Alexander Rodchenko
(1935) | |
Nome orixinal | (ru) Александр Михайлович Родченкo |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 23 de novembro de 1891 (Xuliano) San Petersburgo, Rusia |
Morte | 3 de decembro de 1956 (65 anos) Moscova, Rusia |
Lugar de sepultura | Donskoe cemetery (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Ruso República Socialista Soviética Federativa de Rusia Unión Soviética |
Grupo étnico | Pobo ruso |
Educación | Qazan Art School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Fotografía, artes visuais, Vangardas, construtivismo e gráficos |
Lugar de traballo | París Kazán Moscova |
Ocupación | pintor , deseñador , tipógrafo , artista visual , deseñador gráfico , escultor , arquitecto , fotógrafo , artista gráfico |
Xénero artístico | Figure (en) , Arte abstracta, retrato, Abstracción xeométrica, arte de xénero e Arte de paisaxes |
Movemento | Construtivismo, Cubismo e Suprematismo |
Lingua | Lingua rusa |
Representante | Artists Rights Society |
Participou en | |
18 de maio de 1929 | Film und Foto (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Varvara Stepanova |
Aleksander Mikhailovich Rodchenko (en ruso: Алекса́ндр Миха́йлович Ро́дченко), nado o 5 de decembro de 1891 e finado o 3 de decembro de 1956, foi un artista, escultor, fotógrafo e deseñador gráfico ruso. Foi un dos fundadores do construtivismo e do deseño ruso. Estivo casado coa artista Varvara Stepanova.
Rodchenko foi un dos artistas máis versátiles do construtivismo e do produtivismo en aparecer tras a Revolución Rusa. Traballou como pintor e deseñador gráfico antes de dedicarse á fotomontaxe e á fotografía. A súa fotografía foi socialmente comprometida, formalmente innovadora e oposta á estética pictórica. Preocupado pola necesidade de series de fotos analíticas-documentais, adoitaba a disparar aos seus suxeitos dende ángulos raros, normalmente dende moi arriba ou moi abaixo del, para sorprender ao espectador e atrasar o recoñecemento. Escribiu: "Un ten que tomar varias fotos diferentes dun suxeito, dende diferentes puntos de vista e en diferentes situacións, como se un o examinase ao redor en vez de velo unha e outra vez a través da mesma pechadura".