Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Artigo destacado
A historia do pensamento evolucionista trata das distintas concepcións que houbo sobre o cambio das especies biolóxicas co paso do tempo, as cales teñen as súas raíces na antigüidade, nas ideas dos antigos gregos , romanos , e chineses e na ciencia medieval islámica . Co comezo da moderna taxonomía biolóxica a finais do século XVII , o pensamento evolucionista occidental estivo influenciado por dúas ideas opostas: o esencialismo , a crenza de que cada especie ten características esenciais que son inalterables, un concepto que se desenvolvera a partir da metafísica aristotélica medieval , e que concorda moi ben coa teoloxía natural ; e o desenvolvemento dun novo enfoque antiaristotélico da ciencia moderna , xa que a medida que avanzaba a Ilustración , estendeuse a cosmoloxía evolucionista e a filosofía mecánica das ciencias físicas á historia natural .
Os naturalistas empezaron a interesarse pola variabilidade das especies, e o xurdimento da paleontoloxía e o seu concepto de extinción minou as visións tradicionais da natureza . A inicios do século XIX Jean-Baptiste Lamarck propuxo a súa teoría da transmutación das especies , a primeira teoría completa sobre evolución . Pero moitos naturalistas da época seguían sendo fixistas , é dicir consideraban que as especies eran fixas e inmutables. En 1858 Charles Darwin e Alfred Russel Wallace publicaron unha nova teoría evolutiva, explicada en detalle no libro de Darwin A orixe das especies , publicado en 1859. A diferenza de Lamarck, Darwin propuxo a ascendencia común e a ramificación da árbore da vida , que significaban que dúas especies distintas podían ter un antepasado común. Darwin baseou esta teoría na idea de selección natural , a cal sintetizaba un amplo conxunto de probas desde a gandería , a bioxeografía , a xeoloxía , a morfoloxía e embrioloxía .
Sobre Galicia
Tal día como hoxe no ano...
1179 , o Papa Alexandre III emite a bula Manifestis Probatum en que recoñece Portugal como reino independente.
1707 , nace Carl von Linné (na imaxe), botánico (m. 1778 ).
1873 , fúndase a Policía Montada do Canadá .
1906 , morre Henrik Ibsen , damaturgo e poeta (n. 1828 ).
1949 , fúndase a República Federal de Alemaña , ou Alemaña Occidental.
1951 , nace Anatoli Karpov , xogador de xadrez ruso.
Imaxe da semana
Presentación
Participación
Comunidade