Wikipedia:A Taberna (propostas)/Arquivo 20
Este é un arquivo da sección A Taberna (propostas) da Taberna |
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados. Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual. |
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32, 33, 34, 35, 36 |
---|
Táboa mantemento[editar a fonte]
Compañeiros, fixen este cadro: {{Táboa mantemento}}. Dígovolo por se vos interesa e queredes incluíla nas vosas páxinas ou subpáxinas de usuario. A ver se entre todos imos reducindo a porcentaxe de artigos/imaxes con problemas a prol da calidade da Galipedia--. HombreDHojalata.conversa 10:12, 10 de xullo de 2011 (UTC)
- ¡Moi boa idea, HombreDeHojalata! E moi práctica. Pedro --Lameiro (conversa) 12:23, 10 de xullo de 2011 (UTC)
- Moi útil, si señor. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:30, 10 de xullo de 2011 (UTC)
- Grazas. --Iago dime 11:53, 11 de xullo de 2011 (UTC)
- Gran traballo. --Atobar (conversa comigo) 18:37, 14 de xullo de 2011 (UTC)
- Vaime mui bén --Elvira (conversa comigo) 23:09, 19 de xullo de 2011 (UTC)
Galencontro 2011[editar a fonte]
Ei! que xa estamos no verán! ;). Aproveitando o bó tempo, que anima a sair de casa, e que algúns collen vacacións, co que teñen máis tempo libre, ¿cando quedamos para contar historias da Galipedia e tomar un pouco o fresco?. Eu xullo o teño un pouco complicado, venme mellor en agosto ou setembro. Do sitio non teño preferencias, onde vos veña mellor a todos. E agora..., vós diredes!. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:58, 16 de xullo de 2011 (UTC)
- Igual é unha freakada moi gorda o que vou soltar, pero velaí vai: onte estiven na biblioteca da Cidade da Cultura, e a verdade é que teñen uns libros caralludos e curiosísimos. A comunidade podería organizar alá, na biblioteca, unha quedada un sábado pola mañá co fin de dar a coñecer a galipedia, coñecérmonos entre nós e traballar xunt@s (hai wifi), e axudar a usuari@s nov@s que se queiran pasar por alí. Despois poderiamos baixar á zona vella a comer e laretar, tomar uns dixestivos, e pasear pola alameda. Propoño o terceiro sábado de setembro. --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:50, 29 de xullo de 2011 (UTC)
- Pois a min tenme moi boa pinta, a Galipedia na Cidade da Cultura, sona ben e todo :), sería un puntazo!, eu apúntome :). O que pasa é que en setembro vou estar fora unha semana e aínda non sei cándo será, polo de agora sei que ó final estarei libre o 1º sábado (2 de setembro) e o 2º (9 de setembro). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:30, 29 de xullo de 2011 (UTC)
- Gústame a proposta de Estevo para reunírmonos na Cidade da Cultura. Elisardo, anímote a organizalo ti, home. Que se che dá ben o falares coas autoridades e conseguir locais. Se cedesen unha saliña, podería publicitarse pola rede para que acodan xentes de todas as cores e aprendérmoslles a galipediar. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21:56, 10 de agosto de 2011 (UTC)
- Pois a min tenme moi boa pinta, a Galipedia na Cidade da Cultura, sona ben e todo :), sería un puntazo!, eu apúntome :). O que pasa é que en setembro vou estar fora unha semana e aínda non sei cándo será, polo de agora sei que ó final estarei libre o 1º sábado (2 de setembro) e o 2º (9 de setembro). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:30, 29 de xullo de 2011 (UTC)
Boeno, vou ver o que podo facer, pero para iso habería que ter unha data concreta, ¿aceptamos como mellor data para todos o día 17 de setembro?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:37, 31 de agosto de 2011 (UTC)
- Hoxe rematei o póster promocional e todo ;). Pode retocarse todo o que querades. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:29, 31 de agosto de 2011 (UTC)
- Elisardo, e daranos tempo para o sábado 17 de setembro? Eu comprométome a estar se imos cando menos 6 dos 12 usuarios que estamos aquí inscritos. Nese caso, irei encantadísimo, mais se somos menos non, porque teño probablemente convidados esa fin de semana. O outros problema que lle vexo é a comunicación coa xerencia da Cidade da Cultura para que nos dean o sitio. Fas ti as xestións, compañeiro? Sería ben pechar a data e o número de asistentes real hoxe, para facer os primeiros movementos mañá mesmo. Por último, hai que mover esa xuntanza nas redes sociais e nos foros onde se mova cadaquén. Sería moi importante que fose un éxito de asistencias, se efectivamente imos acudir moitos dos usuarios activos habituais, porque así as cousas irán máis rápido e poderemos atender aos novos ademais de falarmos entre nós. En fin, colle as rendas organizativas, Elisardo, home.
- Canto ao póster: boa imaxe de fondo e bo globo wikipédico colocado na esquina ao máis puro estilo SCI-FI. O que non me chista é a fonte de letra e o recadriño de abaixo. A ver se quen sabedes (HombreDHojalata, Toliño, Beni etc.) probades a facer ese minitexto algo máis estiloso. Bo traballo, Elisardo! --Atobar (conversa comigo) 10:15, 31 de agosto de 2011 (UTC)
- Home, a cousa está xusta a verdade, poderíase deixar para o 4º sábado, o 24 de setembro. Neste momento fai falta unha votación, ¿17 ou 24 de setembro?. Eu voto polo 24, aínda que estou libre os dous, pero así temos máis tempo para organizar unha boa cousa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:39, 31 de agosto de 2011 (UTC)
- Eu como xa dixen non teño pobremas con ningunha data de setembro ainda que se hai que votar voto polo 24 por aquilo do tempo para organizalo. Saúdos--Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 10:58, 31 de agosto de 2011 (UTC)
- Eu son partidario do 17, e gosto moito do cartel promocional. --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:27, 31 de agosto de 2011 (UTC)
- 17, para termos seguro a Xas. E porque confío en que Elisargo mova os seus contactos coa administración e que todos botemos unha man na parte que se nos encomende (difusión, sobre todo). --Atobar (conversa comigo) 12:11, 31 de agosto de 2011 (UTC).
- En principio o 17 a min vaime de pinga. Contai comigo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 16:26, 31 de agosto de 2011 (UTC)
- Estou dispoñibe calquera dos dous días, salvo imprevistos imprevisibles, así que me vale o día que decida a maioría. Pedro --Lameiro (conversa) 16:31, 31 de agosto de 2011 (UTC)
- Parece que hai acordo da maioría. Se vos parece, a data queda pechada no 17 de setembro, e así podemos organizalo e movelo dende o mesmo día 1, á primerísima hora (00.00, en hora e media escasa). Dentro dun anaco vou crear un evento facebookeiro e comezamos a difundilo (coa interrogante do lugar exacto, porque a Cidade da Cultura aínda está por confirmar; en todo caso, iso corríxese sobre a marcha, porque na cidade de Compostela é seguro). --Atobar (conversa comigo) 20:37, 31 de agosto de 2011 (UTC)
Xa está mandado o emilio, agora toca esperar a ver o que din. Se non se pode facer alí pode tentarse no Telecentro de Formación de Santiago, ata o momento está libre o 17, ten WIFI e capacidade para 36 persoas aínda que só ten 18 ordenatas, pero están ben para os que non teñan portátil. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:35, 1 de setembro de 2011 (UTC)
- O evento no Facebook. --Atobar (conversa comigo) 09:53, 1 de setembro de 2011 (UTC)
- Vaites! Cheguei tarde á votación...estes días andei de viaxe por Suíza e non cheguei ata esta pasada madrugada, por iso estiven 15 días sen editar. Eu ía votar polo 24, xa que o 17 non podo. Dá igual, vémonos na próxima que armemos. A pasalo ben, meus! --Paradanta (Cóntame) 13:56, 1 de setembro de 2011 (UTC)
- Elisardo, que anda estes días de vacacións por Portugal, e mais eu mandamos un correo ao noso nome e como usuarios da Galipedia á xente responsábel da Cidade da Cultura, ao cal aínda non deron ningunha resposta. E Elisardo, el só, tratou ademais de os localizar no teléfono sen éxito (responder responderon, pero remitíronnos á futura resposta no e-mail, se o entendín ben). Conclusión: estamos á espera. Mais, como a cousa corre présa, e eu non teño para facer xestións máis ca o día de mañá (e Elisardo está fóra, xa dixen), vou esperar por esa resposta da Cidade da Cultura até as 12.00, mais se non chegase, daquela acudiría á Biblioteca Pública Ánxel Casal que teño ao lado da casa a falalo con eles in situ para que nos deixen facer aí a xornada galipédica (a biblioteca ten wifi, é nova e está caralluda e moi céntrica). Se alguén ten unha idea mellor, e sobre todo se alguén quere ocuparse do trámite, non ten máis que dicilo agora, que aínda se está a tempo. --Atobar (conversa comigo) 16:20, 5 de setembro de 2011 (UTC)
- Acabo de chamar á Cidade da Cultura e seguimos nas mesmas, se cadra algo mellor. A persoa encargada de eventos está ocupada neste momento e quedaron que me chamaría de volta durante a xornada de hoxe. Optei por darlle máis chance á Cidade da Cultura e non acudir aínda ao recurso da Ánxel Casal, porque a biblioteca os sábados soamente abre de 10 a 14 horas. Ben, seguirei informando. --Atobar (conversa comigo) 09:53, 6 de setembro de 2011 (UTC)
- Elisardo, que anda estes días de vacacións por Portugal, e mais eu mandamos un correo ao noso nome e como usuarios da Galipedia á xente responsábel da Cidade da Cultura, ao cal aínda non deron ningunha resposta. E Elisardo, el só, tratou ademais de os localizar no teléfono sen éxito (responder responderon, pero remitíronnos á futura resposta no e-mail, se o entendín ben). Conclusión: estamos á espera. Mais, como a cousa corre présa, e eu non teño para facer xestións máis ca o día de mañá (e Elisardo está fóra, xa dixen), vou esperar por esa resposta da Cidade da Cultura até as 12.00, mais se non chegase, daquela acudiría á Biblioteca Pública Ánxel Casal que teño ao lado da casa a falalo con eles in situ para que nos deixen facer aí a xornada galipédica (a biblioteca ten wifi, é nova e está caralluda e moi céntrica). Se alguén ten unha idea mellor, e sobre todo se alguén quere ocuparse do trámite, non ten máis que dicilo agora, que aínda se está a tempo. --Atobar (conversa comigo) 16:20, 5 de setembro de 2011 (UTC)
- Grazas polas xestións, Alejandro e Elisardo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 10:51, 6 de setembro de 2011 (UTC)
- Boas meus, non me mandaron correo ningún os da Cidade. A idea da biblioteca paréceme moi boa, a única mágoa é a do cartel ;), pero pódese facer outro, si tedes fotos dos sitio faise igual ou parecido. Non me podo liar máis que me van desconectar, outro día a ver si paso de novo. --Elisardojm (conversa) 23:13, 6 de setembro de 2011 (UTC)
Sirva este Mail para confirmar a cesión GRATUITA da sala 2 da Biblioteca de Galicia para o evento solicitado. Pregamoslle que o Luns se poña en contacto conmigo para ultimar os detalles.
Pois iso. Témolo. O lugar (esa sala 2 da CIDADE DA CULTURA) ten capacidade para 40 persoas, conta con WIFI e polo que falei poderemos usar un proxector. O luns, cando chame, saberei canto tempo nola deixan. Eu creo que o seu era de 11 a 16.00 ou algo así. Que dicides? Opinade, para eu llo dicir ao responsábel de eventos. E ide propondo a maneira de o enfocarmos. Habería que movelo duramente ao longo de todo a próxima semana na rede e cunha nota de prensa a diversos xornais, pero para iso temos que decidir que ofrecemos exactamente. Eu creo que podemos dividir a carga de traballo: opino que cómpre facer algunha actividade para non-iniciados e unha charla ou unha serie delas sobre o que é e o non é a wiki en galego e as wikis en xeral. Eu, se o facemos, ocupábame de boa gana da estatística, que sabedes que me gusta. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 22:43, 9 de setembro de 2011 (UTC)
Organización do galencontro[editar a fonte]Bueno, agora que xa temos data e lugar, cómpre comezar a organizármonos. -A min paréceme excesivo estar na Cidade da Cultura até as 16, e mesmo até as 15. Eu diría de dedicarnos ás computadoras de 10:30 a 14:30, e despois baixar ao casco antigo a comer. -Estaría ben preparar unha introdución para as persoas que veñan que non controlen o asunto. Pero eu máis ben faría como nunha escola: en vez de levarmos a lección ben preparada da casa, agardaría a preguntarlles que é o que saben xa, e que é o que queren saber. -Asuntos materiais: Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 08:46, 11 de setembro de 2011 (UTC)
--Atobar (conversa comigo) 21:53, 12 de setembro de 2011 (UTC)
Xa estou de volta pero aínda que teño que ir aterrando :). Xenial que ó final vaiamos á Cidade da Cultura, moitas grazas Atobar polas túas xestións! :). Eu vou dar tamén a miña versión do evento. Propoño dividilo como mínimo en dous apartados, ó comezo podemos facer un pequeno taller de edición, pero nada de contar milongas, un taller práctico, práctico. Pode comezarse cunha pequena introducción do que é o movemento wikipedista e logo coller a guía da axuda e ir explicando e axudando ós participantes a facer cada unha das cousas que aparecen nel. E que o fagan nos ordenadores porque a mellor forma de aprender é facendo as cousas e cometendo erros. Non sei si sería recomendable comezar pola creación dun usuario, dígoo porque a xente ó mellor quere pensar un pouco con tranquilidade o seu alcume na wiki, entón as edicións de aprendizaxe terían que facelas na Zona de probas e ó haber varios traballando ó tempo poderán ter conflictos de edición. Si lles dicimos que fagan o usuario cada un podería facer as probas de edición na súa páxina de usuario e evitaríanse problemas... Logo, eu na segunda parte do encontro eu faría unha charla aberta a tódolos temas e cuestións que todos os asistentes queran plantexar, dúbidas, debates que se podan comentar, ideas que salten da mata, experiencias na terceira fase da wiki, o que sexa. O de facer só un "encontro-para editar" non me chama moito, penso que habería que enfocalo a facer algo máis participativo no que a xente poda explorar a Galipedia e comezar a dar os seus primeiros pasos na edición da enciclopedia. Pero tamén dependerá da xente que se apunte e do animada que esté. Eu teño un portátil de máis por si alguén o precisa. Quizáis podería enviarse algunha nota (a mesma que se envíe ós medios de comunicación) ós centros educativos de Santiago e arredores por si algún profe estivera interesado en participar. Saúdos,--Elisardojm (conversa) 01:04, 13 de setembro de 2011 (UTC)
Máis organización[editar a fonte]Aí queda o ficheiro do convite, para o difundirmos entre amizades e posíbeis interesados. O evento é de 10.30 a 14.00, mais o sitio abrénnolo ás 10.00 (eu tratarei de estar a esa hora). Os portatis, cadaquén que traia o seu. Elisardo, trae ese de sobra, que alguén seguro que o utiliza. O proxector e o cable deste, cedénnolo alí. Tamén un ladrón e un alongador, pero debemos levar máis nós. Hai catro tomas de electricidade, co cal temos que traer moitos aparellos para termos electricidade todos. A saliña está ben, localizada dentro da Biblioteca, e ten capacidade para 40-45 persoas. Ás 12.30, quen o desexar, ten unha visita guiada polo recinto (que é de balde). Recomendación: quen prognostique que vai ter fame, que traia o bocata da casa, porque a cafetaría é careira. E agora a organización: eu conto con que sexamos un 20-25. Iso, ao meu ver, sería un éxito. Sermos unha ducia sería pouco (os de sempre), pero algo é algo. Máis de 25-30, a repanocha. Por outra banda, non complicaría moito o noso choio dese coloquio que comentades Furado e Elisardo. Estou con Estevo: o mellor é traballarmos todos e ir facendo roldas de ordenata en ordenata axudando e resolver as dúbidas. O que si cumpre é unha intro breve sobre que é a Wikipedia e por que razóns ten tanta ou máis fiabilidade que a Encarta ou e Enciclopedia Británica (o cal é un feito probado en distintos estudos estatísticos, non a miña opinión). Explicar tamén por exemplo que hai mil maneiras de enfocar a edición: hai quen fai artigos básicos (eu mesmo) e quen elabora a conciencia os seus (Lameiro, Xoio, moitas veces o Estevo e Xoacas), quen axuda en temas informáticos difíciles (HombreDHojalata ou Toliño), quen se dedica a temas políticos, deportes, artigos de lugares (Xas, Alfonso Márquez, PepedoCouto), quen non crea artigos senón que mellora os existentes, quen busca as fontes na propia rede e quen tira de libros da biblioteca, etcétera etcétera etcétera. Eu son moi partidario de facer todo sobre a marcha e os máis activos erguernos da cadeira cada pouco para ir axudar aos novos ingresados. Sería bo que ademais houbese un equipo de garda non físico pululando pola rede, e que tamén vaia revisando o que se fai (penso en HombreDHojalata, que levo un par de meses de sentinela galipédica, e ben que se agradece). Podemos tamén falar do noso contrastado rigor á hora de elixir artigos de calidade, amosar de que vai iso, falarmos da estatística comparada con outras wikis, da profundidade etc. Elisardo, pasa ese esquema que dis que tes xa doutras veces e mirámolo entre todos. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 14:04, 14 de setembro de 2011 (UTC)
Pois veña, vémonos mañá!. Eu levarei, amais do portátil, un par de alargadeiras e de regletas de enchufes, por si fan falta (precisaremos algunha outra cousa?). Por certo, supoño que quedaremos xa na Cidade, pero onde e a que hora? Furado 07:45, 16 de setembro de 2011 (UTC)
E ó final ata saímos na Galega[editar a fonte]Se non o credes, mirade aquí... Que hai que ver un pouco a tele tamén que non sempre é telebasura... :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:04, 17 de setembro de 2011 (UTC)
Impulso / Pulo / *Empuxe[editar a fonte]Propoño o seguinte asunto para debater. O tema xurdiu ao empregar eu a palabra *empuxe no artigo Principio de Arquímedes, onde foi substituído por pulo, e no significado (aerodinámico e hidrodinámico) do artigo agora titulado Pulo. A min pulo paréceme unha voz propia da linguaxe común, pero que é máis axeitada á linguaxe científica o seu sinónimo, académico, impulso. A palabra impulso ten varios significados en galego, castelán, portugués (e noutros idiomas, coas súas correspodentes adaptacións, p. ex., catalán impuls, inglés impulse). Estes siginficados pertencen a varios ámbitos científicos como, por exemplo, ao nome dunha magnitude física da mecánica, que equivale á variación da cantidade de movemento, ao impuso hidrostático ou impulso de Arquímedes (que foi o que usei eu) e a outros impulsos, como poden ser o impulso nervioso, o impulso vital, o impulso sexual, etc. O problema xorde debido a que na Galipedia xa hai un artigo Impulso (referido ao sentido de magnitude física). Unha posíbel solución sería, ao meu modo de ver, abrir unha páxina de homónimos para impulso diferenciando claramente o significado de magnitude física dos que pulo (ou empurrón, ou empuxón) poidan ter nas disciplinas científicas e tamén na lingua común. No caso de que vos pareza ben a voz impulso, claro está). Esta sería a miña proposta. A páxina de homónimos, con duás referencias para a páxina da magnitude física e outra para a da hidrostática ou arquimideana (e para as locucións nas que intervén esta voz). Como axuda, transcribo as solucuóns doutras linguas póximas. IMPULSO (magnitude física)
IMPULSO (aerodinámico e hidrodinámico)
Agardo as vosas opinións. ----Xoio (Conversa Usuario:XoioÉche o que hai) 16:31, 17 de xullo de 2011 (UTC)
A palabra impulso ten, segundo o dicionario da DRAG,[1] os seguintes significados:
Dentro dos termos que esta idea que normalmente figuran (ou deben figuar) nunha enciclopedia, as diferentes linguas do noso contorno presentan varias solucións dentro dunha certa uniformidade, especialmente no campo científico-técnico no que é regra a universalidade da linguaxe científica. A palabra impulso (do latín impulsum, supino de impello, -pulli, -pulsum, impellere 'poñer en movemento', 'empuxar', 'impeler'; ou forma substantivada de impulsus, -a, -um, participio pasivo de impello) ten varios significados en galego, castelán, portugués (e noutros idiomas, coas súas correspodentes adaptacións, p. ex., catalán impuls, inglés impulse), todos eles concordantes coas dúas primeiras acepcións do dicionario da RAG, e pertencentes a diferentes campos científicos, e tamén participa nalgunhas locucións, así mesmo do canmpo científico, pero tamén da linguaxe corrente. Segundo as linguas, e os significados, impulso alterna con equivalentes á voz non académica en galego (de momento) *empuxe, co significado de 'acción e efecto de empuxar (ou impulsar)'. En efecto, nin o DRAG nin o oficioso VOLG inclúen empuxe, pero si o verbo empuxar do que este sería o seu efecto, e tamén empuxón [2], voz que aparenta ter un sentido aumentativo, dada a súa terminación en –ón. Canto a empurrón, equivalente a empuxón, para o DRAG é: "empurrón s.m. Acción de empurrar ou empuxar. Deume un empurrón que case me tira. SIN. apuxón, empuxón. CF. impulso".[3] Queda claro pois que (de momento) e desde o punto de vita da académico empuxón, e non empuxe, é a 'acción de empuxar'.[4] Daquela, para as voces que deben figurar nunha enciclopedia (polo que respecta ás áreas científicas), temos tres clases de impulsos, todas do campo da física:
Para as diferentes solucións nos idiomas próximos ao noso, véxase: [7] Ademais, a palabra impulso forma parte de expresións tales como, entre outras:
Notas
Xoio (Conversa Usuario:XoioÉche o que hai) 15:30, 24 de xullo de 2011 (UTC)
|