Alfonso García Rojo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de decembro de 1906 Villalpando, España |
Morte | 1997 (90/91 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , pedagogo |
Lingua | Lingua castelá |
Alfonso García Rojo, nado en Villalpando o 28 de decembro de 1906[1] e finado en Madrid en 1997, foi un mestre español residente en Galicia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou maxisterio en Pontevedra e Ourense. Foi mestre no Mourisco (Riós), e despois foi destinado a Parada de Sil, onde permaneceu tres anos. Alí puxo en marcha unha experiencia de educación graduada e coeducación coa mestra Rosa Pons i Fábregas. Pasou despois a Faramontaos (Nogueira de Ramuín) onde foi mestre dende 1934. Colaborou con artigos pedagóxicos en El Pueblo Gallego, Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido o 20 de setembro e marchou a Pontevedra. Permaneceu alí ata o seu retorno á docencia en 1963. Marchou despois a Cataluña, Cantabria e Madrid.
Obras[editar | editar a fonte]
- Alfonso García Rojo, mestre republicano da Ribeira Sacra. Relatos autobiográficos, 2008.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 12.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- García Rojo, Alfonso (2008). Alfonso García Rojo, mestre republicano da Ribeira Sacra. Relatos autobiográficos. Tórculo Edicións. ISBN 978-84-8408-496-9.