Wikipedia:Wikiproxecto A Galipedia na aula/Guía para a introdución de contido na Galipedia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dificultade de planificación sostible nun proxecto en crecemento[editar a fonte]

A Galipedia é un proxecto dinámico, e cunha velocidade de crecemento considerable. A introdución coordinada de contido desde as institucións académicas (como Institutos de Educación Secundaria) ha de ter isto en conta. Así, dificilmente resultará sustentable que miles de alumnos de diferentes cursos, ano tras ano, acheguen contido aos artigos relevantes para o seu currículo, por exemplo en artigos como Integral ou Isabel a Católica. Inevitablemente, este tipo de accións saturarían rapidamente toda a área que pode cubrir o programa de educación secundaria. Se a acción se leva a cabo de forma coordinada, probablemente a maioría de alumnos e de institutos se atopen con que o traballo que tiñan planeado xa foi feito por outros. Isto, que sería bo para a Galipedia, sería desastroso para os plans de educación, xa que faría inútil a planificación do traballo.

Primeira etapa: Artículos locais[editar a fonte]

Unha posibilidade de introdución sustentable -polo menos durante 4 ou 5 cursos escolares- de contido na Galipedia é a creación de artigos locais. Un sobre o propio instituto, outro sobre o barrio ou pobo no que está ese instituto. Con gran frecuencia, será posible atopar unha lista de persoeiros do barrio ou do pobo, así como das súas principais obras, que tamén merezan un artigo. Noutros casos, poderanse dedicar artigos ó personaxe que dá nome ao instituto, ou ás obras humanas ou accidentes naturais que queden próximas ao pobo ou cidade. Estendendo a idea, poderíanse incluso abarcar as "poboacións irmandadas" co pobo ou cidade.

A vantaxe deste método é que é posible a súa imitación sen un solapamento crítico de áreas de interese. Tamén é algo bo para a Galipedia, xa que implica a creación de miles de artigos (que, cos anos, serán de excelente calidade) sobre cada cidade, barrio e pobo no que haxa un instituto de educación secundaria, así como doutros temas relacionados. Finalmente, é bo para as rexións participantes, como un acto de promoción cultural xa que desta forma, todos os persoeiros e as súas obras, e todas as obras humanas e accidentes naturais da rexión terán artigos excelentes.

Enriquecemento curricular[editar a fonte]

Probablemente, si sexa posible o traballo en artigos non locais, pero soamente como acción non coordinada: os profesores poden recomendar o traballo na Galipedia a aqueles alumnos que, pola súa capacidade, necesiten estímulos curriculares especiais, ou ben como forma de preparar traballos extraordinarios para subir nota. Esta sería unha actividade minoritaria e non coordinada, cunha participación moito máis restrinxida, que abarcaría ademais artigos non necesariamente incluídos no currículo básico de educación secundaria.

Por unha banda, por tanto, a actividade sería moito menor. Por outra, o campo de traballo sería moito maior. Finalmente, ao ser unha acción non coordinada de forma central, os profesores poden adaptala ás necesidades do momento: nos casos nos que vexan que é posible a creación ou mellora dun artigo que poida resultar interesante para un alumno en concreto, poden aconsellala.

Profesores de idiomas[editar a fonte]

Wikipedia é multilingüe. Os profesores de idiomas poden propor actividades de tradución de artigos noutras linguas, que non existan na Galipedia ou ben sexan simples esbozos. En coordinación cos profesores doutras materias, poderíanse elixir aqueles temas que se estean desenvolvendo nun momento dado, o que axudaría a un mellor desenvolvemento curricular.

Resultan de gran interese a tradución dos artigos destacados noutras wikipedias, xa que polo xeral son de gran calidade. Desde esta páxina pódense atopar as ligazóns aos artigos destacados noutros idiomas.