da Tiziano Ferro". Rockol (en italiano). Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  19. Zani, Simone (2022-10-11). "Angelina Mango e Nashley, in arrivo “Rituali”, nuovo singolo prodotto da Enrico Brun". imusicfun (en italiano). Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  20. "Via dei matti n. 0, una settimana con cantanti, musicisti e cantautori". RAI Ufficio Stampa. Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  21. Manca, Mario (21 de novembro de 2022). "Amici 22: Angelina Mango, figlia di Mango e Laura Valente, entra nel cast. E la polemica è servita". Vanity Fair Italia (en italiano). Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  22. "Amici 22, Angelina Mango vince nella categoria canto". Agenzia Dire (en italiano). 15 de maio de 2023. Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  23. Martino, Gaia (2022-12-31). "Capodanno in musica su Canale 5: la scaletta dei cantanti e degli ospiti con Federica Panicucci". Music Fanpage (en italiano). Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  24. Raiola, Francesco (2022-11-21). "Il testo e di significato di Voglia di vivere, l’inedito di Angelina Mango ad Amici 2022". Music Fanpage (en italiano). Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  25. Nasto, Vincenzo (14 de marzo de 2023). "Il testo e il significato di Mani Vuote, Angelina racconta le proprie mancanze ad Amici 22". Music Fanpage (en italiano). Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  26. "Angelina conquista tutti. Dopo "Amici" arriva "Voglia di vivere": il suo nuovo disco". la Repubblica (en italiano). 17 de maio de 2023. Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  27. Redazione (2023-08-21). "Angelina Mango disco d'oro per l'EP "Voglia di vivere" e nuovi sold out in tour". All Music Italia (en italiano). Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  28. "Angelina Mango: triplo disco di platino per "Ci Pensiamo Domani"". www.r101.it. Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  29. "Lunezia internazionale con Anggun Premi a Morgan e Angelina Mango Pantani testimonial contro l’azzardo". La Nazione (en italiano) (Massa-Carrara). 2 de agosto de 2023. Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  30. "Yoga Radio Bruno Estate a Ferrara". Radio Bruno (en italiano). Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  31. "La line-up della terza tappa del Tezenis Summer Festival 2023". www.105.net. Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  32. "Line up". Rds Summer Festival (en italiano). Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  33. Alicandri, Alessandro (2023-10-02). "“Che t’o dico a fa”: Angelina Mango e il suo nuovo singolo ricco di fascino". TV Sorrisi e Canzoni (en italiano). Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  34. "Angelina Mango: 'Che t’o dico a fa’ è certificato Disco di platino". Giornale di Puglia (en italiano). 2023-12-12. Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  35. "Angelina Mango, è tutto sold out il Voglia di Vivere Tour - Musica - Ansa.it". Agenzia ANSA (en italiano). 2023-10-09. Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  36. Diana, Luca (2023-11-24). ""Fila indiana" è il nuovo singolo di Angelina Mango: l'esibizione live a Milano (video)". www.rumors.it (en italiano). Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  37. Redazione (23 de novembro de 2023). "Esce a dicembre "Fila indiana" di Angelina Mango. Il brano sarà inserito in "Noi siamo leggenda"". All Music Italia (en italiano). Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  38. RAI (ed.). "Angelina Mango". Sanremo 2024 - 74° Festival della Canzone Italiana. Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  39. Conti, Andrea (9 de febreiro de 2024). "Sanremo 2024, Angelina Mango: “Cantare La Rondine di mio papà è un colpo al cuore. Sul palco quando canto queste canzoni voglio spogliarmi, voglio esserci davvero”". Il Fatto Quotidiano (en italiano). Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  40. "Angelina Mango, una donna vince il Festival di Sanremo 10 anni dopo Arisa". Spettacolo Fanpage (en italiano). 11 de febreiro de 2024. Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  41. "Sanremo 2024, ad Angelina Mango il premio della Sala Stampa Lucio Dalla". RAI Ufficio Stampa. Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  42. Drigo, Lorenzo. "Sanremo 2024: Premio Bigazzi alla Composizione musicale/ Angelina Mango trionfa: "Mi sento così piccola..."". www.ilsussidiario.net. Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  43. Borrego, Daniel; Campos, Patri (11 de febreiro de 2024). "Angelina Mango gana Sanremo y representará a Italia en Eurovisión 2024 con "La noia"". RTVE.es (en castelán). Consultado o 17 de febreiro de 2024.