Wikipedia:Efemérides destacadas/19 de maio
- 1536, decapitan a Ana Bolena (na imaxe), a segunda esposa de Henrique VIII, na Torre de Londres.
- 1593, nace Jacob Jordaens, pintor flamengo (m. 1678)
- 1864, morre Nathaniel Hawthorne, novelista e escritor de historias curtas norteamericano (n. 1804).
- 1890, nace Ho Chi Minh, líder da independencia de Vietnam (m. 1969).
- 1935, morre Thomas Edward Lawrence, coñecido como Lawrence de Arabia, oficial de enlace británico durante a sublevación árabe de 1916 a 1918 (n. 1888).
- 1951, nace Joey Ramone, cantante da banda de rock The Ramones (m. 2001).
- 1967, morre María Mariño, escritora galega (n. 1907)