Adrián López Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAdrián López Álvarez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de xaneiro de 1988 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
Teberga, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura183 cm Editar o valor em Wikidata
Peso73 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2005 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2005-2006 Real Oviedo 30(4)
2006-2011 Deportivo da Coruña 92(13)
2008-2008cesión Deportivo Alavés 10(3)
2008-2009cesión Málaga Club de Fútbol 28(3)
2011-2014 Atlético de Madrid 90(11)
2014-2019 Futebol Clube do Porto 25(1)
2015-2016cesión Villarreal Club de Fútbol 16(4)
2017-2017cesión Villarreal Club de Fútbol 15(2)
2017-2018cesión Deportivo da Coruña 30(9)
2019-2021 Club Atlético Osasuna 43(3)
2022-2022 Málaga Club de Fútbol 2(0) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
2005-2005   selección de fútbol sub-17 de España 1(0)
2007-2007   selección de fútbol sub-20 de España 5(5)
2007-2007   Selección de fútbol sub-19 de España 3(3)
2007-2011   Selección de fútbol sub-21 de España 19(9)
2012-2012   España 2(1)
2012-2012   Selección de fútbol sub-23 de España 5(0) Editar o valor em Wikidata
Participou en
2012Xogos Olímpicos de 2012 Editar o valor em Wikidata

Twitter: adrian7oficial FIFA: 271035 UEFA: 1902640 Editar o valor em Wikidata

Adrián López Álvarez, nado en Teberga (Asturias) o 8 de xaneiro de 1988, é un futbolista español. Xoga de dianteiro e o seu equipo actual é o CA Osasuna da Liga Santander.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira como futbolista no Oviedo, debutando en Segunda División B con tan só 17 anos, na tempada 2005/06, da man de Antonio Rivas. Disputou un total de 30 partidos e marcou 3 goles.

No verán de 2006, cando aínda tiña 18 anos, foi fichado polo Deportivo da Coruña. Anotou o seu primeiro gol en Primeira División nun partido de Liga contra o FC Barcelona nunha grande internada polo centro que culminou ante o porteiro Víctor Valdés o 31 de marzo de 2007.

A tempada 2007/08 comezouna no Deportivo, aínda que se foi cedido ao Deportivo Alavés de Segunda División no mercado de inverno,[1] onde anotou tres goles que axudaron ao equipo vitoriano a manter a categoría.

Na campaña 2008/09 foi cedido novamente, esta vez ao Málaga CF,[2] onde marcou tres goles en 28 partidos xogados, o primeiro deles o 28 de setembro de 2008 contra o Real Valladolid.

A partir da tempada seguinte regresou ao Deportivo, conseguindo afianzarse no equipo titular e mellorando as súas cifras goleadoras. Na tempada 2010/11 foi o máximo goleador do equipo con 8 goles. Con todo, o equipo coruñés terminou descendendo a Segunda División ao final desa campaña.

O 11 de agosto de 2017 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña, cedido polo FC Porto durante unha temporada con opción de compra.[3]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa Selección de fútbol Sub-20 de España. Actualmente é convocado habitualmente para os partidos da Sub-21. En maio de 2011 foi convocado para xogar a Eurocopa sub-21, celebrada en Dinamarca en xuño do mesmo ano, onde se proclamou campión e máximo goleador do torneo con cinco goles.[4]

Participacións en Copas do Mundo[editar | editar a fonte]

En 2007 disputou a Copa Mundial de Fútbol Sub-20 coa selección española no Canadá. Adrián foi un dos estandartes da selección, obtendo a Bota de Prata do mundial con 5 goles.

Mundial Sede Resultado
Copa Mundial de Fútbol Sub-20 de 2007 Canadá 8° de final
Europeo de Fútbol Sub-21 de 2009 Suecia Fase de grupos

Palmarés[editar | editar a fonte]

Club[editar | editar a fonte]

Título Club Ano
UEFA Europa League Atlético de Madrid 2012
Copa do Rei Atlético de Madrid 2013
Primeira División Atlético de Madrid 2014

Selección[editar | editar a fonte]

Campionatos internacionais[editar | editar a fonte]

Título Club Ano
Eurocopa Sub-21 Selección española 2011

Distincións individuais[editar | editar a fonte]

Distinción Ano
Bota de Prata da Copa Mundial de Fútbol Sub-20 2007
Bota de ouro da Eurocopa sub-21 2011
Mellor xogador da Eurocopa sub-21 2011

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Adrián López do Deportivo marcha cedido ao Alavés". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2012. Consultado o 23 de xuño de 2011. 
  2. "Adrián López xogará cedido no Málaga". Consultado o 23 de xuño de 2011. 
  3. "Adrián López, novo xogador do Deportivo para a Temporada 2017-2018". Deportivo da Coruña. 11 de agosto de 2017. 
  4. "A sub-21 tamén reina en Europa". Consultado o 25 de xuño de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]