Albará
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/45/Quelle_Lieferschein_1978.jpg/220px-Quelle_Lieferschein_1978.jpg)
O albará[1] é unha nota de entrega ou documento mercantil que acredita a entrega dunha mercadoría mediante a sinatura da persoa que a recibe.
Por medio do albará o comprador pode controlar as mercadorías que recibe coa posterior facturación e o vendedor co duplicado ten constancia da entrega da mercadoría e pode confeccionar a factura.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para albará.