Amanda Walker
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de novembro de 1935 (88 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Actividade | |
Ocupación | actriz , actriz de cinema |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Nai | Madeleine Christie (en) |
Amanda Walker, nada o 29 de novembro de 1935, é unha actriz británica de cine e televisión. Destacan os seus papeis en filmes como 28 Weeks Later (como Sally), Heat and Dust, Pollyanna e Churchill and the Generals.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Filla da tamén actriz Madeleine Christie. Formouse na Escola Central de Discurso e Drama de Londres. Ela e o seu home Patrick Godfrey forman parte da xunta asesora da escola de teatro británico Cygnet Training Theatre, que se sitúa en Exeter, Devon.
A súa filla Kate Godfrey formouse nesa escola na década dos anos oitenta.