Wikipedia:Máquina do tempo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á máquina do tempo da Galipedia.

Estes son os temas dos que falabamos na portada, hai dez anos.
 

Xosé María Díaz Castro nado no lugar do Vilariño (Os Vilares, Guitiriz) o 19 de febreiro de 1914 e finado en Lugo o 2 de outubro de 1990, foi un poeta e tradutor galego. O 4 de novembro de 1973 foi nomeado correspondente da RAG e o instituto de Guitiriz IES Poeta Díaz Castro leva o seu nome.

A Real Academia Galega decidiu adicarlle, coincidindo co centenario do autor, o Día das Letras Galegas do ano 2014. Os outros escritores propostos foron Ricardo Carvalho Calero, Xosé Filgueira Valverde, Fiz Vergara Vilariño e Ramón de Valenzuela.

O salto de esquí é un deporte olímpico de inverno creado en Noruega a principios do século XIX. Espallouse por Europa e América do Norte a principios do século XX principalmente por medio de Sondre Norheim, considerado o pioneiro do esquí moderno.

Deporte maioritariamente masculino durante varias décadas, o salto de esquí comezou a ter gran participación feminina na década de 1990, mais a primeira competición oficial recoñecida pola Federación Internacional de Esquí non tivo lugar ata 1998 en Suíza. Logo dun intento frustrado de incluílo nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2010, as mulleres participaron por primeira vez nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 celebrados en Sochi (Rusia).


Templo de Zeus Olímpico en Atenas (Ática, Grecia).
Vexa o artigo Acrópole de Atenas
Carl von Linné


Vexa máis efemérides do día de hoxe