Xulio Maside
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1933 Vigo, España |
Morte | 11 de abril de 2022 (88/89 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | pintor |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Familia | |
Cónxuxe | María Esther Rodríguez Losada |
Xulio Maside Medina, nado en Vigo en 1933 e finado o 11 de abril de 2022 en Santiago de Compostela[1], foi un médico anestesista e pintor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Realizou múltiples mostras, con tendencia ás actuacións colectivas. Interesado pola problemática social dos artistas, presidiu durante os anos 70 e 80 a Asociación Galega de Artistas Plásticos.
Abordou o seu traballo coas máis diversas posibilidades técnicas, case sempre combinadas: debuxo, pintura, collage, mixtas, sempre ó servizo do seu discurso expresivo.
Era sobriño do pintor Carlos Maside. Residiu os últimos anos en Santiago de Compostela.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Falece Xulio Maside, figura chave da pintura galega da segunda metade do século XX". Nós Diario. 11 de abril de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Diccionario enciclopédico galego universal. La Voz de Galicia. 2003-2004. ISBN 84-7680-429-6.
- Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 295.
- Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Fonte, Ramiro et al. (2005). "Maside Medina, Xulio". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Bibliografía de pintura gallega en Pintoresgallegos.com (en castelán).
- Fundación Eugenio Granell