Zimbabwe Broadcasting Corporation
Zimbabwe Broadcasting Corporation | |
---|---|
Inicio das emisións | 1980 (substituíu a ZRBC) |
Propiedade de | Goberno de Cimbabue |
País | Cimbabue |
Lingua | inglés, shona e ndebele. |
Sede central | Harare |
Nome(s) anterior(es) | Rhodesian Broadcasting Corporation e Zimbabwe Rhodesian Broadcasting Corporation |
Na rede
| |
www.zbc.co.zw |
Zimbabwe Broadcasting Corporation (ZBC) é a empresa de radiotelevisión estatal de Cimbabue. Sucedeu á Zimbabwe Rhodesian Broadcasting Corporation (ZRBC) en 1980, a cal á súa vez sucedeu á Rhodesian Broadcasting Corporation (RBC) en 1979. Do mesmo xeito que a RBC durante o goberno de minoría branca encabezado por Ian Smith, a ZBC foi acusada de ser o portavoz do réxime de Robert Mugabe, co cal non tería independencia editorial.
Radio[editar | editar a fonte]
A ZBC opera catro cadeas de radio, as cales posúen programas de noticias, asuntos internos, programación educativa e música, en inglés, shona e ndebele.
Televisión[editar | editar a fonte]
A televisión foi introducida á entón Rodesia do Sur en 1960. Foi o primeiro servizo televisivo da rexión, dado que en Suráfrica non se introduciu a televisión ata 1976. RBC TV era un servizo comercial que emitía publicidade, malia que tamén se sustentaba mediante o pago de impostos. A recepción televisiva está restrinxida ás grandes cidades, e a maioría da audiencia provén da minoría branca. Posiblemente o director máis coñecido da RBC fose o Dr. Harvey Ward.
A televisión en cor foi introducida en 1984, cunha segunda canle, dispoñible só en Harare, que foi introducido en 1986. Esta canle foi descontinuada en 1997 e substituído pola primeira canle independente de Zimbabwe, coñecido como Joy TV. Esta canle transmitiu ata 2002, cando estivo sumido nunha controversia por deixar de pagar os impostos e licenzas a ZBC.[1]
O principal boletín de noticias de ZBC TV comeza cun home en vestimentas tradicionais golpeando un tambor.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de decembro de 2010. Consultado o 08 de marzo de 2014. Arquivado 27 de decembro de 2010 en Wayback Machine.