Víctor Basadre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVíctor Basadre
Biografía
Nacemento26 de febreiro de 1970 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , adestrador de fútbol Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1999 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Fútbol Club Cartagena Editar o valor em Wikidata

Víctor Manuel Basadre Orozco, nado en Lugo o 18 de febreiro de 1970, é un adestrador de fútbol galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras unha breve carreira como futbolista que comezou no Sociedade Ximnástica Comercial-Estudantes de Lugo comezou o seu labor como técnico. Os seus primeiros equipos foron da Segunda División B e da Terceira galega coma a SD Castroverde ou a SD Quiroga.

Na tempada 1997/98 ficha polo Real Murcia como segundo adestrador e ao ano seguinte faise cargo do filial durante un ano. En 1999 volve a Galiza para dirixir ao CD As Pontes e ao CD Lugo durante uns poucos encontros.

Na tempada 2004-05 pasa a formar parte do equipo técnico do Lorca Deportiva CF, primeiro adestrando nas categorías inferiores e sendo o segundo adestrador de Unai Emery. Na tempada 2004/05 fíxose cargo do primeiro equipo co obxectivo de acadar a salvación trala destitución de José Aurelio Gay e José María Salmerón, porén o equipo rematou descendendo a Segunda División B[1].

Ao ano seguinte pasa a adestrar ao Murcia Deportivo Club de Fútbol na Terceira División, antes de que Unai Emery o chamase para ser o segundo adestrador do Valencia CF na tempada 2009/10[2].

Na tempada 2010/11 adestrou o Puente Tocinos de Terceira División, que rematou perdendo a categoría[3]. En xullo de 2011 fíxose cargo do equipo Xuvenil C do Real Murcia[4]

Clubs[editar | editar a fonte]

Ano Club
SD Castroverde
SD Quiroga
2º Adestrador CP Mérida
UD Xove Lago
Mindoniense
1997-1998 2º Adestrador Real Murcia
1998-1999 Real Murcia B
1999-2000 CD As Pontes
2000-2001 CD Lugo
2001-2002 SD Noja
2002-2003 Caravaca CF
2004-2008 Lorca Deportiva CF
2008-2009 Murcia Deportivo CF
2009-2010 Axudante Valencia CF
2010-2011 FC Puente Tocinos
2011- Xuvenil C Real Murcia

Notas[editar | editar a fonte]