Urraca Henriques

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaUrraca Henriques

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1095 Editar o valor em Wikidata
Guimarães Editar o valor em Wikidata
Morte16 de novembro de 1173 Editar o valor em Wikidata (77/78 anos)
Pontedeume Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Portugal Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Borgoña Editar o valor em Wikidata
CónxuxeBermudo Pérez de Traba
FillosFernão Bermudes de Trava (pt) Traducir, Teresa Bermudez de Traba (en) Traducir, Sancha Bermudes de Trava (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisHenrique de Borgoña Editar o valor em Wikidata  e Tareixa, condesa de Portugal Editar o valor em Wikidata
IrmánsAfonso I de Portugal, Teresa Fernández de Traba (en) Traducir e Sancha de Portugal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Portugal-43

Urraca Henriques nada en Guimarães[1] no ano 1095 e finada en Nogueirosa, Pontedeume en 1173, foi unha nobre galega filla dos primeiros condes do condado portucalense, Henrique de Borgoña e Tareixa de León e irmá do primeiro rei de Portugal, Afonso I.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Casou con Vermudo Pérez de Traba, magnate galego, membro da casa de Traba —a máis poderosa da Galicia altomedieval— fillo de Pedro Froilaz de Traba, conde de Traba e de Urraca Fróilaz e irmán do amante da súa nai,[1] en 1122. [2][3]

En 1148, o seu esposo encargoulle ao abade do mosteiro de San Xusto de Toxos Outos a construción dun convento en Nogueirosa, preto de Pontedeume. Este lugar formaba parte do dote que lle dera á infanta Urraca o 25 de xullo de 1122. Máis tarde, en 1150, Urraca dooulle ao abade e ao mosteiro varios bens coa condición de que ela e catro damas da súa familia fosen admitidas como relixiosas no convento de Santa María de Nogueirosa.[4]

Preto de 1160, Vermudo ingresou como monxe no mosterio de Santa María de Sobrado, que fora fundado polos seus antepasados, onde morreu en 1168 aos 80 anos.[4][5]

Urraca retirouse tamén probablemente o mesmo ano que o seu esposo ao mosteiro de Nogueirosa onde morreu en 1173 e foi enterrada na igrexa do seu convento.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Urraca (D.).". Portugal - Dicionário Histórico, Corográfico, Heráldico, Biográfico, Bibliográfico, Numismático e Artístico (en portugués). p. 246. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 10 de febreiro de 2014. 
  2. López Sangil 2002, p. 55.
  3. Torres Sevilla-Quiñones de León 1999, p. 322.
  4. 4,0 4,1 López Sangil 2002, p. 62.
  5. Torres Sevilla-Quiñones de León 1999, p. 326.
  6. López Sangil 2002, p. 62–64.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • López Sangil, José Luis (2002). La nobleza altomedieval gallega, la familia Froílaz-Traba. Noia, A Coruña: Editorial Toxosoutos, S. L. ISBN 8495622688. 
  • Torres Sevilla-Quiñones de León, Margarita Cecilia (1999). Linajes nobiliarios de León y Castilla: Siglos IX-XIII. Salamanca: Junta de Castilla y León, Consejería de Educación y Cultura. ISBN 84-7846-781-5.