Anderson Luiz de Carvalho
Nenê | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Anderson Luiz de Carvalho | ||
Nacemento | 19 de xullo de 1981 (42 anos) | ||
Lugar de nacemento | Jundiaí | ||
Altura | 1,81 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Fluminense | ||
Número | ? | ||
Carreira xuvenil | |||
1996–1997 | Bahia | ||
1997–1998 | Sporting de Lisboa | ||
1998–1999 | Corinthians | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1999–2001 | Paulista | 32 | (26) |
2001–2002 | Palmeiras | 24 | (5) |
2002–2003 | Santos | 22 | (8) |
2003–2004 | Mallorca | 29 | (2) |
2004–2006 | Alavés | 78 | (21) |
2006–2007 | Celta de Vigo | 38 | (8) |
2007–2010 | Monaco | 63 | (19) |
2008–2009 | → Espanyol (cedido) | 35 | (4) |
2010–2013 | Paris Saint-Germain | 122 | (48) |
2013– | Al-Gharafa | 6 | (3) |
Selección nacional | |||
2003 | Brasil sub-23 | 4 | (1) |
Na rede | |||
http://www.neneofficiel.com/ | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 4 de marzo de 2013. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Anderson Luis de Carvalho, coñecido coma Nenê, nado en Jundiaí (São Paulo) o 19 de xullo de 1981, é un futbolista brasileiro. Xoga de centrocampista e o seu actual equipo é o Al-Gharafa Sports Club.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a súa carreira futbolística no Juiandaí brasileiro, pasando apartir do ano 2002 por Palmeiras e Santos. Deu o salto a Europa no ano 2003 fichando polo RCD Mallorca, e tras unha experiencia non de todo boa nas illas ficha polo Deportivo Alavés de Dimitri Peterman onde sería a estrela, marcando 12 goles e certificando o ascenso do equipo de Vitoria a Primeira División.
A tempada 2005–06 o Alavés non conseguiría manterse en Primeira pero a nivel persoal foi moi bo ano para o xogador brasileiro, xogando tódolos partidos como titular e marcando 9 goles. Tralo descenso do seu equipo, Nené fichou polo Celta de Vigo polo prezo de 4,5 millóns de euros e ao canteirán Toni Moral, un grande esforzo económico para o club celeste.
No seu único ano en Vigo volveu a xogar tódolos partidos como titular tanto en Liga como na Copa da UEFA, indo as súas actuacións de menos a máis ao longo do ano, tendo un papel moi importante ao final da tempada aínda que non conseguiría salvar ao equipo do descenso a Segunda División.
Co segundo descenso consecutivo Nené volve cambiar de aires e tras negociar con clubs como Getafe CF ou Olympiakos ficharía polo AS Monaco FC polo prezo de 7 millóns de euros
Na tempada 2008–09 foi cedido ao RCD Espanyol volvendo ao ano seguinte a Mónaco nun gran nivel de forma, o cal lle valeu ao final de ano para fichar polo Paris Saint-Germain FC, club no que aínda milita.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1981
- Nados no estado de São Paulo
- Futbolistas do Brasil
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Paulista FC
- Xogadores do SE Palmeiras
- Xogadores do Santos FC
- Xogadores do RCD Mallorca
- Xogadores do Deportivo Alavés
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores do AS Monaco FC
- Xogadores do RCD Espanyol
- Xogadores do Paris Saint-Germain FC
- Xogadores do Al-Gharafa Sports Club