Usuario:Martiño gz65/Cruz Cafuné

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCruz Cafuné
Imaxe Cruzzi en Alicante.jpg
Biografía
NacementoCarlos Bruñas Zamorín
25 de xuño de 1993 (30 anos)
San Cristóbal de La Laguna (oriundo de Tacoronte), Santa Cruz de Tenerife, España
Datos persoais
País de nacionalidadeEspañola
RelixiónCristiá
Actividade
OcupaciónCantante, rapeiro
Xénero artísticoRap latino, música urbana, R&B


Carlos Bruñas Zamorín (Tenerife, 25 de xuño de 1993), cuxo alcume artístico é Cruz Cafuné, é un cantante e rapeiro canario.

Biografía[editar | editar a fonte]

Cruz Cafuné naceu no 1993 na illa de Tenerife, de nai venezolana, filla de emigrantes canarios, diplomada en Maxisterio e profesora de catequese, e de pai canario, diplomado en Ciencias Empresariais e empregado de Banca ata a súa xubilación. Tiveron dous fillos, Carlos e Fabiola, Carlos é o maoir de ámbolos dous.

De pequeno vivía no barrio de La Salud de Santa Cruz de Tenerife.[1] Viviron unha tempada no municipio de Icod de los Vinos e finalmente trasladáronse a Tacoronte onde viviron a maior parte da súa infancia e adolescencia, municipio do que é orixinaria a súa familia paterna.

Estudou na Universidade de La Laguna a carreira de Filosofía, abandoándoa no último curso para dedicarse enteiramente á música. Así, obtivo o título de "técnico superior de son para audiovisuais e espectáculos" no IES La Guancha.

O seu nome artístico mistura dúas temáticas moi presentes na súa obra. Por unha banda a relixión, á que fai referencia co termo «Cruz», referida á relixión cristiá, e o amor, representado co termo en portugués «Cafuné» que significa «aloumiños no cabelo».[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nos seus comezos, formou parte do grupo Toska Runners creado no 2012. No 2015 este desparecería e catro dos seus integrantes: Cruz Cafuné, Choclock, Ellegas e Indigo Jams crearían xuntos o colectivo BNMP (Broke Niños Make Pesos), que seguiu existindo ata 2018.[3][4]

Tras asinar con produtor Lex Luthorz, e respaldado polo colectivo BNMP, realizou a súa primeira xira en México. Lex segue sendo a seu produtor a día de hoxe, ademais de ser o director de MÉCÈN Entertainment, a empresa representante de Carlos como artista.

Colaborar con Lex e o seu equipo lle permitiu a Cruzzi colaborar con artistas cos que Lex xa tivera mantido contacto anteriormente, como por exemplo a colaboración de Alba Reche en "Moonlight", producida por Kiddo Manteca.

Inicios e primeiros éxitos: BNMP, Rels B e Contando Lunares.[editar | editar a fonte]

Segundo Cruz Cafuné, a colaboración con Rels B axudou moito á visibilización do colectivo e ó seu traballo. Maiormente grazas ao tema Lo mejoré(2016), no cal colaboran Cruz Cafuné, Ellegas e Rels B; Choclock encargouse da produción, e One Path dos coros.[5]

Logo saíu Amén (2017) o tema máis coñecido do colectivo BNMP, que se fixo viral despois dun par de meses, o videoclip acadou máis de 5 millóns de reproducións en YouTube.[5]

A canción Mi Casa (2016) de Cruz Cafuné foi o primeiro paso cara á notoriedade, xa que foi premiado co disco de ouro. A súa canción "Mina el Hammani" (2019) foi tamén premiada co disco de ouro.

A canción Contando lunares en colaboración co artista canario Don Patricio foi o impulso definitivo para que Cruz comezase a facerse notar na industria, aínda que o seu primeiro disco Maracucho Bueno Muere Chiquito (2018) xa contribuíra a dalo a coñecer nas illas. De feito, este tema deulle un pouco máis de visibilidade a nivel nacional, xa que os dous artistas recibiron durante os Premios Odeón o premio da mellor canción de 2019.[6]

Primeiro álbum: Maracucho Bueno Muere Chiquito (2018)[editar | editar a fonte]

Na portada aparece Carlos malferido, cun ollo inflamado e cun corte horizontal na fronte.

Este álbum conta a historia dun mozo perdido, desorientado, pedindo axuda. A historia desenvólvese mediante notas de voz durante, ao principio ou ao final das cancións, e que serven de fío condutor ao longo da historia.

O disco conta a vida dun mozo tinerfeño, que vive nun universo desapiadado, no que se esforza por tomar as decisións correctas. Paralelamente, nos presenta unha historia de amor complicada entre un mozo e unha moza que non poden estar xuntos, polas súas diferenzas.[7]

Nunha entrevista para "Farhampton mag", dixo que o álbum estaba cheo de referencias, de referencias á música dos anos 2000.[5] Para Cibi, o álbum trata a oposición do ben en do mal, do amor, e das dificultades económicas.

O álbum divídese en dúas partes principais: unha primeira na que o protagonista debe tomar decisións que oscilan entre o ben e o mal, xunto a esta disxuntiva, tamén atopamos a temática da fe. Na segunda parte, fala do éxito e de todos os problemas que lle deriva.[8]

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

1. Maracucho Bueno Muere Chiquito

2. Te Enamoraste de un G (ft. Sholo Truth)

3. Forbes (ft. Malcriao)

4. Cuenta Conmigo

5. Coquito la Pieza

6. De Ayer par Hoy

7. Majalulo (ft. Dawaira)

8. Tokyo Drift

9. Un Fleje (Wayne Chiquitito Skit)

10. Chivatos 11. Todos Esos Golfos

12. Ahí Fuera (No Hay Reglas)

13. Único

14. Bandida

15. No Hay Perdón (ft. Dano)

Segundo álbum: Moonlight922 (2020)[editar | editar a fonte]

A portada representa ao Volcán del Cuervo en Lanzarote, e detrás deste, unha inmensa lúa chea.

No programa de televisión A Resistencia do 29 de xaneiro de 2020, presentado por David Broncano, Cruz Cafuné explica a importancia da presenza da lúa, tanto no título do álbum como na portada, ademais de ser o título dunha das cancións contidas neste (Moonlight. ft Alba Reche. En canto ao nome do álbum, Carlos di que a lúa desprende unha esencia única e íntima, e que polo tanto este álbum é para escoitalo de noite. O número "922" corresponde ao prefixo telefónico da provincia de Santa Cruz de Tenerife.

Listaxe de cancións

1. 922 928

2. Mi isla / 10k

3. Vvs

4. Ojitos Aguaos

5. Lo Pues Intentar

6. Balaperdida (ft. Flavio Rodríguez)

7. Mina el Hammani

8. Slow Mo (ft. 4FLEX)

9. Tentaciones (ft. Abhir Hathi)

10. Cuando Estoy Mal

11. Moonlight (ft. Alba Reche)

12. En Bajo Perfil

13. Doble Tick Azul (ft. Sofi de la Torre)

EP: Visión Túnel (2020)[editar | editar a fonte]

Cruz Cafuné fixo un directo en YouTube o 3 de decembro ás 22:00 horas, no que presentou tódalas cancións do EP, antes de que foran estreadas en plataformas dixitais.

Nesta pequena maqueta de 8 temas,aparecen dúas colaboracións con dous rapeiros canarios: unha con Maikel DelaCalle en TLC, e unha con We$t Dubai en Beast Mode. En TLC, utilízase un sample da canción Non Scrubs do trío TLC, un grupo estadounidense de R&B dos anos 2000. Na introdución desta, Cruzzi di: - "Descansa en paz Left Eye." Ao final, reprodúcese unha grabación de sonido de LeftEye, unha das integrantes, a cal faleceu nun accidente automovilístico o 25 de abril de 2002. Se podería dicir que este track é unha homenaxe á música urbana dos 2000 e sobre todo a Lisa Lopes (Left Eye).

Listaxe de cancións

1. Visión Túnel

2. Ghostéame

3. Cartier de Madera

4. Stone Island

5. TLC (ft. Maikel Delacalle)

6. Mapa de Calor

7. Beast Mode (ft. We$t Dubai)

8. Issey Miyake

Segundo EP: cáncer, capricornio, virgo (2021)[editar | editar a fonte]

Esta composición conta con 3 cancións, polo que Spotify non o denomina "EP" senón "Single". A razón do título deste álbum é que eses signos zodiacais son o seu "Sol", o seu "ascendente" e a súa "Lúa" nesa orde. Son a carta astral do nacemento de Carlos, como di no terceiro capítulo de "Cypher Lyrics", onde analiza a primeira canción deste pequeno EP.

O motivo polo que sacou esta maqueta foi para contentar ao público pois última vez que estreara música fora en Visión Túnel, no 2020. Ademais, non quería sacar un disco e non poder facer unha xira con él, polo que o asunto se foi atrasando ata maio do 2023. Así, para que os chamados cruzzilovers tiveran algo que escoitar, fixo este segundo EP. Cibi tamén dixo que sacara tres cancións para contentar a todos, pois algúns prefiren cancións cantadas, ou rapeadas, ou máis comerciais...

A primeira canción, con título en hassanía : "Nmout 3lik", a que é considerada a maior expresión de amor posíbel: "Morro por ti". A qué se debe este título? A canción se introduce cunha nota de voz dunha amiga de Carlos, a cal lle asegura que non sabe o significado de "Nmout 3lik". Nótase unha glan influencia da cultura árabe durante toda a peza; menciónanse os "iftars" (ceas que rompen co xexún no Ramadán.), o "kufi" (chapeu/gorro tradicional), "darija" (Árabe magrebí). Ademais de ser unha canción de "flexeo" (coñecido coloquialmente ao acto de presumir luxos e logros.), ten unha gran influencia política, por exemplo cando fai referencia a Antonio Cubillo, fundador do Movemento pola Autodeterminación e Independencia do Arquipélago Canario supervivente dun intento de asasinato. No videoclip, vemos a Dawaira detrás de Cruz Cafuné, o cal leva unha camiseta cun impreso que pon: "Sáhara Libre!", por mor da protesta en relación co conflito no Sáhara Occidental. Por último, menciona ao Centro de Internamento de Extranxeiros, e denuncia a situación que sofren alí os inmigrantes comparándoo cun cárcere.

O segundo track, "Este Verano", moito máis comercial, menos polémico e máis rítmico, no que nos recorda que o seu núcleo, a xente na que confía, son o máis importante para el. O videoclip está grabado nunha casa, rodeado de amigos, xogando ao baloncesto, bádminton... pasando bos momentos cos seus.

O último tema, chamado "Foxy Eyes", referido ao proceso quirúrxico da modificación da contorna do ollo para facelo máis recto, sensual... menciónase tamén a rinoplastia. Esta é unha canción lenta, reflexiva, que relata cómo cambiou co tempo unha relación que tiña Cruzzi cunha moza. O fío conductor é ela: marchou das illas, fíxose stripper, cambiou moito como persoa, e como di o canario, xa non parece ela. Para rematar a canción, un audio de Carlos é reproducido, onde lle di a ela de verse cando veña a Tenerife, e que espera que se atope ben.

Terceiro álbum: Me Muevo Con Dios (2023)[editar | editar a fonte]

Na portada atopamos a Cruz Cafuné nunha situación ambigua, pois se pode interpretar como se estivese caíndo ao mar, a piques de ser engulido por quenllas, ou, que se atopa en ascensión. Na esquina superior dereita vemos unha luz, e él se atopa cos brazos en forma de cruz, polo que se pode entender que está sendo salvado por algo/alguén, de morrer. Esta ambigüidade é intencionada, ou así nos fixo saber no podcast "Club 113".

O álbum estreouse o 26 de maio, e foi un éxito inmediato, converténdose no cuarto álbum español con máis visitas nun debut. Ademais, acadou o segundo posto nos discos máis escoitados desa semana, por debaixo de "Almost Heald", de Lil Durk.

Como se pode observar tanto na carátula, merchandising, videoclips... A figura da quenlla é a principal. O motivo de utilizar un tiburón como símbolo é comparación que fai consigo mesmo. A nai de Cruzzi, Charo, envioulle unha mesaxe de voz algún tempo despois de que el xa tivera a idea da quenlla como símbolo, na que, sen sabelo, resumiría perfectamente o que o seu fillo estaba pensando. Atopamos esta nota de voz nos últimos 50 segundos do último tema do álbum, titulado coma o disco, na que Charo di: -" Carlitos, soy yo, mamá. Mira, que, hace una semana que no sabemos de ti; no sé ni por dónde andas, ni por dónde vives, no sé de... estás bien? Todo... no sé, es que no paras 'mano, me vas a tener que pasar una agenda, pareces un tiburón, que no para porque es que si no se muere (...) ". Como podemos observar, o sentido que lle da é a dun ser en constante movemento, cambiante.

Outro dos piares que forman esta gran obra é a relixión cristía, temática tamén recorrente na súa carreira como artista. Ambos conceptos aparecen no título "Me Muevo Con Dios". Podemos observar abundantes referencias relixiosas nos títulos dalgunhas das cancións:

- Dios #1 (ft. Miky Woodz) (No propio título, o "#1" significando "primeiro")

- Sangre y Fe (ft. Quevedo) (Mención da fe)

- Corintios 13:12 (ft. Westside Gunn) ("13:12" Indica a posición do parágrafo por número de capítulo e versículo.)

-Me Muevo Con Dios

Tamén introduce pequenas referencias entre rimas, como -"Quieren librarse de Cruz pero no se llaman Barrabás" en "s3_e07_theboondocks_dvdrip.mp3" entre outras.

Listaxe de cancións

1. TURBO // Epifanía

2. Dios #1 (ft. Miky Woodz)

3. s3_e07_theboondocks_dvdrip.mp3

4. BABI BOI (ft. Chita)

5. 4 PREZ

6. Cangrinaje

7. Ja Morant

8. FAXXXxxx

9. ABAMA Jr. Suite (ft. LEITI)

10. Folelé (ft. Boj)

11. RE-UP (ft Kris Floyd)

12. Close friends

13. 1€ cada vez

14. Sangre y Fe (ft. Quevedo)

15. goofy ahh luv joint

16. LUISAViAROMA (ft. LaBlackie)

17. Retro 11s

18. Corintios 13:12 (ft. Westside Gunn)

19. Movezz en silencio

20. G WAGON (ft. La Pantera)

21. Practice (ft. Hoke)

22. Fabiola

23. Me Muevo Con Dios

Paixón polas Illas Canarias[editar | editar a fonte]

Cruz Cafuné e os seus coetáneos canarios reivindican a identidade das illas como un movemento, usualmente denominado polos prefixos telefónicos "922 928" , facendo referencias en case todas as súas cancións. Artistas como Abhir, Quevedo, La Pantera, Juseph, entre outros.


Colaboracións [[Categoría:Música]] [[Categoría:Rapeiros]] [[Categoría:Rap]] [[Categoría:Rapeiros de canarias]] [[Categoría:Tenerife]]

  1. HALFTIME w/ DANO, CRUZ CAFUNÉ | Powered by @footdistrict & @adidas_ES https://www.youtube.com/watch?v=soVOe6-3Zjs
  2. https://es.wiktionary.org/wiki/cafun%C3%A9
  3. “Estrenamos lo nuevo de BNMP, el colectivo con más futuro de la música urbana española” (10.11.16) VICE España. https://www.vice.com/es/article/nngqwb/bnmp-entrevista-estreno-noisey-1111
  4. “Entrevistando a: Cruz Cafuné” (25.02.20). Loudcave España. https://loudcave.es/entrevistando-a-cruz-cafune/
  5. 5,0 5,1 5,2 Entrevista a Cruz Cafuné: «Quiero dar un mensaje de amor, de apoyo a la comunidad; de quiéranse». Farhamptonmag. https://farhamptonmag.wordpress.com/2018/04/08/entrevista-a-cruz-cafune/
  6. “ 'Contando lunares' se confirma como Mejor canción en los I Premios Odeón”. (21.01.20). RTVC. http://www.rtvc.es/noticias/contando-lunares-se-confirma-como-mejor-cancion-en-los-i-premios-odeon-208296.aspx
  7. Canarias Top Music 12 - Entrevista a Cruz Cafuné (02.05.18) https://www.youtube.com/watch?v=eTFLOEnYe_E&t=3059s
  8. Genius. https://genius.com/artists/Cruz-cafune