Whirimako Black
Biografía | |
---|---|
Nacemento | década de 1960 (49/59 anos) Nova Zelandia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Nova Zelandia |
Educación | St Joseph's Māori Girls' College |
Actividade | |
Ocupación | cantante , compositora de cancións |
Período de actividade | 2000 - |
Xénero artístico | World music |
Instrumento | Voz |
Premios | |
Whirimako Black, nada en Whakatāne[1] en 1961, é unha actriz e cantante maorí.[1] Black leva unha tatuaxe feminina maorí na súa cara, un tā moko, que é un símbolo cultural de orgullo e beleza.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Black canta principalmente en lingua maorí,[1] emprega formas musicais tradicionais maorís e colabora con instrumentos tradicionais taonga pūoro. En 1991, formou o grupo de música feminino Tuahine Whakairo mais abandonouno en 1993 para comezar unha carreira en solitario. Entre as súas composicións están os títulos da serie de Television New Zealand The New Zealand Wars, así como a composición, xunto con Hori Tait, da música inicial do programa de novas maorí Te Karere.
No New Year Honours de 2006, Black foi nomeada membro da Orde do Mérito de Nova Zelandia polas súas achegas á música maorí.[2]
Black fixo o seu debut como actriz no filme de 2013 White Lies. Pola súa interpretación, foi nomeada na categoría de mellor actriz nos Premios Asia Pacific Screen.[3]
Discografía[editar | editar a fonte]
- 2000: Hinepukohurangi: Shrouded in the Mist
- 2003: Hohou Te Rongo: Cultivate Peace
- 2004: Tangihaku
- 2005: Kura Huna
- 2006: Soul Sessions
- 2007: Whirimako Black Sings
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Kara, Scott (17 de setembro de 2006). New Zealand, ed. "Soul daughter of Tuhoe". Consultado o 1 de xullo de 2009.
- ↑ Department of the Prime Minister and Cabinet, ed. (31 de decembro de 2005). "New Year honours list 2006". Consultado o 9 de xuño de 2019.
- ↑ Asia Pacific Screen Awards (ed.). "Nominees & Winners Archive: Whirimako Black". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2013. Consultado o 20 de decembro de 2013.