Wikipedia:Sobre Galicia/Propostas/Vigo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo. Resultado: 5 votos a favor e ningún en contra.
Vigo[editar a fonte]
- Información: proposto por Elvira.
MÉRITOS DO ARTIGO: É un artigo mui completo, redirixe a moitos artgos, leva imaxes e taboas de datos. Non ten referencias e bibliografía suficientes, necesitaria algúns arranxos. Sen atopar artigos ideaís, penso co artigo, revisado un pouquiño por galeofalantes non desprecia a Galipedia na Portada ( por demaís ten un montón de interwikis)--Elvira (conversa comigo) 18:56, 20 febreiro 2010 (UTC)
- A favor
- Concordo. --Elvira (conversa comigo) 18:56, 20 febreiro 2010 (UTC)
- Concordo Aínda que viría ben unha pequena revisión. --Alberte Si, dígame? 18:38, 23 febreiro 2010 (UTC)
- Concordo--Hugo22 18:38, 23 febreiro 2010 (UTC).
- Concordo Un artigo completísimo aínda que teña que face-las observacións que escribo como "comentario". Pedro --Lameiro (conversa) 19:27, 24 febreiro 2010 (UTC)
- Concordo, mal que me pese, como pontevedrés :) --Estevo(aei)pa o que queiras... 01:55, 25 febreiro 2010 (UTC)
- Comentarios
- Comentario No artigo hai demasiado cariño, demasiado viguismo. Repite demasiadas veces que Vigo é a mellor cidade de Galicia (e de parte do estranxeiro), con mellores vistas, mellores praias, mellor marisco, con máis peixe, máis industria e máis movida nocturna. Este tipo de afirmacións non son enciclopédicas e só están referenciadas cando se trata da praia de Rodas como "a máis fermosa do mundo". Non sei se será a cidade non capital máis grande, se o seu microclima é especial, se a súa importancia como porto pesqueiro se debe a "peixe para consumo humano" ou en "volume de descarga de peixe" (afírmanse as dúas cousas), se a colección Caixanova é a máis importante do mundo, etc., etc., pero creo que esas afirmacións tipo Guiness habería que referencialas (no tempo e na fonte). As "impresionantes postas de sol", as "excelentes vistas sobre as Rías Baixas", as "excelentes condicións naturais" de Vigo, poderán ser moi certas para un vigués, pero tanto como pode afirmalo os naturais de tantas outras cidades e pobos galegos. O da "mellor gastronomía do país" é xa unha pasada. Hai máis cousas pero tempo haberá de seguir falando. Vou limitarme á corrección lingüística. Pedro --Lameiro (conversa) 19:27, 24 febreiro 2010 (UTC)
- Comentario Molaría que de paso aproveitaras para corrixir iso que dis. Son vigués, pero é demasiado esaxerado como dis. se non, cando teña tempo a ver se me poño eu tamén ó choio. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 19:45, 24 febreiro 2010 (UTC)
- Comentario Pois xa empecei a eliminar textos eloxiosos e outros inactuais; para evitar susceptibilidades e perder un traballo que se pode reaproveitar, pasei estes parágrafos suprimidos á conversa. Sería bo que repasedes o texto por se puiden pasarme nestas correccións e borrados. Vede tamén a páxina de conversa do artigo. Pedro --Lameiro (conversa) 21:42, 24 febreiro 2010 (UTC)