Trompeta dos mortos
Trompeta dos mortos | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Craterellus cornucopioides (L.) Pers. |
A trompeta dos mortos ou cantarela moura (Craterellus cornucopioides, anteriormente Cantharellus cornucopioides, (do grego cornucopia: corno da abundancia), é un cogomelo comestible apreciado pero moi descoñecido para moitos recolectores. O seu aspecto gris-negruzco fai que sexa rexeitado por moita xente, cando é un cogomelo tanto ou mellor comestible que o seu parente a trompeta amarela.
Descrición[editar | editar a fonte]
De cor gris escuro ou moreno negruzco, en forma de corno ou de funil profundo (deiquí o seu nome) que chega case até a base do pé, de marxe estendida, carne tenaz e aromática, coa superficie himenial simplemente engurrada. A súa carne delgada e fibrosa dificilmente podrece.
Hábitat[editar | editar a fonte]
Atópase en bosques caducifolios con chans silícicos húmidos.
Gastronomía[editar | editar a fonte]
Ten moitas aplicacións culinarias e pode conservarse seco en feixes ou ben en po como condimento. Desprende un cheiro que lembra á ameixa e o seu gusto é parecido ó da trufa.
Perigo de confusión[editar | editar a fonte]
É moi parecida, pero máis escura, á trompeta gris (Cantharellus Cinereus), tamén comestible. Non se pode confundir con ningunha especie velenosa.
Galería[editar | editar a fonte]
-
Trompetas dos mortos
-
Trompetas dos mortos recollidas no Empordà.
-
Trompetas dos mortos.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Trompeta dos mortos |