Yesterday Will Make You Cry

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Yesterday Will Make You Cry
Autor/aChester Himes
OrixeEstados Unidos
Linguainglés
Xénero(s)Novela
EditorialW. W. Norton & Company
Data de pub.1999
FormatoTapa branda
Páxinas363
ISBNISBN 0-393-31829-X
editar datos en Wikidata ]

Yesterday Will Make You Cry ("O pasado farate chorar") é unha novela escrita por Chester Himes, publicada por vez primeira en 1999. O autor comezou a escribir o texto en 1937, dous anos despois de saír do cárcere e cando non publicara aínda novela algunha. Logo de catro revisións e bastante alterada, foi publicada en 1953 co título de Cast the First Stone ("Tirar a primeira pedra"), sendo publicada con este título logo da súa morte.

Trama[editar | editar a fonte]

Jimmy Monroe é un rapaz de 19 anos, que ingresa no cárcere logo dun asalto a man armada en Chicago. Bota seis anos en prisión, e o seu paso polo sistema penitenciario do estado pon a proba a súa cordura, a súa capacidade de sufrimento e a súa definición de amor. Trata tamén o racismo, a homosexualidade e a corrupción.

O personaxe de Jimmy ten moitas características en común co propio Chester Himes, salvando que o protagonista da novela é de raza branca. O escritor naceu en Missouri o 29 de xullo de 1909, e personaxe o 14 de agosto dese mesmo ano. Estuda no instituto de Cleveland (Ohio) e na Universidade de Columbus, de onde foi expulsado en 1926 trala súa detención por participar nun roubo. Por aquel entón desenvólvese en ambientes delituosos e do xogo. Evita o cárcere, pero, dous anos despois, ingresou en prisión por roubo a man armada cunha condena de 20 anos. Durante o seu encerro comezou a escribir relatos curtos e a publicalos en revistas. É posto en liberdade en 1935.

Narración[editar | editar a fonte]

A obra está narrada en terceira persoa. A trama desenvólvese de forma lineal, aínda que hai algunhas analepses a sucesos acontecidos na súa infancia e mocidade.