Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Lista de xogadoras do equipo olímpico de hóckey sobre xeo do Canadá
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Lista de xogadoras do equipo olímpico de hóckey sobre xeo do Canadá (2018)[editar a fonte]
Votación PECHADA: Aprobado
Período de votación: 15 de xaneiro de 2018 - 14 de febreiro de 2018
SI: 5 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Aprobado |
- Proposto por: Elisardojm (conversa) 15 de xaneiro de 2018 ás 09:02 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 15-01-2018 ata o 14-02-2018.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo completo, con referencias e con gran cantidade de imaxes. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de xaneiro de 2018 ás 09:02 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Elisardojm (conversa) 15 de xaneiro de 2018 ás 09:02 (UTC)[responder]
- Concordo. --AMPERIO (conversa) 26 de xaneiro de 2018 ás 11:56 (UTC)[responder]
- Concordo, a ver se alguén máis se anima a votar e sacamos todas as propostas para superar sobradamente a marca. Piquito (conversa) 5 de febreiro de 2018 ás 19:02 (UTC)[responder]
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 9 de febreiro de 2018 ás 08:33 (UTC)[responder]
- Concordo.--Miguelferig (conversa) 9 de febreiro de 2018 ás 11:09 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
- Gran parte das ligazóns usadas nas referencias están mortas, incluíndo a 26 e 27, usadas como principais referencias para a lista. Hai entradas bibliográficas non usadas como referencias. ☣Banjo tell me 15 de xaneiro de 2018 ás 09:27 (UTC)[responder]
- Banjo, xa está amañado. Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de xaneiro de 2018 ás 12:38 (UTC)[responder]
- Comentario Sigo pensando que a falta dos artigos, debería polo menos haber unha imaxe das xogadoras. --AMPERIO (conversa) 25 de xaneiro de 2018 ás 18:29 (UTC)[responder]
- Comentario AMPERIO, engadín doce novas fotos, porén o resto é imposible de conseguilas nestes momentos porque non hai fotos libres delas, faltan trece. E se facemos os artigos desas trece para compensar, que che parece a idea? Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de xaneiro de 2018 ás 22:30 (UTC)[responder]
- Comentario. Moi boa idea. Grazas por buscar esas fotos. --AMPERIO (conversa) 26 de xaneiro de 2018 ás 11:56 (UTC)[responder]
Lista de xogadoras do equipo olímpico de hóckey sobre xeo do Canadá (2016)[editar a fonte]
Votación PECHADA: non aprobado
Período de votación: 16/5/2016 - 15/6/2016
SI: 2 — NON: 3 — NEUTRO: 2 — CONCLUSIÓN: non aprobado |
- Proposto por: Piquito (conversa) 16 de maio de 2016 ás 23:29 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 16-05-2016 ata o 15-06-2016.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo traducido e adaptado do homónimo da Wikipedia en lingua inglesa, onde xa é artigo de calidade. Ao contrario do que ocorre co artigo de orixe, neste caso a información está actualizada, incluíndo os rexistros dos Xogos Olímpicos de Sochi 2014. O artigo está ben referenciado, ilustrado, conta con bibliografía e ligazóns de interese, ligazón ao portal relacionado que xa temos, a Commons, categorización. Tema relacionado coa muller (sería bo darlle maior visibilidade e este pode ser un paso, tan só hai un artigo de calidade sobre mulleres, e outro case ten a distinción), presenta unha lista detallada coas estatísticas das xogadoras que vestiron a camisola da mellor selección feminina de hóckey sobre xeo. Desgraciadamente non hai entrada de ningunha xogadora a día de hoxe (tampouco de xogadores), xa que este tema non está moi traballado na Galipedia, porén iso non quita que os contidos cumpran con todos os requisitos de calidade, os artigos xa se irán facendo. --Piquito (conversa) 16 de maio de 2016 ás 23:29 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --ArtaiGZ (conversa) 19 de maio de 2016 ás 09:39 (UTC)[responder]
- Concordo --Norrin (Fálame) 31 de maio de 2016 ás 12:38 (UTC)[responder]
- En contra
# Discordo, sobre todo se os artigos de calidade van formar parte da portada. Aínda que está actualizado, a estética non é boa; as táboas deixan demasiado espazo en branco entre o texto. --ArtaiGZ (conversa) 17 de maio de 2016 ás 20:38 (UTC)[responder]
- Discordo --Atobar (conversa comigo) 17 de maio de 2016 ás 18:28 (UTC)[responder]
- Discordo--Angeldomcer (conversa) 19 de maio de 2016 ás 08:36 (UTC)[responder]
- Discordo. Explico no comentario. --AMPERIO (conversa) 14 de xuño de 2016 ás 10:19 (UTC)[responder]
- Neutros
- Neutro Dada a extensión do artigo e o seu número de referencias creo que cadraría mellor propoñelo para artigo bo, xa que trata o tema dunha forma completa pero "pero sen chegar ó detalle e extensión dun artigo de calidade". Tamén precisa de revisión de lingua (corrixín algúns erros pero pode que aínda quede algún por aí solto). --Chairego apc (conversa) 17 de maio de 2016 ás 15:12 (UTC)[responder]
- Neutro. --Gobraves (conversa) 6 de xuño de 2016 ás 11:19 (UTC)[responder]
- Comentarios
- Abro a votación aínda que as do osíxeno e Penderecki non teñen os cinco votos porque en ambos casos tan só resta un para que poidan ser artigos de calidade. Piquito (conversa) 16 de maio de 2016 ás 23:31 (UTC)[responder]
- Chairego apc, discordo absolutamente co que expós, o artigo é moi completo, ten máis contidos incluso dos necesarios, non é un artigo sobre a selección feminina do Canadá, é unha lista coas xogadoras, a amais de presentar a todas e cada unha das xogadoras que vestiron a camisola canadense nos XXOO presenta tamén as súas estatísticas, no cabezado preséntase un breve resumo das participacións do equipo nos XXOO, a controversia pola diferenza de nivel de Canadá e EEUU respecto do resto de equipos (especialmente nas primeiras edicións). Creo que avaliar os artigos polo tamaño e o número de referencias é un erro, por exemplo: Laika "pesa" menos e ten menos referencias que este artigo e ninguén discute a súa calidade ou apunta a que debería ser artigo bo e non de calidade, simplemente o tema dá para o que dá, pasará sempre, non é o mesmo un artigo sobre Bach que sobre Carlos López García-Picos, o segundo tivo moita menos notoriedade e en consecuencia o seu artigo será máis pequeno e con menos referencias, pero iso non quere dicir que o do betanceiro non sexa un gran artigo como o do compositor alemán... A lista é similar á cronoloxía do descubrimento dos planetas e dos seus satélites naturais (que é de calidade), xa que ao igual que a dos planetas e satélites presenta a información que debe presentar e dun xeito claro. Dende logo eu non entendo por que imos propoñer para artigo bo un artigo que está mellor que o seu irmán da Wikipedia en inglés. Sobre a lingua... todos os artigos propostos precisan sempre dunha revisión de lingua.
- ArtaiGZ, non entendo a que te refires... podes coller aínda que sexa unha das dúas táboas e facer coas tres ou catro primeiras xogadoras unha táboa que consideres que é válida? A min non se me ocorre outro xeito mellor de presentar a información, a táboa ten que ser práctica e clara e creo que cumpre esas dúas premisas. Sobre o de aparecer na portada, ese é un tema que non está claro que se vaia facer (o máis seguro é que non), de todos xeitos eu non teño ningún problema porque este artigo non chegue a sair nunca na portada, así que se o problema é ese o sacamos da lista para a portada chegado o momento e xa está.
- Un saúdo. Piquito (conversa) 17 de maio de 2016 ás 19:40 (UTC)[responder]
- Ao que me refiro coas táboas é que, a diferenza do artigo sobre a Cronoloxía do descubrimento dos planetas, as imaxes non están integradas nas táboas e polo tanto hai un espazo en branco enorme desde a cabeceira até a táboa. O problema non é que sexa unha lista, senón a estética do artigo.--ArtaiGZ (conversa) 17 de maio de 2016 ás 20:40 (UTC)[responder]
- Grazas polo comentario ArtaiGZ, mira se o que fixen soluciona o problema, eu uso Safari e coa resolución por defecto non se ve mal (eu en todo momento vía as imaxes ao lado das táboas, se non chegas dicir nada non me enteraría), se o problema segue podemos ver a posibilidade de incluír as imaxes nunha galería. Un saúdo! Piquito (conversa) 17 de maio de 2016 ás 21:06 (UTC)[responder]
- Polo de agora o artigo a min aparéceme igual. Concordo co que apunta Norrin de mirar de pór unha imaxe de cada xogadora, ao estilo de Lista de monumentos da provincia de Pontevedra, por exemplo.--ArtaiGZ (conversa) 18 de maio de 2016 ás 20:08 (UTC)[responder]
- Grazas polo comentario ArtaiGZ, mira se o que fixen soluciona o problema, eu uso Safari e coa resolución por defecto non se ve mal (eu en todo momento vía as imaxes ao lado das táboas, se non chegas dicir nada non me enteraría), se o problema segue podemos ver a posibilidade de incluír as imaxes nunha galería. Un saúdo! Piquito (conversa) 17 de maio de 2016 ás 21:06 (UTC)[responder]
- Ao que me refiro coas táboas é que, a diferenza do artigo sobre a Cronoloxía do descubrimento dos planetas, as imaxes non están integradas nas táboas e polo tanto hai un espazo en branco enorme desde a cabeceira até a táboa. O problema non é que sexa unha lista, senón a estética do artigo.--ArtaiGZ (conversa) 17 de maio de 2016 ás 20:40 (UTC)[responder]
- Piquito algunhas ideas para a mellora da estética do artigo. 1) Ao meu ver as columnas dos anos 1998-2014 deberían incluirse nunha única columna de "Participacións", que fará mais doado o feito de actualizar o artigo nun futuro (2018). 2) Por outra banda, suxiro que no canto de engadir imaxes "aleatorias" na banda (teño o mesmo problema que ArtaiGZ), sería mellor incluir en cada fila unha imaxe de cada xogadora. Saúdos! --Norrin (Fálame) 18 de maio de 2016 ás 12:57 (UTC)[responder]
- Feito! Grazas Norrin, así queda moito mellor, a mágoa é que haxa varias xogadoras sen foto (eu non o podo solucionar, a ver se van aparecendo). Mirada ti e ArtaiGZ se dá algún outro problema tipo tamaños de imaxe (as puxen a 150px para que se puidera ver algo, pero se cadra é demasiado, eu as vexo ben, pero pode que con outros navegadores non se vexa tan ben). Un saúdo e grazas polas ideas! Piquito (conversa) 18 de maio de 2016 ás 23:19 (UTC)[responder]
- Piquito farei algún comentario máis ao longo do día na propia conversa do artigo. Saúdos! --Norrin (Fálame) 19 de maio de 2016 ás 07:30 (UTC)[responder]
- Feito! Grazas Norrin, así queda moito mellor, a mágoa é que haxa varias xogadoras sen foto (eu non o podo solucionar, a ver se van aparecendo). Mirada ti e ArtaiGZ se dá algún outro problema tipo tamaños de imaxe (as puxen a 150px para que se puidera ver algo, pero se cadra é demasiado, eu as vexo ben, pero pode que con outros navegadores non se vexa tan ben). Un saúdo e grazas polas ideas! Piquito (conversa) 18 de maio de 2016 ás 23:19 (UTC)[responder]
- Angeldomcer e Atobar, realicei varias modificacións na estética do artigo e engadín máis información no resumo das participacións do equipo feminino do Canadá nos XXOO. Poderiades botarlle un ollo? Grazas, Piquito (conversa) 30 de maio de 2016 ás 22:27 (UTC)[responder]
- Ola, Piquito. Non tiña pensado comentar o meu voto, porque non o fago case nunca, sexa cal sexa o sentido. Sen embargo, o esforzo que fas en mellorar o artigo, sei que me obriga. Vou explicitar o meu non que se basea en tres razóns:
- Non creo que un artigo tipo Lista de... poida ser artigo de calidade. No meu pensar, unha lista, por moi ben feita que estea e moito traballo que dera facela, é e será sempre unha simple páxina auxiliar, que serve para ofrecer dun xeito rápido acceso a información que se pode despois ampliar nos distintos artigos reflectidos nas entradas desa lista. Mira, traballei moito no artigo Mosteiros e conventos de Galicia (que, por certo, aínda está sen rematar), pero se alguén o propuxera como candidato a artigo de calidade, o meu non iría de primeiriño.
- Non acabo de ver que as traducións de artigos poidan ser candidatas a artigos de calidade. Cousa distinta sería un atigo que nace dunha tradución pero que ten, amais diso, moito trabalo de edición, ampliación, "galeguización", etc.
- E para este artigo concreto, non vexo que poidamos dalo por artigo de calidade, cando a súa matriz natural (Selección feminina de hokey sobre xeo de Canadá) ou similar, non existe.
- Un saúdo --Angeldomcer (conversa) 31 de maio de 2016 ás 09:22 (UTC)[responder]
- Ola, Piquito. Non tiña pensado comentar o meu voto, porque non o fago case nunca, sexa cal sexa o sentido. Sen embargo, o esforzo que fas en mellorar o artigo, sei que me obriga. Vou explicitar o meu non que se basea en tres razóns:
- O meu caso é idéntico ao de Angeldomcer, Piquito. Por unha banda, non adoito comentar o sentido do voto. Pola outra, malia ver ás claras as melloras dos últimos días, tampouco eu creo que unha listaxe poida dar nun artigo de calidade. As razóns expúxoas moi ben Ángel, de modo que non teño máis nada que engadir. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 31 de maio de 2016 ás 09:44 (UTC)[responder]
- Pecho a votación. Se todas as votacións de artigos desta temática se pecharon con como moito 5 votos non ten sentido manter unha votación que precisa de 12 votos a favor. Unha mágoa, só agradecer a ArtaiGZ e a Norrin o seu apoio e as súas propostas de mellora para este artigo que, aínda que non o reflexe exteriormente cunha estrela, é mellor que o artigo en inglés que si a ten. Piquito (conversa) 6 de xuño de 2016 ás 20:55 (UTC)[responder]
- Wikipedia:Escolla do artigo de calidade - "A duración da votación deberá ser de 30 días" ☣Banjo tell me 6 de xuño de 2016 ás 21:01 (UTC)[responder]
- Non é correcto o que se di da necesidade dos 12 votos a favor. O artigo podería ser escollido de calidade con moitos menos. Lembrar que os votos neutros non contan para o cómputo. En calquera caso, non hai motivo para pechar antes do prazo que marca a política. --. HombreDHojalata.conversa 6 de xuño de 2016 ás 23:27 (UTC)[responder]
- Xa que a política de votacións non di nada ó respecto, eu penso que se o usuario que presenta a proposta quere retirala non hai problema en que o faga, non creo que prexudique a ninguén... Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de xuño de 2016 ás 10:28 (UTC)[responder]
- HombreDHojalata, eu non vexo tan claro o que dis, o único que se indica nas votacións para calidade é que os votos a favor teñen que ser o 75% dos votos totais, segundo iso os neutros tamén contan, xa que son votos igual que os a favor e en contra, de todos xeitos paso a comentar na taberna a situación. En calquera caso, creo que pechar a votación non vai prexudicar a ninguén, é unha votación que non ten ningunha perspectiva de éxito, xa que non hai moita participación neste tipo de votacións e os precedentes para votacións de artigos desta temática non son moi boas (Canadiens tivo 5 votos, Bruins tivo 1 voto, Nordiques tivo 3 votos, Atlanta Flames tivo 5 votos porque votei eu... por que neste caso ían xuntarse 6 votos favorables máis dos que xa hai -no caso de que non contaran os neutros- se en todos os casos anteriores nin tiveron a metade de votos que tería esta? Tal e como está agora precisaría 8 a favor, tería 2 en contra e 2 neutros... iso son 12 votos, máis do dobre do que conseguiron os artigos máis votados sobre o tema), polo que sigo a considerar que é mellor que a comunidade valore as outras propostas que hai en lugar de manter unha proposta sen posibilidades de éxito, creo que ten sentido. Piquito (conversa) 7 de xuño de 2016 ás 15:00 (UTC)[responder]
- Non entendo a polémica. Talvez ignoro algo, non o sei. O que si teño claro é que nas normas correspondentes acabo de ler a seguinte frase: o prazo de votación será de 30 días, que comezan a contar dende a data da candidatura.. Haxa 3 ou 300 votos, nun ou noutro sentido, non é posible pechar a proposta até que pasen os 30 días. --Atobar (conversa comigo) 7 de xuño de 2016 ás 15:29 (UTC)[responder]
┌────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────┘
- Comentario Síntoo Piquito, pero considero que para ser de calidade debería incluír polo menos unha imaxe de cada unha das xogadoras que aparecen mencionadas. Logo hai unha imaxe Ficheiro:Carol Huynh, Cheryl Pounder and Vicky Sunohara (3987475797).jpg que aparece repetida en tres xogadoras, o cal resulta confuso ata que non premes na imaxe e les o seu título. Vexo unha boa intención en engadir esas imaxes, pero na inglesa cortaron polo san, e simplemente puxeron algunha imaxe no lateral sen quentarse moito a cabeza con isto. --AMPERIO (conversa) 14 de xuño de 2016 ás 10:19 (UTC)[responder]
- Comentario AMPERIO, xa está recortada a foto das tres xogadoras (que só aparecía en dous sitios :). Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de xuño de 2016 ás 16:37 (UTC)[responder]
- Comentario Grazas. --AMPERIO (conversa) 14 de xuño de 2016 ás 17:29 (UTC)[responder]