Verto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Verto
OrixeGalicia Galicia
Período2019 - 2021
Xénero(s)pop, trap, disco
Selo(s) discográfico(s)Tremendo Audiovisual
MembrosAlberto Mira
Fernando Peleteiro
Na rede
Twitter: VertoTemazos Instagram: vertotemazos Youtube: UCdfWa8Z5RmACwvEXUG-vxOQ Spotify: 6boUbYz1NlPNeXGDtAmA8q Musicbrainz: f5a3ba1c-6aad-4fb2-8954-b305e8246b1c Editar o valor em Wikidata

Verto foi un grupo independente de música pop, disco e trap galego que comezou en 2019. Estaba composto por Alberto Mira "Berto" e Fernando Peleteiro "Fer". Son considerados un dos grupos pioneiros da música pop en galego, tendo millóns de escoitas na plataforma Spotify.[1]

A partir de 2021 Alberto Mira continuou en solitario co seu proxecto "Berto", e produciu discos como “Acrópole” de Fillas de Cassandra ou “Ardén” de Mondra, consolidándose coma un dos produtores referencia da Galiza.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debutaron en novembro de 2019 cos seus primeiros traballos "Amolecer" e "Rebolando x Ti", xa coa estética pop que caracteriza actualmente ao grupo.

Máis tarde, en decembro de 2019, saíu o "Pack do nadal", EP conceptual co que simbolizaron os estados emocionais polos que pasa unha ruptura. Un dos temas, "Algo que non sexa", segue a ser na actualidade un tema insignia do seu proxecto.

O 17 de xaneiro de 2020, o grupo participou no Luar da TVG co seu tema "Oie Gayego", unha canción trap retranqueira que lles deu gran popularidade.[3]

O 14 de marzo de 2020 lanzaron o seu primeiro EP Puro Ocio,[4] composto por sete temas de estética urbana, que acumula máis dun millón de escoitas en Spotify.

O 9 de abril de 2021 sacaron a luz o seu primeiro LP Embora, composto por catorce temas pop con ritmos disco e techno que acumulan máis de tres millón de escoitas en Spotify.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

  • Puro ocio (2020)
  • Embora (2021)

Sinxelos[editar | editar a fonte]

  • "Amolecer" (2019)
  • "Rebolando x ti" (2019)
  • "Pack do nadal" (2019)
  • "Oie Gayego" (2020)
  • "Pegadiño a ti" (2020)
  • "Ambiente" con Rhome (2020)
  • "Comando Sabor" con LORA (2020)
  • "Muinheira de Chantada" (2021)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ""Haberá quen pense que somos un par de 'gilipollas' e quen pense que o que facemos é bo para a normalización"". Praza Pública. 2021-09-24. Consultado o 2021-09-27. 
  2. "Catro Ventos Editora A lingua en futuro: a mocidade imaxina o 2050". Catro Ventos Editora. Consultado o 2023-06-08. 
  3. crtvg.es, ed. (18 de xaneiro de 2020). "O ritmo e as letras de Verto sacaron bailar canta persoa había no Luar". Consultado o 29 de xaneiro de 2020. 
  4. Eiras, Celia (26 de marzo de 2020). "Verto fan "Puro Ocio", pero teñen potencial para facer moito máis". balea.gal. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 29 de maio de 2020. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.