Xan Arias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXan Arias
Biografía
NacementoMadrid Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Xan Arias-Andreu Rodríguez, nado en Madrid, é un escritor e editor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estableceuse na Galiza da meirande parte dos seus antepasados desde mediados dos anos 80. Desenvolveu a súa actividade profesional en diferentes gabinetes de prensa institucionais, como a xefatura de prensa da Consellería de Cultura na época de Alfredo Conde e a de diversos simposios e eventos culturais. Foi director e presentador dos programas Nós e Itinerario Máxico en Radio 4 de RNE en Galiza e colaborou en diversos medios de comunicación (La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, El Progreso e A Nosa Terra, entre outros).

Fundou e dirixe a Editorial Trifolium, traballo que compaxina co seu labor de asesor de prensa na Delegación Provincial de Cultura e Deporte na Coruña.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Millenium en Compostela. 18 voces no Camiño de Santiago, 2003, Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago.

Edicións[editar | editar a fonte]

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Viajeros por Galicia, 1998, Ediciós do Castro. En 2011 publicouse a versión en galego, Viaxeiros por Galicia, na Editorial Trifolium, con tradución de Enrique Sánchez.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Viaxeiros por Galicia". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-27. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]