Acción Obrera
Acción Obrera | |
---|---|
Fundación | xullo de 1918 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Pontevedra |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Acción Obrera foi un periódico aparecido en Pontevedra de 1918 a 1919.
Características[editar | editar a fonte]
Apareceu o 6 de xullo de 1918. Dirixido por Ramiro Paz Carbajal. Periódico quincenal de carácter obreirista e societario, exerceu de voceiro do Centro Obrero de Pontevedra, dando cabida no seu contido ao acontecer das sociedades de resistencia dende unha postura de independencia das opcións partidarias. Influído polo ideario socialista, mantivo distancia coa Agrupación pontevedresa do PSOE. Incluíu a sección Rimas rebeldes con colaboracións literarias. Fusionouse con Aurora Roja para dar lugar a Nueva Aurora.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Acción Obrera". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Marco, Aurora (2003). Ramiro Paz Carbajal 1891-1936. Unha vida segada pola barbarie. Noia: Toxosoutos. pp. 32–39. ISBN 84-96259-03-X.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.